O Nadal e o Día de Reis en Catoira.
O Nadal remata o 6 de xaneiro e anteriormente celebrabase estas Festas en Catoira de diversas formas. Unha é decorar a árbore (un pino cortado do monte) con espumillón e papel de plata, ó lado un Belén feito con casetas de corcho, piñas, e materais reciclados como o envoltorio plateado de diversas caixas para facer o río con musgo como chan (agora prohibido ó ser unha especie protexida que tarda 7 anos en crecer e que ten un impacto positivo na natureza). Tamén cantar paxoliñas polas casas, máis información na publicación: O cruceiro de Barral e a trasnada do Nadal. A veciñanza o festexaban de diversas formas según a época. No ano 63 - 64 baixaban dos Muiños de Vento de Catoira os Reis Magos ataviados cás súas mellores traxes acompañados de soldados decorados có papel de plata faceno unha especie de armadura. Todos eles seguidos por un grupo de persoas con antorchas. Imaxinade o espectáculo, parecían a Santa Compaña! O traxecto remataba na Escola Unitaria Femenina de Catoira (actu...