O NOVO CRUCEIRO DE CATOIRA
Na parroquia do Oeste existe un cruceiro, que posiblemente sexa o máis novo do Concello, o cal elevaría a 32 cruceiros do total dos que existen en Catoira. O cruceiro de Bouzameán (chamado así polo topónimo) foi creado aproximadamente no 2006 por Ángel Lijo, o propietario é Valentín García Bustelo. O cruceiro non pode ser catalogado debido a unha lei que contempla que ten que ser anterior a 1901, como os hórreos. Excepcionalmente, pódese catalogar outros posteriores se teñen unhas características especiais, pero non é o caso. A todo isto, si pódese considerar que é unha obra de arte contemporánea. Cruceiro tipo Cruz (sen figura de Cristo). A plataforma está formada por 3 chanzos (escalóns) de formas cuadrangular con unhas curiosas liñas sobre os chanzos formando círculos. O pedestal ou dado é cuadrangular na parte inferior e circular na parte superior. Fuste de sección circular. Capitel tamén de sección circular, con forma irregular. Cruz latina de sección circular. Un sudario or...