RELOXO DE SOL NA IGREXA SAN PEDRO DE DIMO. DIMO.

Fotografiado ás 11 da mañá do día (11 de marzo do 2022).

Na igrexa de San Pedro de Dimo, no lado sur atopase un reloxo de sol da variante rectángulo elaborado que consta das seguintes partes:

- LENDA OU LEMA: frase que fai mención en xeral ó tempo, neste reloxo en concreto non ten.
- GNOMON: varilla que produce unha sombra, neste caso está mal colocado porque está invertido. Estilo polar.
- LIÑAS HORARIAS: neste caso 12 liñas.
- CUADRANTE OU LIMBO: superficie onde dispoñese dos distintos elementos do reloxo: liñas horarias, números,...
- SOMBRA: imaxe escura que proxecta un corpo opaco sobre unha superficie ó interceptar os raios de luz.
- DATA: indica o momento que se construíu o reloxo (si a ten non se distingue).

Partes do reloxo.
ERRATA: non hai números romanos, son números arábigos.

A súa construción descoñézoa xa que non son intelixibles as letras do cuadrante pero pode datar do SXVI xa que os muros e os contrafortes que conserva a igrexa pertencen a esa data.
O reloxo da igrexa está feito de granito, plano e pertence a categoría ortomeridiano que é o máis frecuente da xeografía galega.
Tratase dun reloxo vertical có gnomon orientado ó sur, formando un ángulo cá faz dacordo cá latitude. A liña 12 (non ten que marcar exactamente as 12 do mediodía) cae xustamente en vertical e as horas da mañá e da tarde repártense simetricamente á esquerda e dereita respectivamente formando os ángulos correspondentes.
As medidas do rectángulo son aproximadamente: 70cm. alto e 55 cm. de ancho,
Na parte superior do cuadrante hai unha elaboración triángular, (30cm. de alto aprox.) na zoa superior unha estrela de 6 puntas, debaixo unha cruz cristiá e ós lados motivos eclípticos.
O Gnomon é de estilo polar porque a súa arista superior sería paralela ó eixo da terra, e polo tanto estarianos a indicar o polo norte celeste (máis ou menos onde está a estrela polar).
Pódese dicir que un reloxo de sol e tamén é unha “ especie de rosa dos ventos”.

Medidas.
ERRATA: o ancho do contraforte é de 63 cm.
Importante a ter en conta o desfase entre a hora solar e a hora legal; así pois haberá que sumar unha hora en inverno e dúas para o verán para obter a hora oficial. Tamén hai que sumar a correción en minutos relativa á lonxitude donlugar (neste caso 34) e ademáis sumar ou restar os minutos que corresponden según a ecuación do tempo, que varía cada día do ano (hoxe 12 de marzo hai que sumar 10 minutos). Pero tendo en conta que o gnomon está invertido pode non dar ben as horas.
Reloxo encima do contraforte da Igrexa.

Reloxo e campanario da Igrexa.

O reloxo está situado ó lado da Igrexa.

TOPONIMIA
IGREXA DE DIMO
Divídese en :

IGREXA
O significado do latín ecclesia, do grego ekklésia, "asemblea, sociedade, xunta, congregación", traduce á perfección a estrutura subxacente que pervive dende a época castreña, aínda que só aparentemente transformada nunha institución relixiosa: a comunidade política castreña, baseada sobre a cohesión tribal de clans e familias e posiblemente no seu funcionamento asembleario, ao xeito do þing nórdico.
Defendese, pois, a continuidade da institución política asemblearia do Ferro Final transformada en institución relixiosa cristiá. Podese falar da pervivencia, cando menos inconscientemente, do casco vello [castreño] na memoria comunitaria ao longo do tempo, que quedará reflectida no tempo. ritos e tradicións asociadas a ela así como a concesión de carácter sagrado a dito lugar, no que posteriormente se levantarán en ocasións capelas e igrexas.
O cal ten a súa lóxica porque preto existe o topónimo O Castro.
DIMO
Según informa o cardenal Jerónimo del Hoyo na súa visita a San Pedro de Dimo en 1608, a ermida que daquela había no lugar de San Salvador era a antiga igrexa parroquial. (VER PUBLICACIÓN A FINCA DA CAPELA). Por esta razón identificamos esta freguesía coa que aparece na documentación medieval como San Salvador de Catoira, aínda que só un pormerizado estudo permitiría trazar a historia da parroquia de Dimo e da veciña San Miguel de Catoira, que probablemente compartiron territorio ou viron modificadas as estremas entre unha e outra ao longo dos séculos.
...
O nome de Dimo resúltanos enigmático e para a súa etimoloxía non podemos pasar do ámbito das hipótesis. A falta de documentación antiga anterior ó século XVI, debemos considerar a remota posibilidade de que sexa unha aglutinación da preposición (De + Imo), o que nos levaría a relacionalo con outro topónimo relativamente próximo: Imo, lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, no concello de Dodro, na outra banda do Ulla. Este topónimo aparece na documentación antiga en latín como Sanctum Iulianum de Imio (nese caso, aplicado como denominación alternativa da veciña parroquia hoxe chamada San Xián de Laíño, no mesmo concello de Dodro). Imo é sen dúbida un hidrónimo prerromano. Atopámolo tamén como segundo elemento no nome de Entrimo, en Ourense, que vén sendo un composto onde o hidrónimo vai precedido da preposición inter, de maneira que Entrimo significa `entre ríos´, como corrobora a epigrafía e os textos antigos que dan o nome de interamnienses (ou sexa, `os de entre ríos´) ao pobo situado no territorio do actual Entrimo (Interimio en doc do ano 936).
No caso máis probable de que o D- inicial de Dimo non fose a preposición, cabería igualmente interpretar Dimo como hidrónimo prerromano, neste caso talvez vinculado ao indoeuropeo *DEIWOS, `deus, divino´, e polo tanto emparentado co nome dos ríos chamados Deo, Deva e semellantes (Bascuas 2002, p. 184); Dimo tería entón a mesma orixe ca un río francés chamado na actualidade Dême ( no departamento de Indre-et-Loire), que aparece documentado no século X como fluvius Demium e Dimidium (Dauzat 1982. S.v.) e que remota a unha orixe gala, isto é, céltica.
Ademais do nome da parroquia, está presente esta forma en topónimos menores como O Camiño de Dimo, A Costiña de Dimo, O Agro de Dimo, etc., e tamén nun derivado A Dima.

Texto extraído:
Toponimia de Catoira, Gonzalo Navaza.
Catoira, chave e selo de Galicia, Concello de Catoira.
https://www.obaixoulla.gal/elementos/catoira/obra-civil/reloxo-de-sol-da-igrexa-de-san-pedro-de-dimo
https://reloxosdesol.wordpress.com/2013/09/15/tipos-de-relojes-de-sol/
http://arqueotoponimia.blogspot.com/2018/12/la-relacion-entre-el-toponimo-igrexa-y.html
https://relojesdesol.wordpress.com/codigos-de-un-reloj-solar/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA