A MOZA XITANA DE CATOIRA

 


A XITANA DOMINICA

Esta tenra e romántica historia aconteceu no ano 1945 na parroquia de San Miguel de Catoira. Había unha moza xitana moi fermosa de só 19 anos de idade e da que os mozos da comarca estaban prendidos. Esta preciosidade chamábase Domenica Borja Ferraquela. 

A súa familia residía na casa de Pastora a carón da de Claudio ou por entendemos onde hoxe habita Julio López e a súa dona pola traseira de Mesón A Rúa.

Parte dianteira da casa.
Parte traseira da casa.

Estaban moi asentados e mantiñan moi boa relación coa xente de Catoira. A todo isto Domenica namorouse dun paio e quería casar con el pero o pai da xitana non consentiu esta xuntanza de ningún xesto. Domenica apurou a situación todo o que puido e tentou convencer ao pai de todas as maneiras posibles. Non o conseguiu. Algunha versión fala de que o mozo era tamén xitano e o motivo da tristura da mociña foi que aquel rapaz a abandonara. 

Antiga Taberna da Roxa

Sexa cal sexa a razón o certo e que, na súa desesperación. decantouse pola vía do suicidio, consumando o mesmo dun xeito lamentable. Foi a taberna da Roxa a mercar unhas caixas de mistos achegouse as Torres e alí procedeu a inserir un grande numero de cabezas dos mesmos mesturadas con pan e como consecuencia perdeu a vida. Algunhas testemuñas contan que foi na fonte da Codeseira.

Fonte Codeseira, anos 90. www.catoira.net

Fonte no 2022.

Apareceu morta e puxeron o cadáver no curral da señora Ramona de Claudio, entre unhas pallas nas que estivo exposta á vista da xente que pasou a comprobar o suceso. 

Ó lado da última casa estaba o curral.

A nova consternou a todas as capas sociais da comarca de Catoira e as mozas e mozos de todo o concello velaron e choraron a aquela doce criatura, que por amor entregou a súa propia vida. Mesmo agora recordan aquel rostro anxelical aluminado polos raios que procedían das rendas do tellado.

O mesmo pai de Domenica que nin por asomo podía esperar tal desenlace remexeu Roma con Santiago para que a igrexa lle permitise dar sepultura a aquela mociña no cemiterio de San Miguel de Catoira.

Igrexa San Miguel de Catoira.

Non lle resultou doado, pois a Igrexa sempre negou un enterro digno ás persoas que se quitaban a vida. Finalmente consentiu que a enterrasen no cemiterio que daquela rodeaba ao templo parroquial, pero na parte de atrás do mesmo como castigo polo seu, segundo eles indigno acto. Alí está hoxe unha lapida limpa e moi coidada, sempre con rosas e soa sen ningunha compaña pois o resto de defuntos foron trasladados ó novo cemiterio de Barral. Na lapida pode lerse: “Doménica Borja Ferraguela, fallecida el 27 de Julio de 1945 a los 19 años de edad. Es propiedad perpetua.”


Que seria hoxe dela? Como estaría cá pel menos lisa con canas no seu longo cabelo. Tantos anos sen saber dela. Que sería daqueles seus fillos revoltos? Outras xa estaría esgotada, pois como asevera Cesare Pavese o vivir cansa.


TOPONIMIA

A AVENIDA

Rúa ancha xeralmente con árbores a ambos lados.

O ESTANCO

O nome do lugar coñecido como O Estanco (parr. de Catoira) é un substantivo de significado transparente. Debe o seu nome a un establecemento onde se permitía vender produtos estancados. 

A CODESEIRA DO CURA

O substantivo común galego codeso (do latín CUTISU < grego CYTISU) designa varias especies botánicas semellantes ás xestas. O nomenclátor de Galicia recolle máis de cincuenta localidades cuxo nome fai referencia a estas plantas. Na toponimia do concello de Catoira témolo na forma simple e en derivados colectivos mediante os sufixos -eira, -osa e-al: O Cruceiro de Codeso (en Catoira), A Codeseira do Cura (en Abalo), A Codesosa de Figueira, A Codesosa do Campo, A Codeseira de Arriba, A Codeseira de Abaixo, A Codeseira de Foxos, A Codeseira de Fóra (en Dimo), A Codeseira, A Codeseira do Cura e Codesal (en Oeste). No Catastro de Ensenada rexistrámolos con grafías que interpretan erradamente os como resultado do seseo: La Codezosa, Cerrada de la Codezosa, Agro de la Codeceira, etc.

A forma simple presente no topónimo O Cruceiro de Codeso podería conter un apelido Codeso. É apelido de orixe toponímica, pouco frecuente en Galicia non sendo na área de Santiago, Padrón e os concellos dos arredores.

AS TORRES:

O Castelo.

A Pedra da Esperanza

A Braña das Ovellas

As Leiras do Castelo

Ponte do Castelo

Socampo.


Texto extraído:

"Aquela xente de Catoira", Pepe Dios. Páx. 131.

"Toponimia de Catoira", Gonzalo Navaza.

Fotografía antiga Fonte Codeseira, www.catoira.net 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA