Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

O ENTROIDO EN CATOIRA

Imaxe
  Na estación , no local de comidas de Casa Emilio, cando aínda funcionaba o cine Rañó, facíase bailes con disfraces e pequenos percorridos. Contan que un ano nun descapotable uns veciños (entre eles Pasarín) disfrazáronse de jeques con turbantes e gafas de sol, sendo un éxito.  Extracto do libro “Aquela xente de Catoira” de Pepe Castaño Dios, páx. 284.  “E lévalo, é lévalo, e lévalo Entroido a cabalo do teu coiro. Para o ano que vén, que te acabale ben e se non te quere acabalar que te leve ó mar …"   Popular   Antigamente disfrazábase un burro. Máis tarde pasaron a ser disfraces con roupa vella, e outros con roupa moi antiga. Tapábase a cara cunha media, pois aínda non había caretas. Os rapaces asustábanse moito cos choqueiros. A nivel gastronómico, comíanse a cacheira e as filloas. Gastábanse bromas e “metíanse mentiras”, facíanse burlas colocando un papel no lombo, sen que se decatase o que o levaba. A mocidade escribía cartas sen remite, onde se mandaban poesí