Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2022

XELMÍREZ AUTOR DA PRIMEIRA FLOTA NAVAL GALEGA

Imaxe
  Primer modelo das naves. Xelmírez foi a primeira conciencia naval galega e o seu proxecto pudo surxir mentras estaba no entorno As Torres. Na historia naval do reino galego na Idade Media Xelmírez creou o que posiblemente fose o primeiro exército digno dese nome que existiu na Península Ibérica, xa que vivir preto do mar significaba arriscarse a invasións, roubos e saqueos o cal os eclesiásticos trasladaban a súa sede fuxindo dos perigos da costa. Diego Xelmírez foi arcebispo da sede compostelá durante o s. XII, e sempre tivo un papel político e militar decisivo en Galicia. Era próximo á orde de Cluny ( orden monástica   católica  reformada, creada o 11/09/  910  querendo volver á forma de vida orixinal da  Orden de San Benito  (de  529 ) e tiña boas relacións en Roma. O rei de León dotouno de amplos poderes eclesiásticos e temporais, tendo mesmo o privilexio de acuñar diñeiro. Era un administrador eficaz, que tamén tiña unha ampla visión de futuro. Así, o prelado Xelmírez concib

XELMÍREZ E OS ALMORÁBIDES

Imaxe
  Libro HISTORIA COMPOSTELANA   En  HISTORIA DE COMPOSTELANA describe un episodio onde grazas á insistencia de Xelmírez, de fortalecer o recinto As Torres, posteriormente evitouse un ataque dos almorábides. HISTORIA COMPOSTELA é unha crónica do S XII, redactada aproximadamente entre 1107 e 1149, escrita en latín que narra os revelentes feitos de Diego Xelmírez, arzobistpo de Santiago de Compostela desde 1120. - - - - As frecuentes incursións dos musulmáns orixinaron que os habitantes da zoa tivesen que reparar frecuentemente o castelo, de aí que o rei Afonso VI ordenou a Xelmírez destruíla por completo para evitar que os inimigos tomasen a fortaleza e arrasase dende alí todo o territorio. Foron unhas ordes que chocaron frontalmente co ánimo de Xelmírez, máis proclive a construír, reconstruír e conservar que a destruír, polo que o prelado ordenou que cada unha das casas do seu bispado rendeulle unha homenaxe en moeda real para construír a fortaleza.  Deste xeito conseguiu fortificar “ l

OS ALQUERQUES DE 9 DE AS TORRES.

Imaxe
O alquerque é un xogo que recóllese no famoso libro dos xogos, encargado por Afonso X O Sabio a mediados do s. XIII, onde figuran as súas regras. Aínda que podemos datar o taboleiro en época medieval, entre os s. IX e XIII, cómpre destacar a súa presenza en numerosos conxuntos arqueolóxicos xa en época romana. En Galiza atopamos modelos semellantes noutros castelos ou torres medievais, case todos en estado ruinoso, como o de Monte Lobeira (Vilanova de Arousa), Casaldourado (Pontevedra), Esteiro ou da Laxe (Outes – Muros), Lobarzán (Oimbra), Raíña Loba (Os Blancos), Rocha Vella (Santiago de Compostela), Monte Castelo (Nigrán), etc.   Destacar que alquerques de 9 en Galiza apenas chegan a unha ducia. NO ENTORNO DE AS TORRES HAI DOUS. O primeiro descuberto polo Colectivo A Rula no 2018. Alquerque Nº1 no 2018. Alquerque Nº1, intentouse salvalo mediante recollida de firmas e escritos a Patrimonio para protexelo das pisadas dos visitantes e as mareas diarias. Desafortunadamente, cá Vikinga h

ROSALÍA DE CASTRO E AS TORRES DE OESTE, CATOIRA.

Imaxe
Qué terá As Torres que conquistou o corazón da gran literaria do SXIX? O mar exercía fascinación sobre Rosalía i escribiu un poema de As Torres, Catoira. En «As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos», do quinto libro de Follas Novas, atopamos o relato dunha muller que arroxase ó mar no lugar de As «Torres de Oeste». Un mariñeiro sálvaa, pero o comentario final parece reproducir reflexións de Rosalía: Non vaiades nunca, eu vo-lo aconsello, ás Torres de Oeste co corazón negro. Unha muller perseguida polas sombras e a pena cede á tentación de se botar ao río na procura de morte e descanso. Citadas en diferentes ocasións, as torres son testemuñas sombrías da súa caída: «¡Ou Torres d´Oeste! / Tan soyas e mudas / C’a vos’ atentaches / A miña tristura /Ninguén triste vaya / Cabo de vos nunca» [...] «Non vayades nunca, / Eu vo-lo aconsello, / Ás Torres dÓeste / C’ocorazón negro». Velaquí o poemario completo. As Torres de Oeste A iaugua corría polo seu camiño, i eu iba ó pe dela preto dos La

VESTIXIOS DE AS TORRES (3ª PARTE) ÉPOCA MEDIEVAL.

Imaxe
  Despois da marcha dos romanos do entorno de As Torres, o recinto quedou esquecido dende o S V ata o S IX debido á que Galiza sumiuse nunha época de decadencia económica e inestabilidade política por mor de loitas internas e asentamento do cristianismo (que loitaba contra as incursións musulmáns por exemplo). Así pois é lóxico pensar o recinto As Torres quedou abandonado. A partir do S IX comeza a chegar as invasións de diversos pobos que aproveitando o río Ulla intentaban chegar ós lugares de poder da igrexa. A máis coñecida son as incursións normandas, destacando entre elas, pola contía do continxente e a extensión do territorio afectado, a invasión do 968. Posiblemente esta última motive a construción da fortaleza das Torres de Oeste, aínda que as condicións de defensa natural do lugar, tal vez reforzadas pola permanencia de restos construtivos do antigo castro, fan factible a súa utilización como bastión ocasional con anterioridade a esta data. O que parece evidente é que a contor