Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

MARUXA

Imaxe
  Cando unha persoa morre, morre con ela unha parte da historia. Eu quedo cá tranquilidade de recuperar as historias de Maruxa, a miña tía avoa: - de cativa xogaba cás uvas e facía zume nos petróglifos de Barral e despois o bebía grazas as follas que facían de cuncas, pasaba moita fame e os xogos axudaba a esquecela. - un "algo" prehistórico que había preto da pontella de Barral (encántame os "algo" son sinónimo de búsqueda en documentos antigos, mapas e na transmisión oral). - a cantiga da súa zoa que apenas coñecíase e deixo o vídeo para recodala na historia de Catoira. Dou fé que a veciñanza de Trasdaveiga son xente verdadeira e de confianza. Maruxa, que a terra sexa leve e si existe o ceo saúda ós meus avós quenes coma tí transmitiron a historia local. Picar no seguinte enlace: VÍDEO DE MARUXA