Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

A ROMERÍA SAN CIBRÁN DE CATOIRA.

Imaxe
  Antigamente, a romería de San Cibrán celebrabase un lúns porque 50 días despois da Pascua é o Pentecostés. A fábrica da Cedonosa daba o día libre ós seus empregados, posteriormente, só daba a tarde libre, ata que finalmente decidiron non dar máis días libres o lúns , isa é a razón pola que a romería de San Cibrán pasou para o día anterior. Texto extraído do libro "Aquela xente de Catoira" de Pepe Dios. A romaría de San Cibrán, que era no a lúns e data de moito antes, seguía a súa marcha con normalidade. As industrias de Catoira paraban. As mozas de Dimo estreaban un vestido ou unhas zapatillas. Xa se comía arriba. Poñían carro os de Maquieira, Adelaida. José de Guillán, Aurelia (mesmo servía marisco). Nunha ocasión actuaba a antiga Banda de Catoira baixo a batuta do señor José de Gracia, e non sabían máis de tres ou catro pezas Por iso cando un dos músicos lle preguntou "¿Cal lle botamos agora?" o director contestou "A mesma pero algo máis cargada de bombo”.

AS INSCRICIÓNS DA ERMITA DE SAN CIBRÁN (CATOIRA).

Imaxe
  No entorno da ermita de San Cibrán de Catoira hai tres inscricións. DINTE DA ENTRADA DA ERMITA No dintel da entrada que da á espadaña (onde ía a campá) hai unha inscrición da que é un misterio saber o que pon. Grazas a un programa informático que construe un mapa en 3D a través dunha serie de fotografías visualizase mellor pero sen conseguir que pon ó 100%. Megaliticia, que foi quen fixo os mapas 3D, deduce que pode poñer esta inscrición, sen embargo é moi extraño pois parece que hai dúas inscricións sobreescritas. Un misterio máis dos que acontence en Catoira! UBICACIÓN:  https://goo.gl/maps/ViTGk9y9hZRyJh3n9?coh=178571&entry=tt CRUZ NA ERMITA Arriba á esquerda do dintel da inscrición hai unha cruz. A cruz está situada no círculo amarelo. O círculo verde é o dintel da entrada. CRUZ NO CHAN Esta cruz sempre a recordo todolos anos porque ensinouma o meu avó José Manuel Conde Touriño era moi importante para él, así que sempre que vou á carballeira de San Cibrán achegome a ela e rec

A CAMPÁ DA ERMITA DE SAN CIBRÁN DE CATOIRA.

Imaxe
Un temporal destruiu o campanario da ermita de San Cibrán. No ano 1913 un temporal derrumbou o campanario e varios carballos e castaños remataron no tellado da ermita.  Así o contan as crónicas do periódico rexional, primer diario de Vilagarcía: no 15 de outubro do 1913. "Dicen de Catoira que un fuerte ciclón derrumbó el campanario de la ermita de San Cibrán del Monte, de la parroquia de Dimo, llevando a una distancia de más de diez metros las piedras. Desgarró también unos diez corpulentos robles y castaños y arrancó cuatro conduciéndolos a más de doce metros de distancia y dejando algunos en la cima de la ermita de la cual llevó parte de la techumbre." Posteriormente, a campá foi remplanzada por outra no 1957. Actualmente, esta gardada a bo recaudo para evitar o seu robo e no seu traslado debeu perderse o seu badalo.  Nun futuro sería xenial estudiar a posibilidade de que volva a soar a campá no día de San Cibrán que é o domingo de Pentecostés. A campá da ermita de San Cibr