Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

A Fonte da Avenida Ponte. Catoira.

Imaxe
BUSCASE INFORMACIÓN SOBRE A FONTE: Ano da súa creación. A quen pertence. Por que foi creada. Tiña unha placa? Que aconteceu con ela? Historias, anécdotas, ... Fontos antigas da fonte. ... Na Avenida Ponte (Catoira), no cruce onde está o Bar Canguro hai preto da acera unha fonte sen catalogar. https://goo.gl/maps/8J2Wz2dmansUymdG7 As testemuñas din que quixeron facer a carretera por enrriba e desa maneira desaparecer a fonte pero debido a súa presencia iso non aconteceu. A fonte é de un só caño, e ten dous buratos onde posiblemente habería unha placa ou inscripción, ignoro se ten un abrevadeiro posto que na súa base hai unha profundidade de máis dun pé de auga. Calquera información será ben recibida. Graciñas.

A fonte desaparecida de A Estación. Oeste. Catoira.

Imaxe
  https://atopo.depo.gal Antiga fonte có símbolo da JONS. Así estaba a Fonte da Estación nos anos 1980, a carón da casa de Abel. Vese as marcas do antigo teito cónico. Ata finais dos anos 80 había unha fonte na curva da Estación, onde a chamada casa de Abel e preto do antigo comercio de Elisa Guillán. Fotografía ampliada de Pasarín. Fotografía: Pasarín. No medio da fotografía aparece o teito cónico da Fonte. Ó lado da fonte había un camiño estreito coñecido como  “camiño de vacas” do que só pasaba un carro de ganado, do cal quedaba moi estreito para os novos vehículos máis anchos polo que fixeron uns arranxos para amplialo quitando o teito e a mesa deixando só a fonte. A fonte tiña dous canos que botaban auga de miudiño, unha especie de mesa con repisa (onde apoiar as tinas, lavar a roupa ou descansar), un teito cónico rectangular de uralita(¿????) apoiado en catro columnas e unhas escaleiras para acceder. Na parede aparece o símbolo do JONS ( Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista)