MESTRE REPRESALIADO EN DIMO: DON VÍCTOR TOURIÑO LÓPEZ
Don Víctor Touriño López foi un docente que deu clases no colexio de Tarrío (Dimo).
OBXECTIVO
Precisase información deste home no seu paso por Catoira da súa chegada, anécdotas, historias, o día que deixou de dar clases pola sanción en 1936, fotografías, ... calquera información é útil.
INFORMACIÓN ATA AGORA
VIDA E DECESO
Don Víctor naceu en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1898, os
seus pais Cándido e Dolores eran xornaleiros residentes na rúa de San Pedro,
acreditan dita paternidade no certificado de nacemento sito no seu expediente e
faleceu en Santiago de Compostela o 8 de abril de 1995..
Falecemento
ENSINANZA EN CATOIRA
O mestre deu clases no período 1926/1936 ata que foi represaliado e
suspendido de emprego polo réxime, posteriormente foi desterrado a Burgos en
1940. O home rematou na Guarda en 1951 ata a súa xubilación.
No ano 1936 iniciouse o Alzamento Nacional do goberno franquista para
derrocar a II República Española.
Un aspecto do que se sabe pouco é o relativo ós Traballadores da Ensinanza,
que na práctica se limitaba ós mestres de ensinanza primaria. Durante os anos
da II República da agrupación deste sindicato foi moi escasa dentro de Galiza,
moito menos da comarca do Salnés, e case inexistente no municipio de Vilagarcía
de Arousa (só aparece o mestre de Castrogudín, Segundo Abal Padín).
Resulta maior a participación de municipios limítrofes: así, CATOIRA ten
como asociados a Juan González Gómez, Antonio Barreiro Beloy, Francisco Lobato
Castaño e Víctor Touriño López.
SETEMBRO 1936
Don Víctor queda suspendido de emprego
e soldo.
ANO 1940
Confirmase e trasladanno a prisión da provincia de Burgos por sanción.
1958
Indulto polo Tribunal Nacional de Responsabilidades
Políticas.
31 AGOSTO 1965
O BOE publica unha RESOLUCION
da Dirección General de Enseñanza Primaria para la adxudicación dos
diplomas (Directores Distinguido e Maestros Distinguidos.
20 XUÑO DE 1962
O BOE publica ORDEN do 30 de
xuño de 1962 pola que se otorgan ó Magisterio Nacional Primario as vacantes de sueldos
producidas no Escalofón Xeral durante o mes de maio último.
Vacante por xubilación da señora Berlanda,
ııúmıero 1.014, ascienden:
LI. 32.280 pesetas, don Vıctor Taurınü Löpez, número 3.459, Pontevedra.
XUBILACIÓN
Unha vez xubilado publicou artigos para o
libro Festas do Monte, A Guarda e no blog de Páxinas da Guarda:
https://paxinasdaguarda.blogspot.com/2014/08/panorama-cosmico-de-la-guardia.html
https://paxinasdaguarda.blogspot.com/2014/03/la-pesca-deportivo-maritima-con-cana-en.html
A VECIÑANZA DE DIMO
LIBRO HONORÍFICO
A comisión de Festas de Monte Tegra solicita a colaboración da veciñanza de
Catoira para un libro que recorda a este mestre. Precisan información do seu tempo en Catoira: da súa
chegada, anécdotas, historias, o día que deixou de dar clases pola sanción en
1936, fotografías, ... calquera información é útil.
A cambio compartiran a información que se consiga recopilar deste gran home que merece ser recordado.
https://www.facebook.com/reboredootero
Texto extraído:
(Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura:
75/00075 | Catoira (Pontevedra) | Indulto (1958).
https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/22110/SAR_2017_21_art_2.pdf?sequence=2&isAllowed=y
Comentarios
Publicar un comentario