VESTIXIOS DE AS TORRES (3ª PARTE) ÉPOCA MEDIEVAL.

 Despois da marcha dos romanos do entorno de As Torres, o recinto quedou esquecido dende o S V ata o S IX debido á que Galiza sumiuse nunha época de decadencia económica e inestabilidade política por mor de loitas internas e asentamento do cristianismo (que loitaba contra as incursións musulmáns por exemplo). Así pois é lóxico pensar o recinto As Torres quedou abandonado.

A partir do S IX comeza a chegar as invasións de diversos pobos que aproveitando o río Ulla intentaban chegar ós lugares de poder da igrexa. A máis coñecida son as incursións normandas, destacando entre elas, pola contía do continxente e a extensión do territorio afectado, a invasión do 968. Posiblemente esta última motive a construción da fortaleza das Torres de Oeste, aínda que as condicións de defensa natural do lugar, tal vez reforzadas pola permanencia de restos construtivos do antigo castro, fan factible a súa utilización como bastión ocasional con anterioridade a esta data.
O que parece evidente é que a contorna de As Torres é un gran complexo defensivo xa non se constrúe tanto en función de defensa costeira contra posibles ataques piratas como para control do intenso tráfico comercial que se canaliza a través desta vía fluvial.
Todo iso grazas a diversas figuras:
Durante o reinado de Alfonso V (999-1028) reconstruíse a fortaleza denominada Castellum Honesti na isla de Oneste. Foi este topónimo o que máis tarde derivaría en “Oeste”, polo que é más correcto dicir Torres de Oeste . No 1024 pasou a depender da Mitra compostelán, que a consideraba un elemento de defensa esencial para a cidade de Santiago.
Durante os pontificados de Cresconio (1037-1066) e de Diego Peláez (1071-1094) continuaron as obras para reforzar o recinto amurallado.
Diego Xelmírez (1068-1140) mandou reforzar as defensas para protexer á dioceses dos ataques dos sarracenos. Como apoio complementario das torres, o prelado situou nas súas inmediacións unha pequena flota armada que impedise o paso a Iria e Santiago polo río Ulla. Diego Xelmírez levantou tamén xunto ás torres unha sinxella capilla prerrománica, de nave única, ábside semicircular e una espadaña dedicada ó apóstol Santiago.
(As fotografías consta de descricións para facilitar a súa compresión).
RESTOS HUMANOS
Durante a campaña do 1972 apareceron tres inhumacións en fosa simple, sen estructura construtiva ningunha. Os esqueletos ben conservados, en posición de cúbito supino, orientados ó poñente e dispostos en paralelo, pertencían a tres adultos. Foron trasladados á igrexa de Santa Baia de Oeste.
INSCRICIÓNS
- A CRUZ DA VICTORIA CÓ EMBLEMA DO REI AFONSO III O MAGNO.
A cruz votiva asturiana foi atopada ó pé dunha torre sen determinar, posiblemente corresponde a un lintel, xamba, perpiaño esquinal ou outra peza calquera da parte visible dos muros.
Nela está gravada unha cruz de brazos iguais, acompañada polas letras gregas alfa e omega, alusión ó texto da Apocalipse “Ego sun alfa et omega, principium et finis”, e có lema do monarca astur, que acompaña a cada obra de padroado rexio:
HOC SIGNO TVETVR PIVS
HOC SIGNO VINVITVR INIMICVS
(“Con este signo deféndese ó pío, con este signo véncese ó inimigo).


- DOVELA DE 1164.
Unha dovela é unha pedra tallada en forma de cuña para formar un arco ou unha bóveda e a súa inscrición é moi sinxela:
ERA MCC


- LINTEL DA CAPELA
Labrada no lintel triangular da porta frontal da capela, amosa unhas coidadas letras en baixorrelevo, alongadas e apertadas, ilexibles pola erosión do granito i enmarcadas entre liñas paralelas. Como anécdota, un profesor da Universidade de Santiago animaba ó alumnado a intentar descifrar as letras do lintel baixo a promesa dunha matrícula de honor. Ata agora non se conseguiu o obxectivo pero sospeitase que pode facer referencia á figura de Xelmírez.


-
ALQUERQUE, XOGO MEDIEVAL
O alquerque é un popular xogo de mesa que coñecese en tres variedades: alquerque de tres, alquerque de nove e alquerque de doce.
No recinto de As Torres atopase dous alquerques de nove (en Galiza apenas hai unha docena deste xogo) que foi descuberto o alquerque Nº1 en 2018 polo Colectivo A Rula e o alquerque Nº2 en 2022 pola veciña Vanesa Pérez. Ó igual que o petróglifo de As Torres non están sinalizados e tampouco protexidos.


Alquerque Nª 1, descuberto no 2018 polo Colectivo A Rula.

Alquerque Nº2, descuberto no 2022 por Vanesa Pérez.

ARMAS
No museo de Pontevedra están as seguintes pezas expostas:
• Puñal de lengüeta trapezoidal. Proximidades da Illa da Cheta. 309x44x4mm.98gr.
• Estoque de lengüeta trapezoidal. Proximidades de Illa da Cheta. 570x46x5mm.247gr.
• Puñal de lengüeta circular. Entre Catoira y Cesures. 162X30,8x4,2mm.61 gr.
• Puñal de espigo perforado. Xunto ás Torres de Oeste. 308x15x7mm.165gr.
• Espada de bronce del Río Ulla. Comprada a Jesús Vázquez Mazal en 1977.
A illa da Cheta debeu ser unha illa de area que desaparecería cas “chuponas”.

Estoques expostos no Museo de Pontevedra.

PUNTA DE FRECHA E SETA DE BALLESTA
Tres son as puntas de armas arreboladizas (unha punta de frecha con cabeza de sección triangular, outra sen cabeza e un dardo de ballesta con cabeza piramidal). A cabeza de ballesta parece centrarse en torno ó S XIV.
Punta de frecha con cabeza de sección triangular.
Punta sen cabeza.
Dardo de ballesta con cabeza piramidal.

CHAVES DE FERRO
Son dúas pezas metálicas para arca ou baúis que formaban parte do mobiliario máis corrente na Idade Media.

PEZA DE CHUMBO
Pequena chapa redondeada con perforación central e decoración de molde en que foi fundida; ó parecer, un selo de garantía e orixe das teas importadas de Inglaterra.

ESPORA E ESTRIBO DE FERRO CABALEIRA
Os elementos propios do xinete (espora) ou do equipo do cabalo (estribo).
A espora permite certas precisións cronolóxicas (fins S XIII ou S XIV).
O estribo apareceu entre os restos de alimentación correspondentes a vertidos de fase tardía.

Espora de fins S XIII ou S IV.Estribo de cabalería.

COITELO
Atopouse a folla dun coitelo, da que fáltalle a punta i está roto no arranque do espigo, de 346 mm de lonxitude.

BOTON DECORADO DE LIS
Peza ornamental de forma romboidal, decorado con flor de lis e borde sogueado. Cabería pór en relación cá ocupación esporádica durante o S XVIII.


BOTÓNS (NORTE DE EUROPA)
Botón recortado e repuxado na lámina de prata e selo de chumbo para pezas téxtiles importadas no Norte de Europa.


MOEDAS
As moedas atopadas de Alfonso X e Fernando IV fechan con precisión determinados niveis de ocupación indicando a vitalidade do castelo no S XVIII, época que continuaría exercendo dúas funcións: defensivas e fiscais.
Atopáronse máis moedas, o que ven agora é un extracto do libro “Torres de Oeste, monumento histórico e Xacemento Arqueolóxico”, Juan L. Naveiro López., da páxina 114.
Son 8 as pezas da camp 89, máis un número indeterminado de escavación anteriores -alomenos un diñeiro de vellón de Afonso X, de camp. 73
1º) Diñeiro de vellón, de Afonso X (1252-1284) Ant. Exc "Capela, N-II.
Anv. [ALF/ONSUS/REX CAS/TELLE E/T] LEG[IO]/NIS
Rev. Castelos e leóns acuartelados.
2º) Pepión, de Fernando IV (1295-1312). Ant.Exc. "Capela",N-1?
Anv: + F REX CASTELLE. Castelo en gráfila de puntos. En exergo, M.
Rev: + ET LEGIONIS. León en gráfila de puntos. Ceca de Murcia.
3º) Idem. Fr. 2/3, cata 1, N-III.
En exergo, venera.
Ceca da Coruña.
4º) Idem S-E, conxunto de entullos.
5º) Noven vellón, de Afonso XI? (1312-1350). Fr. 2/3, cata 2, N-II.
Anv: [E+A]REX/[CA]S/[TEL]. Castelo en cadro con dobre moldura.
Rev: [S+E]/T LE/[GIO]/NI/. León en cadro.
6) Grave, de Fernando I -de Portugal- (1367-1383) Fr. 2/3, cata 2, N-I.
Anv: +SI DOM [:MICHI:AIVTOR]. F coroada.
Rev: [+FER]NANDUS:RE[X:PORTU]. Escudo entre 4 castelos. A dereita. V. Ceca da Coruña
7°) Peza de 8 marabedís reselados de 1644. S-D, superficie.
Anv: Castelo en escudo.
Rev.: León en escudo Ceca da Coruña (?).
Ilexible, S - E, conxunto de entullos.
Este pequeno grupo numismático, que abarca desde media dos do s. XIII á fin do s. XVII, é de crucial importancia á hora de determina-la cronoloxía relativa dos estratos e aínda que a mostra resulta demasiado pequena, compróbase que practicamente todo o subministro monetario se concentra nun século, entre finais do XIII e finais do XIV, e que a ceca coruñesa é a principal provedora. Unha ceca é unha casa de moeda, onde fundese, fabrican e acuñan as moedas.


A peza do s. XVII quizais continúa en circulación a principios do século seguinte, podéndose relacionar nese caso coa presencia esporádica do continxente (pequena corte de persoas) do marqués de Rischbourg (espía de orixe francés que medía só 58 centímetros e tiña unha gran memoria).

A súa fama de bo espía e grazas ó método empregado que era do máis estrambótico: Richebourg afeitabase con coidado e vestíase como un bebé, metido nun carro e tapado o máximo para non revelar as súas faccións, camiñaba entre os inimigos acompañado dunha coidadora e sen espertar a menor sospeita.
A táctica infalible era a seguinte: o carro Rischbourg deixabase con oficiais ou gardas para que o vixiaran un momento mentres a coidadora excusabase dicindo que tiña que facer un recado. Era entón cando o espía memorizaba a información das charlas despreocupadas dos oficiais que non sabían que non estaban en presenza dun bebé inocente.

FIBELA DE CINTO, CANDADO E APLIQUE.
O candado é unha peza moi interesante, aparece decorada cunha liña ondulada gravada nunha banda lonxitudinal e probablemente conserva no seu interior o diminuto mecanismo de peche.
O aplique é en forma de rosca.
Fibela de cinto.

Candado que aparece decorada cunha liña ondulada gravada nunha banda lonxitudinal e probablemente conserva no seu interior o diminuto mecanismo de peche.
Rosca.

FUSAIOLA
Unha fusaiola é unha peza de cerámica, metal, pedra ou óso, entre outros materiais posibles, que se utiliza como contrapeso, colocada sobre o fuso de tipo vertical, para a fiación, que tamén serve de tope cando se coloca na parte inferior do fuso.
A peza atopada é de funcionalidade indeterminada, sospeitase dunha fusaiola por dimensións e morfoloxía, ten forma hemisférica con perforación central e dous rebaixes ou escote na súa base, como para atravesar un pasador ou chaveta que fixase o suposto eixe que a atravesaría.


Exemplo de fusaiola, NON é a atopada en As Torres.
POSIBLE FRAUTIÑA
Posiblemente atopouse unha frauta pequena a partir dun óso dun pequena mamífero.



Posible frautila sobre óso dun pequeno mamífero.

Os restos de fauna, pola súa cantidade e variedade, así como polo seu relativo bo estado de conservación, teñen gran interese científico para os conseguintes estudios zoolóxicos, paleoecolóxicos, económicos, gastronómicos, culinarios... Os vertedoiros de alimentación e cociña son abundantes no recinto.

OSTEOLÓXICOS
Os ósos aparecen tanto enteiros como fragmentados, e mesmo nalgún caso é posible recompoñer partes da osamenta de certos animais. Por outra parte, non faltan ósos con pegadas de cociña-queimados- de despece-cortes ou incisións-...
Entre as especies identificadas nunha primeira e superficial revisión, puidéronse distinguir algúns animais domésticos e outros provenientes das actividades cinexéticas e pesqueiras. Entre os primeiros destacan os restos de porco, vaca, cabra, ovella e aves sen determinar. Da caza foron obxecto o xabaril e algunhas aves acuáticas. E entre os peixes, cuns restos que son relativamente abundantes, destacan os espáridos e lábridos, entre outros. Durante os estudios en marcha identificáronse espiñas que suxiren a presencia dun congro de excepcionais dimensións, superando amplamente os dous metros de lonxitude.

MALACOLÓXICOS
As cunchas de moluscos son abundantísimas, non xa nos vertedoiros de alimentación, senón tamén como material de construción, en muros e pavimentos, xeralmente trituradas para face-lo cal. Polo que se refire ás especies identificadas, cabe dicir que está presente algún gasterópodos mariño, pero fundamentalmente son bivalvos, ostras e berberechos e en menor medida mexillóns.

FENDURA NA PEDRA
Posiblemente onde ficábase unha porta de madeira para pechala.


Fendura de pedra: posiblemente onde ficábase unha porta de madeira para pechala.


Fendura de pedra: posiblemente onde ficábase unha porta de madeira para pechala.

CERÁMICA MEDIEVAL
Aproximadamente o 90% do material recollido está constituído polos fragmentos de cerámica medieval.
A cerámica vidrada ten unha exigua representación, non chegando á media ducia de fragmentos. Destaca unha peza, de pasta gris clara, moi depurada e compacta, con vidrado verde no exterior e decorada con motivo circular aplicado (círculo dividido por cinco radios, cunha ou tres perliñas en cada sector), característico de certos productos ingleses dos s. XIII-XIV.
Outros fragmentos atípicos, de borde (de copa ou outro recipiente aberto e de non pouca altura), ou decorados con escamas, presentan igualmente vidrado verde, pero a súa pasta, depurada e máis ou menos compacta, é de cor ocre clara ou abrancazada. Nun principio, tamén poderían relacionarse con manufacturas inglesas do citado período, pero o descubrimento dun desfeito de alfar -masa informe moi esponxosa- con vitrificado e algunhas adherencias de arxila, de idénticas características ás daqueles fragmentos, obriga a considerar como moi probable a súa fábrica local.
Na zona da capela, nun nivel sen determinar, apareceron durante a campaña de 1973, algúns fragmentos con vidrado azul turquesa, que poderían ser califas, segundo o director da escavación.
Relativamente numeroso é o grupo de cerámica común de factura rústica, no que se atopan pezas de enxoval doméstico, sobre todo de cociña, e en menor medida, de mesa. Presentan pastas pouco depuradas e granulosas, de cores escuras-gamas de ocres, pardos e grises-, con moito e visible des engraxante -basicamente cuarzo-, e modelado manual.




Xerra de cerámica medieval -fins S XIII a princ. S XIV - unha das formas características da época.


Fragmentos de diversos recipientes de cerámica vidrada en verde, de procedencia británica e dos S XIII - XIV.

CAPELA
Sinxella capilla prerrománica, de nave única, ábside semicircular e una espadaña (campanario dunha soa parede, no que ten un oco para as campás) dedicada ó apóstol Santiago.


Capela.

USOS ESPORADICOS POSTERIORES
Ó longo dos ss. XVI e XVII, unha gran parte das fortificacións sería desmontada sistematicamente para aproveita-los seus materiais construtivos, como ocorre con tantas outras edificacións monumentais unha vez abandonadas. Evidentemente a capela respectouse pola súa funcionalidade relixiosa, mesmo cabe a posibilidade de que se realizasen nela algunhas obras de mantemento. E nas torres 3 e 4, o seu mellor estado de conservación pode deber se á proximidade da capela no primeiro caso e a problemas de accesibilidade no segundo.
A ocupación esporádica de principios do s. XVIII, como bastión defensivo contra a invasión inglesa de 1719, pode atoparse reflectida na moeda de Felipe IV reselada e no botón de guerreira coa flor de Lis.

TOPONIMIA
A toponimia na contorna de As Torres é moi variada:
A Pedra da Esperanza.
O Castelo.
A Braña das Ovellas.
As Leiras do Castelo.
Socampo.
Ponte do Castelo.
Texto extraído:
“Torres de Oeste, monumento histórico e Xacemento Arqueolóxico”, Juan L. Naveiro López.
“Diego Gelmírez, Señor de Torres de Oeste”, Francisco Singul.
“Catoira na historia”, Juan Naveiro López, ManuelC. Díaz y Díaz, Enma Falque Rey, Vicente Almazán, Manuel Velasco, Øyvind Fossan, Kristinn R. Ólafsson.
“Catoira, chave e selo de Galicia”, Concello de Catoira.
“La Cultura castrexa en Galicia”, Felipe Arias Vilas.
“Toponimia de Catoira”, Gonzalo Navaza.
Centro de interpretación de Torres de Oeste (CACTO), Concello de Catoira.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA