DIEGO XELMÍREZ: O MAIOR LADRÓN DO SXII. CATOIRA.
O arcebispo Xelmírez robou catro reliquias da
Igrexa de Braga (Potugal).
Esta é a historia
do Arcebispo Diego Xelmírez impulsador da reconstrución de As Torres (Catoira),
ordenou a escritura do Códice Calixtino, entre outras máis cousas, pero tamén
foi un gran ladrón que, mentras daba a misa cunha man, roubaba santos cá
outra.
O Arcebispo
Xelmírez sempre manifestou que o castelo de As Torres de Catoira (Castelum Honestum) era un dos seus
lugares preferidos e onde inspirábase para realizar as máis grandes
proezas.
Dous anos despois
de ser nombrado Obispo, Diego pon en marcha o seu plan:
INICIO
Ano 1102, Diego
Xelmírez parte á cidade de Braga, onde é cálidamente recibido por San Geraldo,
Obispo da cidade, ignorando as verdadeiras intencións da visita.
Dí que sí
Diego!
Sen embargo hai que ter en conta que no SXII os peregrinos veneraban as igrexas que contiñan reliquias de santos, deixando unha economía importante ó seu paso. E moi posible que Xelmírez, gran estratega, quería as reliquias na Catedral de Santiago de Compostela para atraer ó maior número de peregrinos e ter máis poder dentro da Igrexa Católica. Este xesto creou unha fenda moi grande e malas relacións con Braga.
Unha vez cás
reliquias a comitiva e Xelmírez deixan atrás as terras de Braga e emprenden o
camiño de regreso onde tivo noiticia de que en Braga formouse un gran revuelo
cando descubriron a desaparición das reliquias.
Tiveron claro que
de milagre nada de nada!
Unha vez que
detectaron os roubos, Diego crea unha maniobra de distración: confía as
reliquias a un dos seus acompañantes para que adiantarase con elas, as custodie
e as poñan en bo recaudo en Tui, metras él seguía e actuaba cá conciencia
tranquila e sen remordementos no seu camiño ata Compostela sen despertar
sospeitas posto que presentabase ante calquer enviado de Geraldo coma un
honesto obispo que tras rezar nas igrexas de Braga volvía inocentemente a súa
dióceses.
COBERTURA DIVINA
Está documentado un milagro polo cal o Obispo Geraldo tería que aceptar a derrota: a persoa que custodiaba os restos tivo unha dificultade no río Miño que durante tres días duras tormentas non permitía ser atravesado por ningunha embarcación, pero unha vez que as reliquias foron colocados na beira, o río sentiu respesto hacia elas e nese momento calmou a forza do vento e amainou a tormenta polo que atraveraron sen dificultade na planice e tranquilidade das augas.
Unha vez reencontrada cás reliquias fixo unha nova estratexia que consistiu que os seus mensaxeiros adiantaranse á cidade compostelán e anunciaran a inminente chegada das reliquias dos santos e prepararan un gran recibimento á súa fazaña.
O 19 de decembro de
1102 Xelmírez, ó fronte da comitiva formada por unha gran multitude foi
recibido con emotividade en Milladoiro e dalí procesionou ata a Catedral onde
depositaba os restos a excepción do de Santa Susana.
Diso nada monada,
pensou Xelmírez!
VINGANZA
Braga quixo
vingarse da ofensa e fíxose cá cabeza de Santiago en Xerusalén,
desta maneira Xelmírez xamais tería o corpo do Apóstol completo. Sen embargo,
cometeron un erro, a cabeza que estaba en Xerusalén no era a do Apóstol
Santiago, senón a de Santiago Alfeo.
Estaba claro que
non documentaban nin catalogaban ben as reliquias daquela!
Dona Urraca fíxose
cá cabeza e dona a Xelmírez.
Agora a cidade de
Santiago non tiña unha cabeza, tiña dúas, aínda que de dous Santiagos
diferentes.
Non querías unha
cunca de caldo? POIS TOMA DÚAS!
DESENLACE
Santa Susana acabaría converténdose en co-patrona de Santiago de Compostela.
En 1966 O Cabildo de Santiago devolveron a San Fructuoso a Braga no 1966;
posteriormente, Santa Susana, San Cucufate e San Silvestre permanecerían na
Catedral e na capela das reliquias ata que foron devoltos á Igrexa de Braga, en
tres urnas de plata, en 1994, 892 anos despois!!
Quen sabe!, ó
mellor no ceo o Papa Pascual II insistía a Xelmírez a devolución das reliquias
e este por non aturalo na eternidade...
Texto e imaxes extraídas:
http://www.tradicioncatolica.com/11-de-agosto-san-tiburcio-y-santa-susana/
http://www.divvol.org/santoral/?s=0120
https://elpais.com/diario/2001/10/06/ultima/1002319201_850215.html
https://tui.gal/es/turismo/vive-e-conoce/rio-mino
Comentarios
Publicar un comentario