Publicacións

DIEGO XELMÍREZ: O MAIOR LADRÓN DO SXII. CATOIRA.

Imaxe
  O arcebispo Xelmírez  robou catro reliquias da Igrexa de Braga (Potugal). Esta é a historia do Arcebispo Diego Xelmírez impulsador da reconstrución de As Torres (Catoira), ordenou a escritura do Códice Calixtino, entre outras máis cousas, pero tamén foi un gran ladrón que, mentras daba a misa cunha man, roubaba santos cá outra.  O Arcebispo Xelmírez sempre manifestou que o castelo de As Torres de Catoira ( Castelum Honestum)  era un dos seus lugares preferidos e onde inspirábase para realizar as máis grandes proezas.  Castelo As Torres, www.turismoenxebre.com Quen sabe se alí orquestrou un dos maiores roubos máis ousados da historia relixiosa : o roubo de catro Santos da Igrexa Católica da Archidiócesis de Braga (Portugal), a súa gran rival pola supremacía galaico-portuguesa. Dous anos despois de ser nombrado Obispo, Diego pon en marcha o seu plan: INICIO Ano 1102, Diego Xelmírez parte á cidade de Braga, onde é cálidamente recibido por San Geral...

A LENDA DO RÍO DE BARRAL. CATOIRA.

Imaxe
 Unha lenda de Barral transmite oralmente un "algo" do río da zoa. Mapa da zoa de Barral regado polo río de Catoira e o Rego de San Cibrán. A miña tía avóa contaba que había un "algo" nesa zoa, non sabe o qué pero posiblemente moi relacionado cós mouros e veciños prehistóricos.  Unha veciña comenta que a súa nai nas noites de inverno contaballe a historia un cabalo menudiño, tan menudiño que parecía un potriño raquítico. Os veciños contaballe que era tan pequeno que só cabía unha persoa encima pero si había máis persoas "maxicamente" alongabase para abarcarlos. Era unha cousa increíble! Pero ayyyy!! si o cabaliño metíase na auga... DESAPARECÍA!! Estaremos ante a posibilidade dun gravado rupestre local dun posible cabalo ou cérvido? Estará tan preto da auga que cando sube o caudal "desaparece" da vista? Cervos "Os Campiño", Abalo. Catoira. Realmente, este posible gravado estaría moi preto do petróglifo de Barral unhas grandes laxes con d...

MARUXA

Imaxe
  Cando unha persoa morre, morre con ela unha parte da historia. Eu quedo cá tranquilidade de recuperar as historias de Maruxa, a miña tía avoa: - de cativa xogaba cás uvas e facía zume nos petróglifos de Barral e despois o bebía grazas as follas que facían de cuncas, pasaba moita fame e os xogos axudaba a esquecela. - un "algo" prehistórico que había preto da pontella de Barral (encántame os "algo" son sinónimo de búsqueda en documentos antigos, mapas e na transmisión oral). - a cantiga da súa zoa que apenas coñecíase e deixo o vídeo para recodala na historia de Catoira. Dou fé que a veciñanza de Trasdaveiga son xente verdadeira e de confianza. Maruxa, que a terra sexa leve e si existe o ceo saúda ós meus avós quenes coma tí transmitiron a historia local. Picar no seguinte enlace: VÍDEO DE MARUXA

A ROMERÍA SAN CIBRÁN DE CATOIRA.

Imaxe
  Antigamente, a romería de San Cibrán celebrabase un lúns porque 50 días despois da Pascua é o Pentecostés. A fábrica da Cedonosa daba o día libre ós seus empregados, posteriormente, só daba a tarde libre, ata que finalmente decidiron non dar máis días libres o lúns , isa é a razón pola que a romería de San Cibrán pasou para o día anterior. Texto extraído do libro "Aquela xente de Catoira" de Pepe Dios. A romaría de San Cibrán, que era no a lúns e data de moito antes, seguía a súa marcha con normalidade. As industrias de Catoira paraban. As mozas de Dimo estreaban un vestido ou unhas zapatillas. Xa se comía arriba. Poñían carro os de Maquieira, Adelaida. José de Guillán, Aurelia (mesmo servía marisco). Nunha ocasión actuaba a antiga Banda de Catoira baixo a batuta do señor José de Gracia, e non sabían máis de tres ou catro pezas Por iso cando un dos músicos lle preguntou "¿Cal lle botamos agora?" o director contestou "A mesma pero algo máis cargada de bombo”. ...

AS INSCRICIÓNS DA ERMITA DE SAN CIBRÁN (CATOIRA).

Imaxe
  No entorno da ermita de San Cibrán de Catoira hai tres inscricións. DINTE DA ENTRADA DA ERMITA No dintel da entrada que da á espadaña (onde ía a campá) hai unha inscrición da que é un misterio saber o que pon. Grazas a un programa informático que construe un mapa en 3D a través dunha serie de fotografías visualizase mellor pero sen conseguir que pon ó 100%. Megaliticia, que foi quen fixo os mapas 3D, deduce que pode poñer esta inscrición, sen embargo é moi extraño pois parece que hai dúas inscricións sobreescritas. Un misterio máis dos que acontence en Catoira! UBICACIÓN:  https://goo.gl/maps/ViTGk9y9hZRyJh3n9?coh=178571&entry=tt CRUZ NA ERMITA Arriba á esquerda do dintel da inscrición hai unha cruz. A cruz está situada no círculo amarelo. O círculo verde é o dintel da entrada. CRUZ NO CHAN Esta cruz sempre a recordo todolos anos porque ensinouma o meu avó José Manuel Conde Touriño era moi importante para él, así que sempre que vou á carballeira de San Cibrán achegome a ...

A CAMPÁ DA ERMITA DE SAN CIBRÁN DE CATOIRA.

Imaxe
Un temporal destruiu o campanario da ermita de San Cibrán. No ano 1913 un temporal derrumbou o campanario e varios carballos e castaños remataron no tellado da ermita.  Así o contan as crónicas do periódico rexional, primer diario de Vilagarcía: no 15 de outubro do 1913. "Dicen de Catoira que un fuerte ciclón derrumbó el campanario de la ermita de San Cibrán del Monte, de la parroquia de Dimo, llevando a una distancia de más de diez metros las piedras. Desgarró también unos diez corpulentos robles y castaños y arrancó cuatro conduciéndolos a más de doce metros de distancia y dejando algunos en la cima de la ermita de la cual llevó parte de la techumbre." Posteriormente, a campá foi remplanzada por outra no 1957. Actualmente, esta gardada a bo recaudo para evitar o seu robo e no seu traslado debeu perderse o seu badalo.  Nun futuro sería xenial estudiar a posibilidade de que volva a soar a campá no día de San Cibrán que é o domingo de Pentecostés. A campá da ermita de San Cibr...

O PETRÓGLIFO DA NAVE DO CONCELLO (CATOIRA).

Imaxe
  O petróglifo da nave “desaparecido”. Esta é a historia dunha pedra cun petróglifo que como boa historia ten varias versións e un argumento que atrae dende a primeira liña. 20 ANOS ATRÁS A primeira versión é que fai 20 anos en Dimo ou Coaxe o camión da basura do concello bateu cunha pedra que desprendeuse dun cruceiro, ou dun muro, posto que o camiño eran tan estreito que costaba virar. A pedra que desprendeu tiña un gravado rupestre e decidiron gardalo a bo recaudo nunha nave do concello que era da antiga CEDONOSA, para elo axudáronse dunha grúa. Nave do Concello, antigamente era da CEDONOSA. A outra versión é a mesma pero que o petróglifo estaba en Catoira de arriba, preto da Finca "A Capela", lugar onde atopouse a Ara Romana, os sarcófagos do SV, muíños de man, ... A veciñanza comenta que o petróglifo entorpedecía ó ensanche da carretera e se non quitaban a pedra quedaría no medio, así que decidiron gardalo na nave. ACTUALIZACIÓN 17/04/2025. Esta última versión é ...