Publicacións

O PRIMER DESEMBARCO DO 1968

Imaxe
  Pasou o día, pasou a Romería, e os ecos do sonido dos cornos dos vikingos resoan aínda en As Torres. Pero, como foi o primer desembarco? Se vos digo que  que unhas camisetas de baloncesto tiveron algo que ver, credelo? Tiven o gran honor de falar cun vikingo dese primer desembarco, Juan Manuel García Rubio e con él viaxamos ó ano 1968. PRIMEIRO DESEMBARCO NA VIKINGA DO 1968   Corría o lúns 29 de xullo do 1968 e Juan Manuel García Rubio, que formaba parte da Comisión de Festas, preguntou a Castaño (xefe da Cedonosa e presidente de dita Comisión de Festas):  - e porque en vez dunha romería campestre non facemos un desembarco vikingo? A Castaño encántoulle a idea e comentouno con Don Manuel que era o dono da antiga Cedonosa. Don Manuel e Castaño gustoulles o plan e foron buscando xente para que foran de vikingos, a xente non estaba moi para a labor así pois cá conta atrás moi axustada e posto que estaban a 6 días da Vikinga comenzaron a chamar ós que ían formar parte ...

O anxeliño "Juanitiño" e os seus catro costeleiros.

Imaxe
No ceminterio de Oeste existe unha placa dedicada a un anxo que finou moi cedo. Lápida ANTECEDENTES O 6 de decembro do 2025, na igrexa de Santa Eulalia de Oeste, os campaneiros Fernando Rial e José Manuel Castro tocaron as súas campás para celebrar o 3ª aniversario de que o toque manual das campás foi declarado Patrimonio Inmaterial da UNESCO. Foi a única igrexa en toda Galicia que o fixo. Máis información pinchando neste enlace: https://www.facebook.com/groups/1449865955271370/permalink/4237582049833066/ A curiosidade desta autora fixou os seus ollos nunha lápida precintada no cemiterio e cando preguntou a resposta foi que estaba ó aire porque o terreno estaba cedendo. Achegueime e acordei dun proxecto moi bonito que están facendo unha recopilación de lápidas en galego. Observando o lugar enfrente estaba a plaquiña dedicada ó anxeliño Juanitiño e os seus catrocosteleiros. Proxecto NEO: https://datawrapper.dwcdn.net/4HeuT/115/ Igrexa de Santa Eulalia, en círculo amarelo o lugar da lápi...

O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.

Imaxe
  Moncho Bouzón celebra o seu Desembarco Vikingo nº 50. Moncho Bouzón.  Faro de Vigo / Gustavo Santos. ENTREVISTA: DC (Descubrindo Catoira). MB (Moncho Bouzón). DC: Como empezaches na Vikinga? MB: Foi en 1974 un mes antes de cumprir os 15 anos, coincidiu que días antes da Vikinga tiña por costume ir á CEDONOSA e ver como pintaban os escudos, elixían os cornos para beber, as lanzas, ... e como aínda era moi xoven (14 anos) non podía ir.  Eu levábame ben ca familia e sobre todo cós fillos de Serafín, o xerente, xa que tanto a familia Serafín como a nosa "Os Calderillas" tiñamos moi boa relación. Eu aquel ano pedinlle ó meu irmá Manolito si podía ir no barco, entón él falou cós responsables da tripulación e ó levarme ben cós fillos pois leváronme.  Moncho Bouzón (esquerda) có seu irmá Manolito. Ó ano seguinte traballa xa na CEDONOSA e gañeime o dereito a ir. DC: Que sintes ó ser VIKINGO? MB: Ser VIKINGO e sentir parte da historia. Moncho Bouzón, no c...

SAN CIBRÁN DE DIMO, CATOIRA.

Imaxe
  O santiño queda custodiado todo o ano na Igrexa parroquial de San Pedro de Dimo. “De Pascua a San Cibrán sete semanas van”. Pasou o día pasou a Romería e onte o santiño San Cibrán disfrutou do seu gran día. Todo comeza cá chegada a pé de devotos do santiño ó adro da festa da Igrexa Parroquial de Dimo que custodia ó San Cibrán, aínda que en menor frecuencia perdura o andar dende as casas. Os gaiteiros agardan a saída do santiño. Ás 8h oficiase a misa e ó remate cá compañía dos gaiteiros levan e acompañan ó santiño ata a ermita de San Cibrán. VIDEO:  https://www.facebook.com/100035475151495/videos/864341912172323/   Os fogueteiros fan acto de presencia cás bombas durante a procesión para dar aviso que o santiño vai de camiño. Fogueteiros. As persoas devotas escoitan a música dos gaiteiros e recordan como era o camiño antes da chegada da carretera e os coches. –“Todo isto era terra e iamos cargados con bolsas de comida e viño ata arriba, agora levamos a comida nos co...