SAN CIBRÁN DE DIMO, CATOIRA.

 

O santiño queda custodiado todo o ano na Igrexa parroquial de San Pedro de Dimo.

“De Pascua a San Cibrán sete semanas van”.

Pasou o día pasou a Romería e onte o santiño San Cibrán disfrutou do seu gran día.


Todo comeza cá chegada a pé de devotos do santiño ó adro da festa da Igrexa Parroquial de Dimo que custodia ó San Cibrán, aínda que en menor frecuencia perdura o andar dende as casas.

Os gaiteiros agardan a saída do santiño.

Ás 8h oficiase a misa e ó remate cá compañía dos gaiteiros levan e acompañan ó santiño ata a ermita de San Cibrán.

VIDEO: https://www.facebook.com/100035475151495/videos/864341912172323/ 


Os fogueteiros fan acto de presencia cás bombas durante a procesión para dar aviso que o santiño vai de camiño.

Fogueteiros.

As persoas devotas escoitan a música dos gaiteiros e recordan como era o camiño antes da chegada da carretera e os coches. –“Todo isto era terra e iamos cargados con bolsas de comida e viño ata arriba, agora levamos a comida nos coches que deixamos alá. Xa non é como antes”.


Son 40 minutos que vaise xuntando máis veciños da aldea ata chegar a ser unhas 60 persoas: grandes e pequenos, homes e mulleres, cans e cadelas. 

Cruce da procesión na carretera principal.

Cada certo tempo turnanse as porteadoras e porteadores do santiño que alzase con orgullo permitindo contemplar unha tradicción centenaria.


Cando faltan 200m ata chegar a ermita o párroco agarda cunha gran sonrrisa á procesión, da a benvida ós devotos e acompaña ó santiño ata a ermita. Antes de entrar dan unha volta á ermita.

O párroco xunto ó sancristá.

Unha vez dentro o párroco lanza “VIVA SAN CIBRÁN” e os devotos cá súa voz alegre berran “VIVAA!!”.

Interior da ermita.

Hai varias misas ó longo da mañá sendo a máis concurrida a das 13h xa que acompañan un coro.

Mentras os demáis devotos acheganse durante a mañán sexa andando ou en coche. Hai familias que neganse a perder a tradicción de andar: “É que senón non ten mérito e o santo non te cura dos males do corpo. Ademáis que ben senta un viño ó chegar!”.

O posto de bebidas é o lugar de reunión para calmar a sede onde acompañase con polbo e churrasco.

Unha familia en San Cibrán.

Ración de polbo.


As mesas de pedra da carballeira é o lugar de reunión de familias e amistades.

Reunión de familias e amistades.

E mentras, agardan con calma á procesión do santiño da 13.30h que da outra volta arredor da ermita, e nese momento un silencio de respeto impera no santiño só roto polos gaiteiros e algúns despistados que esquecen da hora.

O respeto do santiño manifestase nas familias sentadas no chan da carballeira, nese momento o silencio manifestase e os maiores obligan ós demáis a poñerse de pé ou de rodillas ante a figura.

VIDEO: https://www.facebook.com/100035475151495/videos/432057663008416/

Cando o santiño volta á ermita, fora recuperase as conversas dos recordos, das tradiccións esquecidas, do cariño do lugar, o desexo de voltar ás nosas raíces. Os maiores contan ós xovenes todalas historias do lugar para que continúen cá romería e que non se bote a perder.

Un desexo que repiten cada ano para que así sexa.

 

AS TRADICCIÓNS E HISTORIAS DE SAN CIBRÁN DE CATOIRA E A ERMITA.

O santo que apareceu no río.

Esta é unha historia tan lonxana que perdese na memoria, alguén atopou a un santiño pequeno de San Cibrán no río e cando quixeron levar para a igrexa de San Salvador (que foi a primeira igrexa de Catoira) o carro que levabao non avanzaba. Nin a forza de dous bois e o empuxe dos veciños conseguiron movelo. Entón, comprenderon que o santiño quería ficar no lugar e no seu honor edificaron a ermita.

Golpecitos ó santiño San Cibrán.

Este ritual non é coñecido nas novas xeneracións, tratase de dar un golpecito ó santiño no lugar onde doeche o corpo (cabeza, hombro, espalda, brazo, man, perna, pé,...) recordan os maiores que á tarde cando os corpos estaban ben hidratados con bebidas alegres tiñan que gardar o santiño porque as persoas acostumbraron que en vez dun golpecito dabanlle unha boa malleira á figuriña do santo có risco de caer de bruces ó chan.

O santiño rodeado de billetes.

Agora este ritual non existe e consistía en pegarlle billetes ó arredor do manto e vestimenta do santiño.

Pasar a estampa pola figura de San Cibrán.

Este ritual segue perdurando, consiste en pasar a estampa deste santo pola figura do santiño, hai moita devoción e os devotos rematan bicando a estampa.



As 9 voltas arredor da ermita.

Este ritual perdeuse, ninguén sabe o porqué e só o recordan os maiores. Hai que dar 9 voltas arredor da ermita i en cada volta de espaldas tirar unha pedriña (ollo! pedriña e non pedrusco que nos imos coñecendo!) ó tellado e ten que permanecer a pedriña alí. O motivo do ritual é para evitar o mal de ollo.

 Os carballos como ofrendas.

A carballeira de San Cibrán está composta por carballos que foron plantados como ofrendas dos devotos como agradecemento ó santiño de curar os males do corpo. Son árbores centenarias das que aínda recordase quen o plantou e o porqué.

Carballeira

 Comida campestre

Todos os anos botase de menos aqueles días onde as familias levaban os manteis e repartían por eles as comidas e bebidas e compartían con aquelas persoas que quixeran achegarse a falar. O intercambio culinario estaba á orde do día e as verbas e as risas escoitabase por toda a carballeira.  Agora cá carretera e os coches a xente achegase á misa, a tomar o viño e voltan para a casa, causando unha gran tristeza ós peregrinos que permanecen no lugar ata a tardiña.

“Quen non molla en San Cibrán, non molla en todo o verán”

O finalizar a comida os máis cativos teñen por costume mollar ós devotos con auga con pistoliñas, aínda séguese a facer si o tempo acompaña.

Antigamente, os maiores de cara a finalizar a romería mollábanse uns a outros tirándose o viño sobrante que subiron á mañán. Varios eran que ían para as casas dando traspés.

A paíña

Non hai San Cibrán sen paíña, alimento que preparase unha semana antes do gran día.

Persoalmente, teño o recordo do óso da paíña limpo e que o meu pai gardaba para a baixada a pé, nese momento agardaba con alegría cando o colgaba no alto dunha árbore e alí quedaba como proba dunha nova tradición. Hai algúns anos que o tempo non acompaña e o chan mollado non invita a quedarse a comer. Supoño, só supoño, que para o próximo ano terei que “ameazar” a outro santiño para que haia bo tempo.

Historia do santo San Antonio de Catoira

 

Máis información sobre a ermita de San Cibrán (pinchade nos títulos para visulizar as publicacións):

San Cibrán 2023

As inscrición da ermita de San Cibrán.

A campá da ermita de San Cibrán.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.

MESTRE REPRESALIADO EN DIMO: DON VÍCTOR TOURIÑO LÓPEZ