SAN ANTONIO DE CATOIRA, UN SANTO PASADO POR AUGA

 


San Antonio de Catoira é un santo pasado por… auga!

Catoira é un lugar que ten o tempo estable, sen embargo, cando as condicións climatolóxicas son un pouco adversas a veciñanza fai peticións ó santo San Antonio de Catoira.

PRIMAVERA DO 1954

Conta os maiores que os primeiros meses do ano 1954 foi pasada por auga, non paraba de chover! Chovía tanto que os ríos desbordaban ata os camiños, os regatos convertíanse en ríos, as fontes desaparecían, … chegou un momento que ata esquecías da cor do sol. Chovía pola mañá, chovía pola tarde e chovía pola noite, todos os días.

A veciñanza da parroquia de Catoira todos os domingos rezaban a San Antonio para que parara de chover, entregaban ofrendas (velas, cartos, flores [as poucas que non afogaban],...) e non había maneira, seguía chovendo cada semana con máis forza, un podía pensar que o San Antonio deleitaba cá atención.

Igrexa de San Antonio de Catoira

Un domingo toda a veciñanza achegouse á igrexa para, desta vez, rezar con máis forza pedindo que parara aquel diluvio que pouco ía envexar ó Diluvio Universal; pois... nin con esas, á seguinte semana os ceos negros botaban máis auga e con tanta forza que creron que era o fin do mundo.

Ó seguinte domingo, “Ayyyy, ó seguinte domingo” daquela semana, os veciños acudiron a igrexa pero desta non, non a rezar ó San Antonio e ofrecer rezos e ofrendas, NON, aquel domingo colleron ó San Antonio e todos: maiores e pequenos, homes e mulleres, levárono para afora, pero non para facer unha procesión, NON A MERECÍA!!, levárono para o río e... o afogaron sen remordementos.

O río está preto da igrexa.

E unha vez que comprobaron que o santo non ía a frote e tampouco que o levara o río dixéronlle ben claro e alto: E NON SAIRÁS DALÍ ATA QUE DEIXE DE CHOVER!

Seguro que unha pregunta ven á cabeza: e o párroco, non se molestou ante tal ofensa????

Pois non, o párroco estaba dacordo, xa eran moitos días de ir cá sotana mollada e un por moi devoto e profesional que sexa chega un momento que cansase.

A seguinte semana choveu, seguiu chovendo pero xa non tan forte, ó mellor o santiño pensou que aplacaría a ira dos veciños, pero NON, alí seguiu!

O río Catoira.

Á outra semana o ceo despexou e as primeiras raiolas do sol fixeron presencia, pero o castigo non rematou. A veciñanza non as tiña consigo! Só cando comprobaron que levaban dúas semanas cós ceos despexados consideraron o fin do castigo e a veciñanza rescataron ó San Antonio do río e devolvérono ó seu altar.

Unha vez alí unha advertencia resoou na igrexa: E SE VOLVE A CHOVER COMO DESTA, Ó RÍO VOLVES!!

Din as testemuñas que chover como choveu aqueles primeiros meses do 1954 non volveron. O santo Antonio non arrisca a voltar ó río.

 FESTAS DO SAN ANTONIO DOS ANOS 70.

O santo San Antonio estivo moi tranquilo cá climatoloxía durante 20 anos, pero por medo á auga aquel verán de fai 50 anos (máis ou menos) tivo moito coidado cá choiva. Xa non era que chovera miudiño, NON, non caía nin unha pinga.

Os veciños estaban desesperados os ríos rebaixaron o seu caudal, os regatos desaparecían, as fontes botaban un fío de tan preciado líquido, ... precisaban auga para as terras e os animais.

Aquelas festas parroquiais de Catoira reuníanse as familias para a comida e falando do tema do tempo e a necesidade imperiosa da choiva, o pai de Chusa Torres colleu o santiño San Antonio que tiña na casa e levouno para... o lavadoiro da Fonte Trasdaveiga e ... mergullouno cá pouca auga que había alí dentro.

Fonte e lavadoiro do Agro de Tras da Veiga, anos 50.

Unha vez dentro unha advertencia deixou ben clara: NON SAIRAS DALÍ ATA QUE CHOVA!

Ayyy, o pobre San Antonio dende o ceo ficou cá boca aberta do pouco que aclarábanse a xente de Catoira, sexa o que sexa, dalí a unha hora levantouse o vento, escoitáronse tronos e o ceo pechou deixando caer moitas, moitas pingas de auga.

O santiño San Antonio da familia Torres volveu ó refuxio da casa familiar.

 

CONCLUSIÓN

Levamos uns anos que os meses “bailan” có tempo. Nun mesmo mes igual o nórdico está enrriba da cama, como a un lado dela; as botas impermeables ó lado das sandalias do bo tempo, os abrigos ó lado dos xerseis estivais. Todo ten unha explicación: alguén deixou o santo San Antonio no río ou nun lavadoiro i esqueceu recollelo. Iso ou que o San Antonio para contentar a todo o mundo xoga cá climatoloxía para non voltar ... A AUGA!

Quedou escarmentado o pobre!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.

O EXÉRCITO FRANCÉS DE NAPOLEÓN BONAPARTE EN CATOIRA

ROSALÍA DE CASTRO E AS TORRES DE OESTE, CATOIRA.