Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Parroquia Dimo

A ROMERÍA SAN CIBRÁN DE CATOIRA.

Imaxe
  Antigamente, a romería de San Cibrán celebrabase un lúns porque 50 días despois da Pascua é o Pentecostés. A fábrica da Cedonosa daba o día libre ós seus empregados, posteriormente, só daba a tarde libre, ata que finalmente decidiron non dar máis días libres o lúns , isa é a razón pola que a romería de San Cibrán pasou para o día anterior. Texto extraído do libro "Aquela xente de Catoira" de Pepe Dios. A romaría de San Cibrán, que era no a lúns e data de moito antes, seguía a súa marcha con normalidade. As industrias de Catoira paraban. As mozas de Dimo estreaban un vestido ou unhas zapatillas. Xa se comía arriba. Poñían carro os de Maquieira, Adelaida. José de Guillán, Aurelia (mesmo servía marisco). Nunha ocasión actuaba a antiga Banda de Catoira baixo a batuta do señor José de Gracia, e non sabían máis de tres ou catro pezas Por iso cando un dos músicos lle preguntou "¿Cal lle botamos agora?" o director contestou "A mesma pero algo máis cargada de bombo”. ...

AS INSCRICIÓNS DA ERMITA DE SAN CIBRÁN (CATOIRA).

Imaxe
  No entorno da ermita de San Cibrán de Catoira hai tres inscricións. DINTE DA ENTRADA DA ERMITA No dintel da entrada que da á espadaña (onde ía a campá) hai unha inscrición da que é un misterio saber o que pon. Grazas a un programa informático que construe un mapa en 3D a través dunha serie de fotografías visualizase mellor pero sen conseguir que pon ó 100%. Megaliticia, que foi quen fixo os mapas 3D, deduce que pode poñer esta inscrición, sen embargo é moi extraño pois parece que hai dúas inscricións sobreescritas. Un misterio máis dos que acontence en Catoira! UBICACIÓN:  https://goo.gl/maps/ViTGk9y9hZRyJh3n9?coh=178571&entry=tt CRUZ NA ERMITA Arriba á esquerda do dintel da inscrición hai unha cruz. A cruz está situada no círculo amarelo. O círculo verde é o dintel da entrada. CRUZ NO CHAN Esta cruz sempre a recordo todolos anos porque ensinouma o meu avó José Manuel Conde Touriño era moi importante para él, así que sempre que vou á carballeira de San Cibrán achegome a ...

A CAMPÁ DA ERMITA DE SAN CIBRÁN DE CATOIRA.

Imaxe
Un temporal destruiu o campanario da ermita de San Cibrán. No ano 1913 un temporal derrumbou o campanario e varios carballos e castaños remataron no tellado da ermita.  Así o contan as crónicas do periódico rexional, primer diario de Vilagarcía: no 15 de outubro do 1913. "Dicen de Catoira que un fuerte ciclón derrumbó el campanario de la ermita de San Cibrán del Monte, de la parroquia de Dimo, llevando a una distancia de más de diez metros las piedras. Desgarró también unos diez corpulentos robles y castaños y arrancó cuatro conduciéndolos a más de doce metros de distancia y dejando algunos en la cima de la ermita de la cual llevó parte de la techumbre." Posteriormente, a campá foi remplanzada por outra no 1957. Actualmente, esta gardada a bo recaudo para evitar o seu robo e no seu traslado debeu perderse o seu badalo.  Nun futuro sería xenial estudiar a posibilidade de que volva a soar a campá no día de San Cibrán que é o domingo de Pentecostés. A campá da ermita de San Cibr...

O PETRÓGLIFO DA NAVE DO CONCELLO (CATOIRA).

Imaxe
  O petróglifo da nave “desaparecido”. Esta é a historia dunha pedra cun petróglifo que como boa historia ten varias versións e un argumento que atrae dende a primeira liña. 20 ANOS ATRÁS A primeira versión é que fai 20 anos en Dimo ou Coaxe o camión da basura do concello bateu cunha pedra que desprendeuse dun cruceiro, ou dun muro, posto que o camiño eran tan estreito que costaba virar. A pedra que desprendeu tiña un gravado rupestre e decidiron gardalo a bo recaudo nunha nave do concello que era da antiga CEDONOSA, para elo axudáronse dunha grúa. Nave do Concello, antigamente era da CEDONOSA. A outra versión é a mesma pero que o petróglifo estaba en Catoira de arriba, preto da Finca "A Capela", lugar onde atopouse a Ara Romana, os sarcófagos do SV, muíños de man, ... A veciñanza comenta que o petróglifo entorpedecía ó ensanche da carretera e se non quitaban a pedra quedaría no medio, así que decidiron gardalo na nave. ACTUALIZACIÓN 17/04/2025. Esta última versión é ...

RELOXO DE SOL NA IGREXA SAN PEDRO DE DIMO. DIMO.

Imaxe
Fotografiado ás 11 da mañá do día (11 de marzo do 2022). Na igrexa de San Pedro de Dimo, no lado sur atopase un reloxo de sol da variante rectángulo elaborado que consta das seguintes partes: - LENDA OU LEMA: frase que fai mención en xeral ó tempo, neste reloxo en concreto non ten. - GNOMON: varilla que produce unha sombra, neste caso está mal colocado porque está invertido. Estilo polar. - LIÑAS HORARIAS: neste caso 12 liñas. - CUADRANTE OU LIMBO: superficie onde dispoñese dos distintos elementos do reloxo: liñas horarias, números,... - SOMBRA: imaxe escura que proxecta un corpo opaco sobre unha superficie ó interceptar os raios de luz. - DATA: indica o momento que se construíu o reloxo (si a ten non se distingue). Partes do reloxo. ERRATA: non hai números romanos, son números arábigos. A súa construción descoñézoa xa que non son intelixibles as letras do cuadrante pero pode datar do SXVI xa que os muros e os contrafortes que conserva a igrexa pertencen a esa data. O reloxo da igrexa ...

MUÍÑO E PETRÓGLIFO DOS PORTUGUESES. PORTOCANLES. DIMO.

Imaxe
En Portacanles existe un precioso lugar á beira do río Catoira (donde o río Beco desemboca) onde hai un muíño e un petroglifo xuntos, posiblemente do SXVIII tal é como recolle a inscripción do travesaño da porta do muíño e o simbolismo dos gravados. Eles dous son a razón de que a parcelaria non pode dividir por esta zoa. Os veciños o coñecen polo nome “Muiño da Aldea”. Teño moita dúbidas de o porqué chamanlle dos Portugueses, unha razón (non confirmada) é que os donos da vaquería que había enrriba de San Cibrán eran portugueses e posiblemente donos deste muíño. Recalco, é unha suposición. A outra razón é que un gravado semella a cruz ibérica do escudo portugués e dahí o nome. A súa toponimia é “Beira do Río” pero non atopo nada relacionado con ela e preguntando ós veciños tampouco souberon explicar o porqué. Así pois explicarei o topónimo Portocanles e tamén o que máis preto está que é “O Montiño de Portocanles”. MUIÑO: O presente muíño conta cun lintel epigrafiado sobre a porta de ac...