Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

O EXÉRCITO FRANCÉS DE NAPOLEÓN BONAPARTE EN CATOIRA

Imaxe
Toma da Porta da Gamba durante a Reconquista de Vigo . Nos primeiros meses de 1809 as tropas de Napoleón   Bonaparte saquearon as parroquias de Catoira asasinando a máis de 20 veciños dos que non debemos esquecelos por formar parte dun feito histórico en Galiza “a expulsión do exército francés polo pobo galego”. Comezo honrando ás nosas veciñas e ós nosos veciños que loitaron e non poideron fuxir desta barbarie, moitos deles de idade avanzada. Loitaron como valentes por defender a terra da que naceron, contribuíndo así a entrar na historia na que obrigaron ós xefes da guerrilla francesa a dispersar as súas forzas.   Por eles, van esta publicación. Sit ei terra levis. ANTECEDENTES O exército francés có pretexto de atravesar a Península para dirixirse a Portugal, aproveitou a ocasión para ocupar España. Os franceses ían disolver o reino de Portugal, un baluarte (fortificación militar) que Inglaterra dispuña no sur de Europa. Carlos IV, despois do Motín de Aranjuez, decidiu abdica