Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

O CRUCEIRO DE BARRAL E A TRASNADA NO NADAL

Imaxe
Na zoa do Barral, parroquia de Catoira, preto da Igrexa de San Miguel de Catoira hai un cruceiro. Cruceiro de Barral.   Un cruceiro  é un dos símbolos máis representativos de Galicia e hai case sete séculos que comezou a estenderse a práctica de sacralizar signos e lugares pagáns ou de santificar acontecementos con este símbolo. Os canteiros máis ilustres de cada época plasmaron os seus mellores oficios neste singular monumento que fala por si mesmo da relixiosidade dun pobo que soubo expresar a súa fe, amor e medo na cruz de pedra. Pero os cruceiros tamén se criaban en acción de grazas ou para pedir unha curación, un milagre ou para saldar unha débeda ou unha oferta non cumprida co Todopoderoso. Outros levantáronse para lembrar feitos tráxicos, unha morte, un crime... Pero tamén lembrando feitos históricos ou a suposta aparición da Santa Compaña. Por sagrado que era, convertía en sagrado o lugar onde estaba colocado. Rezando diante del gañábanse indulxencias, cando a Igrexa así o prev

BO NADAL e PRÓSPERO ANINOVO 2023

Imaxe
DESCUBRINDO A HISTORIA DE CATOIRA desexa unhas boas festas acompañados dos vosos seres queridos con incontables historias para compartir.