No ceminterio de Oeste existe unha placa dedicada a un anxo que finou moi cedo. Lápida ANTECEDENTES O 6 de decembro do 2025, na igrexa de Santa Eulalia de Oeste, os campaneiros Fernando Rial e José Manuel Castro tocaron as súas campás para celebrar o 3ª aniversario de que o toque manual das campás foi declarado Patrimonio Inmaterial da UNESCO. Foi a única igrexa en toda Galicia que o fixo. Máis información pinchando neste enlace: https://www.facebook.com/groups/1449865955271370/permalink/4237582049833066/ A curiosidade desta autora fixou os seus ollos nunha lápida precintada no cemiterio e cando preguntou a resposta foi que estaba ó aire porque o terreno estaba cedendo. Achegueime e acordei dun proxecto moi bonito que están facendo unha recopilación de lápidas en galego. Observando o lugar enfrente estaba a plaquiña dedicada ó anxeliño Juanitiño e os seus catrocosteleiros. Proxecto NEO: https://datawrapper.dwcdn.net/4HeuT/115/ Igrexa de Santa Eulalia, en círculo amarelo o lugar da lápi...
Pasou o día, pasou a Romería, e os ecos do son dos cornos dos vikingos resoan aínda en As Torres. Pero, como foi o primeiro desembarco? Se vos digo que que unhas camisetas de baloncesto tiveron algo que ver, credelo? Tiven o gran honor de falar cun vikingo dese primer desembarco, Juan Manuel García Rubio e con él viaxamos ó ano 1968. PRIMEIRO DESEMBARCO NA VIKINGA DO 1968 Corría o luns 29 de xullo do 1968 e Juan Manuel García Rubio, que formaba parte da Comisión de Festas, preguntou a Castaño (xefe da Cedonosa e presidente de dita Comisión de Festas): - e porque en vez dunha romería campestre non facemos un desembarco vikingo? A Castaño encántoulle a idea e comentouno con Don Manuel que era o dono da antiga Cedonosa. Don Manuel e Castaño gustoulles o plan e foron buscando xente para que foran de vikingos, a xente non estaba moi para a labor así pois cá conta atrás moi axustada e posto que estaban a 6 días da Vikinga comenzaron a chamar ós que ían formar parte d...
A RODA DE CATOIRA A historia dunha roda na que unha pequena mostra viaxou a Alemania para averiguar que data do 1720 a .C. Un segundo "vistazo" asombrou a opinión profesional e pública. ANTECEDENTES O 2 de marzo de 1965 no leito do río Ulla, atopouse unha roda, fronte a un serradoiro nun lugar chamado “O Regueiro” a 100 metros das Torres de Oeste, un pouco hacia a beira dereita, enterrada por dous metros de área e que na baixamar ten enriba de si un metro de auga. LUGAR DO ACHADO Foi descuberta por Don Jesús Rodríguez, fillo de Don Emilio Rodríguez Rañó, veciños de Catoira e areéiros de profesión, sendo ademais propietarios do Bar “Casa Emilio” de Catoira. A roda foi levada á casa de dito señor, e estivo alí ata que chegou ós oídos de Joaquín María Perfecto Lorenzo Fernández, grazas ó poeta e arqueólogo Don Luis Bouza Brey e Trillo. Joaquín María Perfecto Lorenzo Fernández Don Luis Brouza Brey e Trillo. Nun principio a roda parecía fosilizada e mostrando os presentes gran ...
Comentarios
Publicar un comentario