OS IRMANDIÑOS E O CASTELO AS TORRES DE OESTE (CATOIRA)



Durante o SXV o Castelo As Torres (Catoira) sufre o ataque da chamada Segunda Guerra Irmandiña (1467-69) que danou o prestixio de inexpugnabilidade das Torres de Oeste pero o principio da fin para o principal complexo arqueolóxico e histórico de Catoira iniciouse nos tempos dos Reis Católicos, nos derradeiros anos do século XV, o cal o enclave perdeu o seu valor estratéxico e deu comenzo á súa decadencia despois de milenios de prestixio, o ser valoradas como unha ameaza das forzas locais contrarias o centralismo e absolutismo do Estado moderno.

A Revolta dos Irmandiños foi unha auténtica revolución social que tivo lugar en Galicia entre 1467 e 1469, e considerase por algúns historiadores como unha das máis potentes de toda Europa do século XV. A principios da primavera do 1467 en Galiza, surxe unha situación de grave conflictividades socio -  económica, (hambruna, brotes epidémicos e grandes abusos por parte da nobleza galega (ávida por gañarse o favor da Iglesia cá compra de favores), e político. A santa Irmandade, (aturorizada por Enrique IV de Castilla) nace para transformar e apoiar esta revolta como consecuencia de todo o resentimento e agravio ó pobo por parte da nobleza galega, tanto civil como eclesiástica.

Enrique IV de Castilla.

Nos derradeiros anos da Baixa Idade Media as Torres de Oeste seguían servindo ó señorío episcopal compostelán, pero perderán o seu carácter inexpugnable, sufrindo o ataque dos Irmandiños de Santiago e Padrón, que as danarán de gravidade despois de ter destruído outros castelos e defensas, como as principais Torres de Compostela e a fortaleza da Rocha (Milladoiro). As irmandades dirixíronse ás Torres de Oeste, emblema do poder señorial compostelán, e «las destruyeron con pedreros que en ese caso alugaron». Posteriormente, dirixíronse ó castelo Rocha Branca en Padrón.


Sobrino Buhigas, Carlos
(1885 - 1978) Debuxante.

 A racionalizada maquinaria administrativa e militar, ó servicio do poder político da nova monarquía hispánica, non podía consentir que o vello castelo de Oeste converterase nun bastión contrario ós intereses da nova orde. Coa execución, en 1483, na Praza Maior de Mondoñedo, do mariscal Pardo de Cela, a sistemática destrución ou dano das fortalezas aristocráticas de Galicia e a vitoria contra os partidarios de Juana “a Beltranexa”, a nobreza galega non tivo máis remedio que participar activamente nas empresas auspiciadas desde a Coroa.

As violentas accións vividas nas Torres de Oeste nos últimos anos do século XV, relatadas polo Cardeal Jerónimo del Hoyo a principios do século XVII, algo máis de cen anos despois do maltrato de tan nobres muros, dan as claves da súa neutralización: 

 «Estas torres, por ser tan fuertes, las mandaron derribar en su tiempo los Reyes Católicos, porque algunos natura les se hacían poderosos con ellas saliendo a robar la tierra y hacer otros daños y bolviéndose a las dichas torres en que se fortalescian y defendian, porque nadie les fuese a la mano ni quitase las presas ni reparase en los daños que hacian».

A partir deste ataque xa non se intentou a súa reconstrución, por falta de interese estratéxico e político. O nome de Oeste xa non aparece no reconto das fortalezas de Galicia de 1603, recollido por Martínez Salazar. Nesa data, o castelo de Torres de Oeste fora desarmado, deshabitado, parcialmente derruído e abandonado.


 PLEITO TABERA – FONSECA

Có nombramento, o 26 de abril de 1524, de Alonso III de Fonseca como prelado de Toledo, ocupou o seu anterior cargo como arzobispo de Santiago Juan Tabera dende o 12 de octubre do mesmo ano.

Ó pouco tempo, o 26 de decembro de 1525 o xoven arzobispo reclamoulle a Fonseca dez millóns de maravedís (se non me equivoco serían 1.800.000€ actualmente) como indemnización polos danos sufridos nos castelos e casas pertenecentes á mitra compostelá durante os gobernos de Alonso II de Fonseca e o propio Alonso III; estes danos foron consecuencias das revoltas irmandiñas, e dos enfrentamentos de Alonso II cós seus inmigos e o posterior descoido dos Fonsecas ó non arranxar o dañado a diferencia do que sí fixeron moitos señores galegos nesas datas.

O litixio pola propiedade dos castelos da mitra compostelá fixo que os escribanos e notarios do templo puxesen por escrito as declaracións de octo e nonaxenarios que viran cós seus propios ollos os castelos en todo o seu esplendor. 

Tabera e Fonseca intentaron delimitar neste preito a responsabilidade e obrigas dos prelados composteláns en relación coas antigas fortalezas señoriais derrocadas en 1467. Por iso, cada unha das dúas partes implicadas no proceso presentaron cadansúas listas de testemuñas , ás que se lles fixeron as preguntas contidas en cada un dos distintos interrogatorios elaborados polos procuradores de ámbalas dúas partes enfrontadas . Tanto a Rocha Branca de Padrón como as Torres de Oeste (Catoira) e a Rocha Forte, ó carón de Santiago, foran abandonadas por Alonso de Fonseca III en 1469, e seguían nese mesmo estado de abandono a comezos do século XVI, convivindo con outras que foran parcialmente restauradas -aínda que non o suficiente segundo a argumentación de Tabera- e incluso outras que, debido ó seu emprazamento estratéxico, foran obxecto dunha planificada e ben calculada reconstrución .

Arzobispo Alonso III de Fonseca

Cardenal Tabera

Nas probanzas recolléronse as declaracións de 183 persoas, datadas entre 1526 e 1527, sobre os sesenta anos anteriores á destrución das fortalezas.

No libro “Las fortalezas de la Mitra Compostelana y los “Irmandiños” – II” de Ángel Rodríguez González recolle as declaracións de preto de douscentos testigos que presenciaron, oíron dos seus parentes ou tomaron parte no conflito. Aparte de elo e do clima histórico que presenta das loitas nobiliarias, o libro comprende tamén unha descrición das numerosas fortalezas galegas que foron derrocadas durante esas loitas. É fonte indispensable para a comprensión da historia galega del século XV.



“Como es natural "andaban todos armados" con espadas, lanzas, ballestas, escudos y otras armas. La  gente común se proveía de las armas blancas que eran usuales en aquel tiempo, con las cuales era llamada a servir militarmente a sus señores en las guerras feudales. También disponían los ejércitos irmandiños de artilleria: las tradicionales catapultas o trabucos, y asimismo bombardas o lombardas, cañones primitivos que funcionaban con pólvora. En algún pregón insurreccional se llega a convocar a los vasallos insurrectos con "armas y  martillos y picos y derrocar fortalezas"; a ben seguro a finalidade das ferramentas de cantería non era outra que a consigna citada de que non quedase despois pedra con pedra das fortalezas acometidas. Ó final, as presas en ver caer as pedras e a inexperiencia, cóbranse as súas vítimas; os de Padrón chegan a alquilar uns pedreiros para botar abaixo as Torres de Oeste, pese a elo: "cayeran las piedras e les quebraran las piernas e los llebaban en carros", claro que "agora los be hestar derrocados", añade o informante de 1527, un labrador de San Pedro de Dimo chamado  Juan Torrado de San Salvador de Catoira, parroquia de Catoira. Hai que resaltar que San Salvador de Catoira pertencía nun principio á parroquia San Pedro de Dimo, o cal o documento refírese onde vivía nese momento Juan Torrado.

 Outros testimonios mencionan o castelo As Torres:

  • "Como en el caso de la Rocha parece que los ataques irmandiños a los castillos se resuelven casi sin variaciones por el bombardeo60, ya que la situación de bloqueo se resuelve con relativa rapidez; como dice un testigo: “…los dichos alcaldes y gente de la dicha hermandad e ansimismo vido que çercaran la rocha para la derrocar y ansi la bio derrocada…” (PTF: 556). 
Una vez tomada la fortaleza, como ya dijimos, o se mantiene un tiempo o se destruye. Para ello se sustituyen ciertas piezas clave del lienzo del muro en su parte inferior por algún material inflamable, generalmente estacas de madera, se prenden fuego y se espera a que caiga. Si es necesario se contrata canteros profesionales, como en el caso de las Torres do Oeste."
  •  “... e dize este testigo que le pareçé que las dichas Rochas no heran muy probechosas para na sancta Iglesia de Santiago ni tampoco las torres de Este..”
 "...porque dize que oio dezir que heran grandes fortalezas como quiera quel testigo no las bio llebantadas ni los castillos do Este e queste testigo no sabe por que causa o no el dicho señor Patriarca las dexo de levantar.

Dice que todo lo que ha dicho es verdad, afirmandose en ello y firmandola en su nombre. Joan Gonçalez. –El Lincenciado Mohedano. El Licenciado Simon Rodriguez. 

  •        “Vecino de la ciudad de Betanzos. Testigo por parte de Fonseca.Consieda ser de 80 años y que se acordaba de 70 mas o menos.
... Asimismo tuvo noticia de las fortalezas de Rocha fuerte de Santiago e Rocha Blanca de Padron <<porque el testigo las vio y paso a par dellas y tiene notiçia del castillo do Este>>.
  • ·       “vecino de Pontevedra de 38 años y acordandose de 26. Presentado por la parte de Fonseca para las preguntas 1ª y 4ª.

...<<Sabe e tiene notiçia de la sancta Iglesia de Santiago e de la torre de la plaça de la dicha çiudad e de los plaçios arçobispales y de la fortaleza de Lobera y te las torres de la villa de Pontevedray de las torres de Padron y de Caldas de Reis y del Tapal de Noia e las torres de Este e que (folio 1334) las sabe porque las a visto y estado en ellas ..””

  • ·       “... e que los dichos pasajes de mantenimiento se seguram del dicho castillo e que si el dicho señor Patriarca no llebanto las dichas Rochas y castillos d’Oeste ni que causa se tubo para no hazerlo quel testigo no save.”
  • ·       “... pero que le pareçse questando el castillo de Loreba llevantado muy poco inporta el castillo d’Oeste por estar en ria y esta ençima Lobera...”
  • ·       “RUY FERNANDEZ, el Viejo platero. Vecino de Santiago...Sabe tambien de las Torres d’Oeste <<y las vio derrocadas como agora estan ...>>”
  • ·       “JUAN PEREZ DO CASAL ...Sabe y tiene noticia...torres del Oeste...”
O 28 de xaneiro do ano 1534 o arzobispo Fonseca reafirmase na súa posición inicial pero acepta facer o pago de 200.000 maravedís (Se non me equivoco serían 36.000€ aproximadamente na actualidade).

Este pago non chegaría a realizarse xa que Fonseca morre o 4 de febreiro do mesmo ano. Juan Tabera foi presentado para ocupar a sede toledana que deixa vacante polo que as diferencias no pagado desvanecense definitivamente.

 Textos extraídos de:

http://www.turismoenxebre.com/2010/08/torres-del-oeste-de-catoira.html

https://www.h-debate.com/wp-content/old_debates/cbarros/spanish/revuelta.htm

https://foros.xenealoxia.org/viewtopic.php?t=3235

http://www.coag.es/descargalibroscoag/V-004_SC-A_3_HQ_OCR.pdf

https://es.wikipedia.org/wiki/Pleito_Tabera_-_Fonseca

https://rochaforte.santiagodecompostela.gal/relatos/timeline/preito-tavera-fonseca/?lang=es#los-documentos

https://www.nuevatribuna.es/articulo/historia/las/20180216141210148616.html 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA