Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

A MOZA XITANA DE CATOIRA

Imaxe
  A XITANA DOMINICA Esta tenra e romántica historia aconteceu no ano 1945 na parroquia de San Miguel de Catoira. Había unha moza xitana moi fermosa de só 19 anos de idade e da que os mozos da comarca estaban prendidos. Esta preciosidade chamábase Domenica Borja Ferraquela.  A súa familia residía na casa de Pastora a carón da de Claudio ou por entendemos onde hoxe habita Julio López e a súa dona pola traseira de Mesón A Rúa. Parte dianteira da casa. Parte traseira da casa. Estaban moi asentados e mantiñan moi boa relación coa xente de Catoira. A todo isto Domenica namorouse dun paio e quería casar con el pero o pai da xitana non consentiu esta xuntanza de ningún xesto. Domenica apurou a situación todo o que puido e tentou convencer ao pai de todas as maneiras posibles. Non o conseguiu. Algunha versión fala de que o mozo era tamén xitano e o motivo da tristura da mociña foi que aquel rapaz a abandonara.  Antiga Taberna da Roxa Sexa cal sexa a razón o certo e que, na súa desesperación. de

O NOVO CRUCEIRO DE CATOIRA

Imaxe
  Na parroquia do Oeste existe un cruceiro, que posiblemente sexa o máis novo do Concello, o cal elevaría a 32 cruceiros do total dos que existen en Catoira. O cruceiro de Bouzameán (chamado así polo topónimo) foi creado aproximadamente no 2006 por Ángel Lijo, o propietario é Valentín García Bustelo. O cruceiro non pode ser catalogado debido a unha lei que contempla que ten que ser anterior a 1901, como os hórreos. Excepcionalmente, pódese catalogar outros posteriores se teñen unhas características especiais, pero non é o caso. A todo isto, si pódese considerar que é unha obra de arte contemporánea. Cruceiro tipo Cruz (sen figura de Cristo). A plataforma está formada por 3 chanzos (escalóns) de formas cuadrangular con unhas curiosas liñas sobre os chanzos formando círculos. O pedestal ou dado é cuadrangular na parte inferior e circular na parte superior. Fuste de sección circular. Capitel tamén de sección circular, con forma irregular. Cruz latina de sección circular. Un sudario orname

O Nadal e o Día de Reis en Catoira.

Imaxe
O Nadal remata o 6 de xaneiro e anteriormente celebrabase estas Festas en Catoira de diversas formas. Unha é decorar a árbore (un pino cortado do monte) con espumillón e papel de plata, ó lado un Belén feito con casetas de corcho, piñas, e materais reciclados como o envoltorio plateado de diversas caixas para facer o río con musgo como chan (agora prohibido ó ser unha especie protexida que tarda 7 anos en crecer e que ten un impacto positivo na natureza). Tamén cantar paxoliñas polas casas, máis información na publicación:  O cruceiro de Barral e a trasnada do Nadal. A veciñanza o festexaban de diversas formas según a época. No ano 63 - 64 baixaban dos Muiños de Vento de Catoira os Reis Magos ataviados cás súas mellores traxes acompañados de soldados decorados có papel de plata faceno unha especie de armadura. Todos eles seguidos por un grupo de persoas con antorchas. Imaxinade o espectáculo, parecían a Santa Compaña! O traxecto remataba na Escola Unitaria Femenina de Catoira (actualme