OS ALQUERQUES DE 9 DE AS TORRES.
O alquerque é un xogo que recóllese no famoso libro dos xogos, encargado por Afonso X O Sabio a mediados do s. XIII, onde figuran as súas regras. Aínda que podemos datar o taboleiro en época medieval, entre os s. IX e XIII, cómpre destacar a súa presenza en numerosos conxuntos arqueolóxicos xa en época romana. En Galiza atopamos modelos semellantes noutros castelos ou torres medievais, case todos en estado ruinoso, como o de Monte Lobeira (Vilanova de Arousa), Casaldourado (Pontevedra), Esteiro ou da Laxe (Outes – Muros), Lobarzán (Oimbra), Raíña Loba (Os Blancos), Rocha Vella (Santiago de Compostela), Monte Castelo (Nigrán), etc. Destacar que alquerques de 9 en Galiza apenas chegan a unha ducia. NO ENTORNO DE AS TORRES HAI DOUS. O primeiro descuberto polo Colectivo A Rula no 2018. Alquerque Nº1 no 2018. Alquerque Nº1, intentouse salvalo mediante recollida de firmas e escritos a Patrimonio para protexelo das pisadas dos visitantes e as mareas diarias. Desafortunadamente, cá Vikin...