Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Festas

O ENTROIDO EN CATOIRA

Imaxe
  Na estación , no local de comidas de Casa Emilio, cando aínda funcionaba o cine Rañó, facíase bailes con disfraces e pequenos percorridos. Contan que un ano nun descapotable uns veciños (entre eles Pasarín) disfrazáronse de jeques con turbantes e gafas de sol, sendo un éxito.  Extracto do libro “Aquela xente de Catoira” de Pepe Castaño Dios, páx. 284.  “E lévalo, é lévalo, e lévalo Entroido a cabalo do teu coiro. Para o ano que vén, que te acabale ben e se non te quere acabalar que te leve ó mar …"   Popular   Antigamente disfrazábase un burro. Máis tarde pasaron a ser disfraces con roupa vella, e outros con roupa moi antiga. Tapábase a cara cunha media, pois aínda non había caretas. Os rapaces asustábanse moito cos choqueiros. A nivel gastronómico, comíanse a cacheira e as filloas. Gastábanse bromas e “metíanse mentiras”, facíanse burlas colocando un papel no lombo, sen que se decatase o que o levaba. A mocidade escribía cartas sen remite, ond...

O Nadal e o Día de Reis en Catoira.

Imaxe
O Nadal remata o 6 de xaneiro e anteriormente celebrabase estas Festas en Catoira de diversas formas. Unha é decorar a árbore (un pino cortado do monte) con espumillón e papel de plata, ó lado un Belén feito con casetas de corcho, piñas, e materais reciclados como o envoltorio plateado de diversas caixas para facer o río con musgo como chan (agora prohibido ó ser unha especie protexida que tarda 7 anos en crecer e que ten un impacto positivo na natureza). Tamén cantar paxoliñas polas casas, máis información na publicación:  O cruceiro de Barral e a trasnada do Nadal. A veciñanza o festexaban de diversas formas según a época. No ano 63 - 64 baixaban dos Muiños de Vento de Catoira os Reis Magos ataviados cás súas mellores traxes acompañados de soldados decorados có papel de plata faceno unha especie de armadura. Todos eles seguidos por un grupo de persoas con antorchas. Imaxinade o espectáculo, parecían a Santa Compaña! O traxecto remataba na Escola Unitaria Femenina de Catoira (actu...