A LENDA DO RÍO DE BARRAL. CATOIRA.
Unha lenda de Barral transmite oralmente un "algo" do río da zoa.
A miña tía avóa contaba que había un "algo" nesa zoa, non sabe o qué pero posiblemente moi relacionado cós mouros e veciños prehistóricos.
Unha veciña comenta que a súa nai nas noites de inverno contaballe a historia un cabalo menudiño, tan menudiño que parecía un potriño raquítico. Os veciños contaballe que era tan pequeno que só cabía unha persoa encima pero si había máis persoas "maxicamente" alongabase para abarcarlos. Era unha cousa increíble!
Pero ayyyy!! si o cabaliño metíase na auga... DESAPARECÍA!!
Estaremos ante a posibilidade dun gravado rupestre local dun posible cabalo ou cérvido? Estará tan preto da auga que cando sube o caudal "desaparece" da vista?
Realmente, este posible gravado estaría moi preto do petróglifo de Barral unhas grandes laxes con diversas coviñas de moitos tamaños. Esta posibilidade non sería extraña pois moitas veces grupos de petróglifos están pretos uns doutros.
Mouros, cabalos, petróglifos van da man nun mundo onde as lendas misturase cá realidade.
Textos e imaxes extraídas de:
www.obaixoulla.gal
Maps Google.
Comentarios
Publicar un comentario