MARUXA

 


Cando unha persoa morre, morre con ela unha parte da historia.

Eu quedo cá tranquilidade de recuperar as historias de Maruxa, a miña tía avoa:
- de cativa xogaba cás uvas e facía zume nos petróglifos de Barral e despois o bebía grazas as follas que facían de cuncas, pasaba moita fame e os xogos axudaba a esquecela.
- un "algo" prehistórico que había preto da pontella de Barral (encántame os "algo" son sinónimo de búsqueda en documentos antigos, mapas e na transmisión oral).
- a cantiga da súa zoa que apenas coñecíase e deixo o vídeo para recodala na historia de Catoira. Dou fé que a veciñanza de Trasdaveiga son xente verdadeira e de confianza.

Maruxa, que a terra sexa leve e si existe o ceo saúda ós meus avós quenes coma tí transmitiron a historia local.


Picar no seguinte enlace: VÍDEO DE MARUXA

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA