PETRÓGLIFO DA SERPE E MONTE FONTEBECHA. CATOIRA.

O petróglifo da Serpe e Monte Fontebecha teñen relación no 1 de maio (día da exaltación á primavera e Beltaine no calendario celta).

 

O PETRÓGLIFO DA SERPE

Son varias as testemuñas que din que pola zoa dos Muíños de Vento de Catoira (por onde subían as vacas a pastar) hai unha pedra cun gravado dunha serpe. Esta pedra é plana e horizontal có gravado da serpe ben marcado. Este petróglifo conta cunha lenda que indica que si unha persoa ou neno pequeno ten pesadelos só teñen que tumbarse na pedra cá orella apoiada na cabeza da serpe. Cando o pesadelo achegase a serpe silba (Shhhh, shhhhh,... ) e o pesadelo alonxase.



Este petróglifo está desaparecido, aínda que atopouse unha pedra que pode ser a que se refire a lenda non ten as características buscadas: está inclinada e non ten o gravado dunha serpe, un corte da mesma pedra pode indicar a siluleta deste animal pero descartouse xa que é un corte natural.

 

MONTE FONTEBECHA

https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/castros-de-galizagalicia-provincia-de_9.html

 

O Monte Fontebecha, a 369 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. 

A súa orientación posibilita a visión de parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón, Monte Meda, Monte Xesteiras e os vales dos ríos Louro e Valga.  Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.

 

Na súa cima atopase o Castro de Fontebecha: No límite con Setecoros (Valga). Amplo dominio visual sobre o curso baixo do río Ulla. Alterado. 

Como curiosidade nun mapa antigo nesa zoa hai unha fonte desaparecida e un cruceiro. Ademáis, tamén conta na ladeira unha mámoa có nome de FONTESANTA, que xunto con 3 mámoas máis fan do lugar un santuario funerario.

Mapa sinalando as mámoas, o topónimo Fontesanta e o Castro de Fontebecha.


RELACIÓN CO 1 DE MAIO

O 1 de maio coincide cunha das catro festividades do calendario céltico, de tanta influencia en todo o mundo atlántico e cun importante substrato na Galiza. Trátase do Beltaine, que tamén celebra o rexeneramento da natureza, relacionado cá fertilidade.

 

FONTEBECHA

Fonte: significa lugar onde emana as augas e a mámoa de Fontesanta pode indicar que habería algún rito preto.

Becha refirese a serpe, cobra e cóbrega, Animal que ten o poder de rexenerse, de voltar á vida, a vitalidade, o rexudemento, ...

 

POSIBLE RELACIÓN:

Nos muíños de Vento de Catoira, no lugar onde sospeitase que pode estar o petróglifo da serpe, no amanecer do 1 de maio veremos o sol saír xusto por detrás de Fontebecha.

Amanecer en Fontebecha dende os Muíños de Vento de Catoira, o 23 de abril 2024.

Debido á meteoroloxía e compromisos profesionais foi o único día que se pudo facer a fotografía.


Simulacro saído do sol 1 de maio dende o programa Google Earth Pro.

Ase mesmo, hai outra pedra cunha serpe ó outro lado de Fontebecha: o petróglifo da Serpe de Valga.
Pedra da Serpe, Valga. Megaliticia.

A posta do sol do 31 de decembro (hai ter en conta que no calendario celta o marxe dos solsticios e equinoccios son 10 días antes ou 10 días despois) o sol ponse detrás de Fontebecha. O solsticio de inverno indica o final dos días oscuros e o principio do despertar da natureza e as colleitas ó ser o momento que crecen os días.

 
Posta do sol por detrás de Fontebecha dende a Pedra da Serpe, Valga. Á esquerda, o pico máis alto é o Xiabre.


CONCLUSIÓN

Isto podenos indicar que é moi probable que o petróglifo da serpe de Catoira e de Valga có Monte Fontebecha pode ter unha relación. 

Serpe e Becha ten o mesmo significado!

Hai moitas posibilidades que o Monte Fontebecha foi i é un lugar estratéxico que indicaría un calendario natural no que se manifesta a exaltación á vida (maio) e o final dos días curtos i oscuros do ano (solsticio de inverno). 


No ano 2020 o Comenta C/2020 F3 (NEOWISE) deixouse ver como demostra esta fotografía feita en xulio dese ano, quen sabe, ó mellor foi razón de máis para que os nosos veciños prehistóricos fai 6.800 anos reforzaran os montes de Catoira como un lugar excepcional e máxico.

Jorge Fernández Bouzón



Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA

O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.