A fonte desaparecida de A Estación. Oeste. Catoira.

 

Antiga fonte có símbolo da JONS.

Así estaba a Fonte da Estación nos anos 1980, a carón da casa de Abel.
Vese as marcas do antigo teito cónico.

Ata finais dos anos 80 había unha fonte na curva da Estación, onde a chamada casa de Abel e preto do antigo comercio de Elisa Guillán.

Fotografía ampliada de Pasarín.


Fotografía: Pasarín.
No medio da fotografía aparece o teito cónico da Fonte.

Ó lado da fonte había un camiño estreito coñecido como  “camiño de vacas” do que só pasaba un carro de ganado, do cal quedaba moi estreito para os novos vehículos máis anchos polo que fixeron uns arranxos para amplialo quitando o teito e a mesa deixando só a fonte.

A fonte tiña dous canos que botaban auga de miudiño, unha especie de mesa con repisa (onde apoiar as tinas, lavar a roupa ou descansar), un teito cónico rectangular de uralita(¿????) apoiado en catro columnas e unhas escaleiras para acceder. Na parede aparece o símbolo do JONS (Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista), o símbolo e o ano 1950 ou 1958.


Vista área da Fonte a partir das testemuñas.

Máis adiante a fonte desapareceu por un novo aumento da carretera, finais dos anos 90, e aproveitouse para canalizada ata a fonte da rá (feita pola Escola de Oficios de Catoira) ata diante da Capela de San Xosé Obreiro . Anteriormente, a auga ía “desembocar” ata a finca de Raño (xusto enfronte da fonte).

A zoa da Estación é moi coñecida polo acuífero que atopase no baixo chan do que as casas circundantes aproveitan e teñen pozos, a fonte é abastecida polo pozo de Elisa Guillán.

A fonte é testemuña do paso da veciñanza e as súas historias das que aínda permanecen na memoria de quenes viviron a súa existencia:

  • Francisca, a panadeira, poñía duas tinas de aluminio para enchelas e así amansar o pan no seu local.
  • As mulleres aproveitaban e lavaban as súas roupas.
  • Os nenos o tiñan como lugar de encontro para xogar ou planificar novas trastadas.
  • Os mesmos rapaces limpaban a menudo a canalización  xa que atascábase e posteriormente ían polas casas pedindo “a vontade” polo traballo feito.
  • Cando o pozo de “Elisa” secábase, a fonte non botaba auga.
  • Diante dela pasaban as bandas de música e a procesión do San Xosé Obreiro que ían ata a Fonte da Estación, xusto có límite de A Avenida.


Fotografía: Pasarín.


Fotografía; Pasarín.
Restaurante: Casa Emilio.
Ó fondo á esquerda vese o teito de a Fonte.

Fotografía: Pasarín.
Procesión San Xosé Obreiro.
A fonte estaría á esquerda, non se ve na fotografía.

Seguro que hai máis historias que pouco a pouco sairán do esquecemento da memoria.

Coordenadas da antiga Fonte da Estación:

42.671289, -8.724952

https://goo.gl/maps/aBektneKEzePYuW99

Actualmente, sen a Fonte.

Coordenadas da Fonte da Rá:

42.67179031896976, -8.725187844162688

https://goo.gl/maps/FCT9SXGgPQ7FuyD79




Fonte a Rá.

Desembocadura no Peixe.

Sapoconcho, Pinga, Salamandra e ¿Caracol?


TOPONIMIA:

A Estación.

Non figura no nomenclátor de 1910, é un topónimo recente. Ao topónimo A Estación pódeselle asignar con precisión unha data de nacemento: a da inauguración da liña férrea de Santiago a Carril, no ano 1873.

 

Agradecementos por axudarme na publicación desta entrada:

  • A miña familia “Calderilla da Estación”.
  • Teruca "Carniceira da Estación”.
  • Fabián "O Americano".


Bibliografía:

“Aquela xente de Catoira”, Pepe Castaño Dios.

“Memoria de Catoira”, Concello de Catoira.

Fotografías “Pasarín”.

“Toponimia de Catoira”, Gonzalo Navaza.

www.obaixoulla.gal

https://atopo.depo.gal/Record/bib.139748?fbclid=IwAR0mZtO3Mh0xJ4q0nrJr4ftaFdZpTqUSeEFWU7GKIuYQR06yx-zizLklPNY


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA

O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.