A Fonte da Avenida Ponte. Catoira.



BUSCASE INFORMACIÓN SOBRE A FONTE:

  • Ano da súa creación.
  • A quen pertence.
  • Por que foi creada.
  • Tiña unha placa? Que aconteceu con ela?
  • Historias, anécdotas, ...
  • Fontos antigas da fonte.
  • ...

Na Avenida Ponte (Catoira), no cruce onde está o Bar Canguro hai preto da acera unha fonte sen catalogar.

https://goo.gl/maps/8J2Wz2dmansUymdG7



As testemuñas din que quixeron facer a carretera por enrriba e desa maneira desaparecer a fonte pero debido a súa presencia iso non aconteceu.


A fonte é de un só caño, e ten dous buratos onde posiblemente habería unha placa ou inscripción, ignoro se ten un abrevadeiro posto que na súa base hai unha profundidade de máis dun pé de auga.


Calquera información será ben recibida. Graciñas.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA