Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Fonte

A MOZA XITANA DE CATOIRA

Imaxe
  A XITANA DOMINICA Esta tenra e romántica historia aconteceu no ano 1945 na parroquia de San Miguel de Catoira. Había unha moza xitana moi fermosa de só 19 anos de idade e da que os mozos da comarca estaban prendidos. Esta preciosidade chamábase Domenica Borja Ferraquela.  A súa familia era itinerante, vivían en carros tirados por animais e soían asentarse durante uns días pola traseira de Mesón A Rúa. En verde onde asentabase, en azul onde o actual Concello.   Voo Americano 1956-1957. Eran moi coñecidos e cando viñan estaban moi asentados e mantiñan moi boa relación coa xente de Catoira. A todo isto Domenica namorouse dun paio e quería casar con el pero o pai da xitana non consentiu esta xuntanza de ningún xesto. Domenica apurou a situación todo o que puido e tentou convencer ao pai de todas as maneiras posibles. Non o conseguiu. Algunha versión fala de que o mozo era tamén xitano e o motivo da tristura da mociña foi que aquel rapaz a abandonara.  Antiga Taberna da...

A Fonte da Avenida Ponte. Catoira.

Imaxe
BUSCASE INFORMACIÓN SOBRE A FONTE: Ano da súa creación. A quen pertence. Por que foi creada. Tiña unha placa? Que aconteceu con ela? Historias, anécdotas, ... Fontos antigas da fonte. ... Na Avenida Ponte (Catoira), no cruce onde está o Bar Canguro hai preto da acera unha fonte sen catalogar. https://goo.gl/maps/8J2Wz2dmansUymdG7 As testemuñas din que quixeron facer a carretera por enrriba e desa maneira desaparecer a fonte pero debido a súa presencia iso non aconteceu. A fonte é de un só caño, e ten dous buratos onde posiblemente habería unha placa ou inscripción, ignoro se ten un abrevadeiro posto que na súa base hai unha profundidade de máis dun pé de auga. Calquera información será ben recibida. Graciñas.

A fonte desaparecida de A Estación. Oeste. Catoira.

Imaxe
  https://atopo.depo.gal Antiga fonte có símbolo da JONS. Así estaba a Fonte da Estación nos anos 1980, a carón da casa de Abel. Vese as marcas do antigo teito cónico. Ata finais dos anos 80 había unha fonte na curva da Estación, onde a chamada casa de Abel e preto do antigo comercio de Elisa Guillán. Fotografía ampliada de Pasarín. Fotografía: Pasarín. No medio da fotografía aparece o teito cónico da Fonte. Ó lado da fonte había un camiño estreito coñecido como  “camiño de vacas” do que só pasaba un carro de ganado, do cal quedaba moi estreito para os novos vehículos máis anchos polo que fixeron uns arranxos para amplialo quitando o teito e a mesa deixando só a fonte. A fonte tiña dous canos que botaban auga de miudiño, unha especie de mesa con repisa (onde apoiar as tinas, lavar a roupa ou descansar), un teito cónico rectangular de uralita(¿????) apoiado en catro columnas e unhas escaleiras para acceder. Na parede aparece o símbolo do JONS ( Juntas de Ofensiva Nacional-Sind...