Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

O PETRÓGLIFO DA NAVE DO CONCELLO (CATOIRA).

Imaxe
  O petróglifo da nave “desaparecido”. Esta é a historia dunha pedra cun petróglifo que como boa historia ten varias versións e un argumento que atrae dende a primeira liña. 20 ANOS ATRÁS A primeira versión é que fai 20 anos en Dimo ou Coaxe o camión da basura do concello bateu cunha pedra que desprendeuse dun cruceiro, ou dun muro, posto que o camiño eran tan estreito que costaba virar. A pedra que desprendeu tiña un gravado rupestre e decidiron gardalo a bo recaudo nunha nave do concello que era da antiga CEDONOSA, para elo axudáronse dunha grúa. Nave do Concello, antigamente era da CEDONOSA. A outra versión é a mesma pero que o petróglifo estaba en Catoira de arriba. Unha vez na nave deixaron a pedra no lado esquerdo da porta e a estudiaron, sábese diso porque tiña marcas de tiza que era moi habitual naqueles tempos para marcar os gravados e fotografíalos ben. Hoxe en día é unha práctica prohibida. Posteriormente, foi esquecido. Petróglifo cás marcas de tiza. ANO 2022