Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2024

MESTRE REPRESALIADO EN DIMO: DON VÍCTOR TOURIÑO LÓPEZ

Imaxe
  Don Víctor Touriño López foi un docente que deu clases no colexio de Tarrío (Dimo).   Don Víctor Touriño López OBXECTIVO Precisase información deste home no seu paso por Catoira   da súa chegada, anécdotas, historias, o día que deixou de dar clases pola sanción en 1936, fotografías, ... calquera información é útil. INFORMACIÓN ATA AGORA VIDA E DECESO Don Víctor naceu en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1989, os seus pais Cándido e Dolores eran xornaleiros residentes na rúa de San Pedro, acreditan dita paternidade no certificado de nacemento sito no seu expediente e faleceu en Santiago de Compostela o 8 de abril de 1955. Falecemento ENSINANZA EN CATOIRA O mestre deu clases no período 1926/1936 ata que foi represaliado e suspendido de emprego polo réxime, posteriormente foi desterrado a Burgos en 1940. O home rematou na Guarda en 1951 ata a súa xubilación. Escola de Dimo. www.obaixoulla.gal ANO 1936 No ano 1936 iniciouse o Alzamento Nacional do goberno franquista

SAN ANTONIO DE CATOIRA, UN SANTO PASADO POR AUGA

Imaxe
  San Antonio de Catoira é un santo pasado por… auga! Catoira é un lugar que ten o tempo estable, sen embargo, cando as condicións climatolóxicas son un pouco adversas a veciñanza fai peticións ó santo San Antonio de Catoira. PRIMAVERA DO 1954 Conta os maiores que os primeiros meses do ano 1954 foi pasada por auga, non paraba de chover! Chovía tanto que os ríos desbordaban ata os camiños, os regatos convertíanse en ríos, as fontes desaparecían, … chegou un momento que ata esquecías da cor do sol. Chovía pola mañá, chovía pola tarde e chovía pola noite, todos os días. A veciñanza da parroquia de Catoira todos os domingos rezaban a San Antonio para que parara de chover, entregaban ofrendas (velas, cartos, flores [as poucas que non afogaban],...) e non había maneira, seguía chovendo cada semana con máis forza, un podía pensar que o San Antonio deleitaba cá atención. Igrexa de San Antonio de Catoira Un domingo toda a veciñanza achegouse á igrexa para, desta vez, rezar con máis fo

PETRÓGLIFO DA SERPE E MONTE FONTEBECHA. CATOIRA.

Imaxe
O petróglifo da Serpe e Monte Fontebecha teñen relación no 1 de maio  (día da exaltación á primavera e Beltaine no calendario celta).   O PETRÓGLIFO DA SERPE Son varias as testemuñas que din que pola zoa dos Muíños de Vento de Catoira (por onde subían as vacas a pastar) hai unha pedra cun gravado dunha serpe. Esta pedra é plana e horizontal có gravado da serpe ben marcado. Este petróglifo conta cunha lenda que indica que si unha persoa ou neno pequeno ten pesadelos só teñen que tumbarse na pedra cá orella apoiada na cabeza da serpe. Cando o pesadelo achegase a serpe silba (Shhhh, shhhhh,... ) e o pesadelo alonxase. Este petróglifo está desaparecido, aínda que atopouse unha pedra que pode ser a que se refire a lenda non ten as características buscadas: está inclinada e non ten o gravado dunha serpe, un corte da mesma pedra pode indicar a siluleta deste animal pero descartouse xa que é un corte natural.   MONTE FONTEBECHA https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/castros-d