AS INSCRICIÓNS DA ERMITA DE SAN CIBRÁN (CATOIRA).

 

No entorno da ermita de San Cibrán de Catoira hai tres inscricións.

DINTE DA ENTRADA DA ERMITA

No dintel da entrada que da á espadaña (onde ía a campá) hai unha inscrición da que é un misterio saber o que pon.


Grazas a un programa informático que construe un mapa en 3D a través dunha serie de fotografías visualizase mellor pero sen conseguir que pon ó 100%.


Megaliticia, que foi quen fixo os mapas 3D, deduce que pode poñer esta inscrición, sen embargo é moi extraño pois parece que hai dúas inscricións sobreescritas.

Un misterio máis dos que acontence en Catoira!



CRUZ NA ERMITA

Arriba á esquerda do dintel da inscrición hai unha cruz.
A cruz está situada no círculo amarelo.
O círculo verde é o dintel da entrada.

CRUZ NO CHAN
Esta cruz sempre a recordo todolos anos porque ensinouma o meu avó José Manuel Conde Touriño era moi importante para él, así que sempre que vou á carballeira de San Cibrán achegome a ela e recordo con cariño a romería xunto con toda a familia.

Está situada á esquerda da espadaña no chan, preto das escaleiras que permite achegarse ó rego de San Cibrán.

Fotografía da pedra.
Mapa 3D


Ignorase se hai máis inscricións ou se alguén sabe o que está escrito no dintel da ermita, si é así pregase contactar ó correo electrónico: descubrindocatoira@gmail.com  GRAZAS!

E recordade:
"O que non molla en San Cibrán,
non molla en todo o verán."

Agradecementos e fotografías de Megaliticia.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA