A ROMERÍA SAN CIBRÁN DE CATOIRA.

 

Antigamente, a romería de San Cibrán celebrabase un lúns porque 50 días despois da Pascua é o Pentecostés.



A fábrica da Cedonosa daba o día libre ós seus empregados, posteriormente, só daba a tarde libre, ata que finalmente decidiron non dar máis días libres o lúns , isa é a razón pola que a romería de San Cibrán pasou para o día anterior.

Texto extraído do libro "Aquela xente de Catoira" de Pepe Dios.

A romaría de San Cibrán, que era no a lúns e data de moito antes, seguía a súa marcha con normalidade. As industrias de Catoira paraban. As mozas de Dimo estreaban un vestido ou unhas zapatillas. Xa se comía arriba. Poñían carro os de Maquieira, Adelaida. José de Guillán, Aurelia (mesmo servía marisco). Nunha ocasión actuaba a antiga Banda de Catoira baixo a batuta do señor José de Gracia, e non sabían máis de tres ou catro pezas Por iso cando un dos músicos lle preguntou "¿Cal lle botamos agora?" o director contestou "A mesma pero algo máis cargada de bombo”.

 

San Cibrán está no monte

San Fidel está en Carril

Santa Xusta en Moraña

e o San Xusto en Bemil.

 

Chegaba a véspera, xa subían os carros da bebida e outros facíano na mesma mañá pola fresca. Había que madrugar xa que o santo saia da igrexa para o monte ás 8 da mañá e ía ao lombo, por aqueles camiños cheos de pedras. Levaba tempo. As mulleres subían coas cestas cheas de comida, paíña, empanadas, carneiro,... Había que estar para a primeira misa. Algunha xente estaba ofrecida e andaban de xeonllos a redor da capela. Adoitaba actuar a Banda de Cañoto, unha agrupación feita para fastos carnavalescos, case sempre con Baldomero Casal na dirección. Esta xente quería divertirse e acudía a onde podía botarlle uns grolos de viño. E sabían que o cura Moya tiña un moi bo tinto na sancristía, e os de Cañoto metíanse alí para que o cura os convidara. Entrementres fóra da capela os da Comisión non paraban de botar bombas de tres estalos.

 

Durante moitos anos José da Tomasa, da Xunqueira de Coaxe, acompañaba o santo na procesión e ía dándose golpes no peito e nas costas con un santo cristo pequeniño de pau, mentres balbucía unhas determinadas palabras a xeito de rezo. Cando o dia se acababa non remataba a romaría. Ao dia seguinte, martes, era medio dia santo en Dimo. fase a San Cibrán a buscar o Santo. Con el ao lombo volvíase cara a igrexa de Tarrío e víñase todo camiño cantando mentres as campás tocaban a repenicar. Ao chegaren á igrexa pousaban o santo e alí remataba o medio dia santo. Ata o ano seguinte.



Ruta da procesión:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/procesion-igrexa-de-dimo-ermita-san-cibran-136017518

REFRÁNS

"De pascua a San Cibrán,

sete semanas van."

"Quen non molla en San Cibrán,

non molla en todo o verán."


RESUMEN DA ROMERÍA DE SAN CIBRÁN

As 07:30h o campaneiro Alberto Castro, de protección civil, toca manualmente as campás da igrexa de San Pedro de Dimo có toque alegría.

A misa é as 08:00h, posteriormente, o santo sae en procesión mentras as campás tocan o toque de procesión automático. Coincide cá música dos gaiteiros que animan a procesión. Os fogueteiros botan os mellores foguetes.



Polo camiño hai varias paradas, sen embargo non son en lugares relixiosos como cruceiros ou outras entidades relixiosas.



É unha ruta que poden ir os pequenos e tamén acondicionado para as carrichoches dos nenos.

Os gaiteiros acompañan na procesión ata a chegada do santo á ermita.



É tradicción coller a estampa do santo e acariciar con ela o santo.

Na misa das 13:00h o santo sae para dar unha volta arredor da ermita. A miña avoa se veía que os seus fillos e netos estabamos sentados no chan pedianos que nos poñeramos en pé ou de rodillas.

Os nenos teñen por costume comprar pistolas de auga e mollarse entre sí.

As familias reunense nas diversas mesas de pedra que hai arredor da carballeira para comer e se non hai mesas comen no chan.

Tamén é tradicción comer o polbo e churrasco cunha de viño e posteriormente comprar rosquillas.




Actualmente, o santo volta á igrexa de Dimo en automóvil.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA