Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2024

A RODA DE CATOIRA

Imaxe
  A RODA DE CATOIRA A historia dunha roda na que unha pequena mostra viaxou a Alemania para averiguar que data do 1720 a .C.  Un segundo "vistazo" asombrou a opinión profesional e pública. ANTECEDENTES O 2 de marzo de 1965 no leito do río Ulla, atopouse unha roda, fronte a un serradoiro nun lugar chamado “O Regueiro” a 100 metros das Torres de Oeste, un pouco hacia a beira dereita, enterrada por dous metros de área e que na baixamar ten enriba de si un metro de auga. LUGAR DO ACHADO Foi descuberta por Don Jesús Rodríguez, fillo de Don Emilio Rodríguez Rañó, veciños de Catoira e areéiros de profesión, sendo ademais propietarios do Bar “Casa Emilio” de Catoira. A roda foi levada á casa de dito señor, e estivo alí ata que chegou ós oídos de Joaquín María Perfecto Lorenzo Fernández, grazas ó poeta e arqueólogo Don Luis Bouza Brey e Trillo. Joaquín María Perfecto Lorenzo Fernández Don Luis Brouza Brey e Trillo. Nun principio a roda parecía fosilizada e mostrando os presentes gran

FELIZ ANINOVO 2024.