O Nadal e o Día de Reis en Catoira.

O Nadal remata o 6 de xaneiro e anteriormente celebrabase estas Festas en Catoira de diversas formas.

Unha é decorar a árbore (un pino cortado do monte) con espumillón e papel de plata, ó lado un Belén feito con casetas de corcho, piñas, e materais reciclados como o envoltorio plateado de diversas caixas para facer o río con musgo como chan (agora prohibido ó ser unha especie protexida que tarda 7 anos en crecer e que ten un impacto positivo na natureza).

Tamén cantar paxoliñas polas casas, máis información na publicación: O cruceiro de Barral e a trasnada do Nadal.

A veciñanza o festexaban de diversas formas según a época.

No ano 63 - 64 baixaban dos Muiños de Vento de Catoira os Reis Magos ataviados cás súas mellores traxes acompañados de soldados decorados có papel de plata faceno unha especie de armadura. Todos eles seguidos por un grupo de persoas con antorchas. Imaxinade o espectáculo, parecían a Santa Compaña! O traxecto remataba na Escola Unitaria Femenina de Catoira (actualmente o Centro Médico) onde os Reis recibían ós pequenos e ás pequenas.

As antorchas volveron a ser protagonistas nas cabalgatas de finais dos 80 onde a cabalgata saía da fábrica de Friscos.

Inaguración da Escola Unitaria Femenina, hoxe Centro de Saúde.
O fondo os Muiños de Vento onde baixaron os Reis Magos seguidos con antorchas.

A Cabalgata de Reis comenzou no ano 73 - 74 e remataba no Adro de Festas de Catoira donde algún ano chegou a ter un Belén Viviente no palco.

Palco da Igrexa de Catoira.

Contan que nos anos anteriores ós 80 colocaban un pino de máis de 3 metros diante do que era o antigo Cine Rañó (ó lado de Casa Emilio) e o decoraban con bombillas e tiras de plata, chegando a ser un lugar de reunión.

Veciños diante do Cine Rañó na Estación.

O DÍA DE REIS

A rapazada agardaban con ilusión e axitación (non tan diferente cós da actualidade) a chegada das súas Maxestades.

Algúns tiña a sorte de recibir bos agasallos grazas a que os seus pais traballaban noutros países nos que a empresa repartianos para que os envíaran ós seus fillos e as súas fillas. Por exemplo, nalgunha empresa de Francia, según a idade dos pequenos recibían camións, grúas, bicicletas con rodas blancas (que daquela era considerado o máximo), bonecas, coches, ...

Outros tiñan que conformarse con pizarras e lápices de cores para a escola, roupa, calcetíns, ...

O lugar dos agasallos soían ser na parte de fora das ventás, o cal imaxinemos que a alegría estaría unida có frío da mañán.

Algúns pais para animar máis a chegada dos Reis facían que as vacas pisaran o terreno preto da casa para que os pequenos viran por onde "pasaron os dromedarios" cargados de agasallos.

Hoxe en día moi pouco cambiou na alegria e na ilusión dos pequenos que contaxian ós maiores facendo que estas Festas esten cheas de sonrrisos e coma non, tamén de... nostalxia.

E vos? Que recordades destas Festas na vosa infancia?


Fotografías Pasarín.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.

MESTRE REPRESALIADO EN DIMO: DON VÍCTOR TOURIÑO LÓPEZ

SAN CIBRÁN DE DIMO, CATOIRA.