Publicacións

O CRUCEIRO DE BARRAL E A TRASNADA NO NADAL

Imaxe
Na zoa do Barral, parroquia de Catoira, preto da Igrexa de San Miguel de Catoira hai un cruceiro. Cruceiro de Barral.   Un cruceiro  é un dos símbolos máis representativos de Galicia e hai case sete séculos que comezou a estenderse a práctica de sacralizar signos e lugares pagáns ou de santificar acontecementos con este símbolo. Os canteiros máis ilustres de cada época plasmaron os seus mellores oficios neste singular monumento que fala por si mesmo da relixiosidade dun pobo que soubo expresar a súa fe, amor e medo na cruz de pedra. Pero os cruceiros tamén se criaban en acción de grazas ou para pedir unha curación, un milagre ou para saldar unha débeda ou unha oferta non cumprida co Todopoderoso. Outros levantáronse para lembrar feitos tráxicos, unha morte, un crime... Pero tamén lembrando feitos históricos ou a suposta aparición da Santa Compaña. Por sagrado que era, convertía en sagrado o lugar onde estaba colocado. Rezando diante del gañábanse indulxencias, cando a Igrexa a...

BO NADAL e PRÓSPERO ANINOVO 2023

Imaxe
DESCUBRINDO A HISTORIA DE CATOIRA desexa unhas boas festas acompañados dos vosos seres queridos con incontables historias para compartir.  

A Fonte da Avenida Ponte. Catoira.

Imaxe
BUSCASE INFORMACIÓN SOBRE A FONTE: Ano da súa creación. A quen pertence. Por que foi creada. Tiña unha placa? Que aconteceu con ela? Historias, anécdotas, ... Fontos antigas da fonte. ... Na Avenida Ponte (Catoira), no cruce onde está o Bar Canguro hai preto da acera unha fonte sen catalogar. https://goo.gl/maps/8J2Wz2dmansUymdG7 As testemuñas din que quixeron facer a carretera por enrriba e desa maneira desaparecer a fonte pero debido a súa presencia iso non aconteceu. A fonte é de un só caño, e ten dous buratos onde posiblemente habería unha placa ou inscripción, ignoro se ten un abrevadeiro posto que na súa base hai unha profundidade de máis dun pé de auga. Calquera información será ben recibida. Graciñas.

A fonte desaparecida de A Estación. Oeste. Catoira.

Imaxe
  https://atopo.depo.gal Antiga fonte có símbolo da JONS. Así estaba a Fonte da Estación nos anos 1980, a carón da casa de Abel. Vese as marcas do antigo teito cónico. Ata finais dos anos 80 había unha fonte na curva da Estación, onde a chamada casa de Abel e preto do antigo comercio de Elisa Guillán. Fotografía ampliada de Pasarín. Fotografía: Pasarín. No medio da fotografía aparece o teito cónico da Fonte. Ó lado da fonte había un camiño estreito coñecido como  “camiño de vacas” do que só pasaba un carro de ganado, do cal quedaba moi estreito para os novos vehículos máis anchos polo que fixeron uns arranxos para amplialo quitando o teito e a mesa deixando só a fonte. A fonte tiña dous canos que botaban auga de miudiño, unha especie de mesa con repisa (onde apoiar as tinas, lavar a roupa ou descansar), un teito cónico rectangular de uralita(¿????) apoiado en catro columnas e unhas escaleiras para acceder. Na parede aparece o símbolo do JONS ( Juntas de Ofensiva Nacional-Sind...

OS IRMANDIÑOS E O CASTELO AS TORRES DE OESTE (CATOIRA)

Imaxe
Durante o SXV o Castelo As Torres (Catoira) sufre o ataque da chamada Segunda Guerra Irmandiña (1467-69) que danou o prestixio de inexpugnabilidade das Torres de Oeste pero o principio da fin para o principal complexo arqueolóxico e histórico de Catoira iniciouse nos tempos dos Reis Católicos, nos derradeiros anos do século XV, o cal o enclave perdeu o seu valor estratéxico e deu comenzo á súa decadencia despois de milenios de prestixio, o ser valoradas como unha ameaza das forzas locais contrarias o centralismo e absolutismo do Estado moderno. A Revolta dos Irmandiños foi unha auténtica revolución social que tivo lugar en Galicia entre 1467 e 1469, e considerase por algúns historiadores como unha das máis potentes de toda Europa do século XV. A principios da primavera do 1467 en Galiza, surxe unha situación de grave conflictividades socio -  económica, (hambruna, brotes epidémicos e grandes abusos por parte da nobleza galega (ávida por gañarse o favor da Iglesia cá compra de fav...