ROSALÍA DE CASTRO E AS TORRES DE OESTE, CATOIRA.

Qué terá As Torres que conquistou o corazón da gran literaria do SXIX?

O mar exercía fascinación sobre Rosalía i escribiu un poema de As Torres, Catoira.

En «As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos», do quinto libro de Follas Novas, atopamos o relato dunha muller que arroxase ó mar no lugar de As «Torres de Oeste».
Un mariñeiro sálvaa, pero o comentario final parece reproducir reflexións de Rosalía:
Non vaiades nunca,
eu vo-lo aconsello,
ás Torres de Oeste
co corazón negro.
Unha muller perseguida polas sombras e a pena cede á tentación de se botar ao río na procura de morte e descanso.
Citadas en diferentes ocasións, as torres son testemuñas sombrías da súa caída:
«¡Ou Torres d´Oeste! / Tan soyas e mudas / C’a vos’ atentaches / A miña tristura /Ninguén triste vaya / Cabo de vos nunca» [...] «Non vayades nunca, / Eu vo-lo aconsello, / Ás Torres dÓeste / C’ocorazón negro».
Velaquí o poemario completo.
As Torres de Oeste
A iaugua corría
polo seu camiño,
i eu iba ó pe dela
preto dos Laíños,
sin poder cas penas
que moran conmigo.
Con tamaña carga,
¿para dónde eu iba?
A Virxe sabráio,
que eu non o sabía;
mais seica fuxindo
de min mesma iña.
Por antre os herbales,
profunda e sombrisa,
cal unha sarpente
de escamas bruñidas,
brillaba ós meus ollos
dándome cobiza.
¡Estaba tan soia!
Nin bote, nin lancha,
nin velas, nin remos
a vista alebraban;
e soias as veigas
tamén se quedaran.
¡Qué bonitas eran
noutro tempo as rosas
que naqueles campos
medran e se esfollan!
Mais muchas estonces
se amostraban todas.
I o sol, cal a lúa
en noite de brétema,
brilaba tembrando
por antre as vimbieiras,
tan descolorido
como a mesma cera.
I ao ferir as ondas
revoltas e escuras,
víanse no espeso
da negra fondura
as herbas marinas
e longas que a surcan.
De pronto unha i outra
poñéndome medo,
as loitosas cruces
se me apareceron
que se erguen na orela
cal nun cimiterio.
"Meu ben, ¿ónde moras?
-perguntéi chorando-.
Xa que ti morreche,
no mundo, ¿qué fago,
coma vós, ¡ouh torres!,
soia e sin amparo?
Soidás me consomen,
bágoas me alimentan,
sombras me acompañan,
cómeme a triteza.
¡Quén pode con tanta
fartura de penas!"
I eu non sei qué negra
tentazón maldita
me afrixéu o esprito,
me anubróu a vista,
e sorréume como
me o demo sorrira.
Dende a fonda orela
miréi arredore...
A marea viva
petaba nas torres,
orfas antre a líquida
sabán que as envolve.
"¡Alá vou! -lles dixen-.
Daime morte dose,
auguas onde as penas
para sempre dormen..."
Saltéi..., i a corrente
calada levóume.
..................................
..................................
..................................
¡Ouh Torres de Oeste!
Malas tentadoras
auguas apromadas,
de calma treidora;
cómaros pelados
onde o corvo pousa.
¡Ouh Torres de Oeste!
Tan soias e mudas,
ca vosa atentaches
a miña tristura.
Ninguén triste vaia
cabo de vós nunca.
Dos desamparados
tendes o homenaxen,
i aínda ó redor voso
non rexorde o aire,
coma si temese
de vos despertare..É das que se apegan
a tristeza vosa;
das que o peito oprimen,
das abrumadoras,
que ó inferno encamiñan
as almas loitosas.
Que si inda estóu viva,
foi que un mariñeiro,
medio morimunda,
por estes cabelos
tróuxome das ondas
ó mundo en que peno.
Non vaiades nunca,
eu vo-lo aconsello,
ás Torres de Oeste
co corazón negro.
Texto extraído:
“Aquela xente de Catoira”, Pepe Castaño Dios.



Rosalía de Castro.



As Torres.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA