En Galiza atopamos modelos semellantes
noutros castelos ou torres medievais, case todos en estado ruinoso, como o de
Monte Lobeira (Vilanova de Arousa), Casaldourado (Pontevedra), Esteiro ou da
Laxe (Outes – Muros), Lobarzán (Oimbra), Raíña Loba (Os Blancos), Rocha Vella
(Santiago de Compostela), Monte Castelo (Nigrán), etc.
Destacar que
alquerques de 9 en Galiza apenas chegan a unha ducia.
NO ENTORNO DE AS TORRES HAI DOUS.
O primeiro descuberto polo Colectivo A
Rula no 2018.
Alquerque Nº1 no 2018.
Alquerque Nº1, intentouse salvalo mediante recollida de firmas e escritos a Patrimonio para protexelo das pisadas dos visitantes e as mareas diarias. Desafortunadamente, cá Vikinga hai liñas que desapareceron.Fotografía feita ó día seguinte da Vikinga 2022.
Alquerque Nº2 a 25 metros da capela.
Non se descarta que aparezcan máis.
Estes gravados, a maioría xa catalogados
(os de As Torres desafortunadamente seguen sen estalo), testemuñan un aspecto
pouco estudado na historia destas emblemáticas construcións como é a vida
cotián nun castelo medieval, tamén había tempo para o lecer.
O alquerque de 9 é un xogo de estratexia
abstracto de mesa para dous xogadores que foi xogado o longo da historia con
distintos nomes, xogo do MUIÑO, Danza dos Nove homes ou Os nove homes de
Morris.
O taboleiro.
Nas imaxes explica un pouco a dinámica
do xogo para entendelo un pouco mellor.
OBXECTIVO DO XOGO?
Cada xogador ten 9 fichas, que se moven
polo taboleiro entre as 24 interseccións ou cruces de líneas. O obxectivo é
facer muiños (lineas horizontais o verticais de 3 fichas, nunca diagonais, O 3
EN RAIA DE TODA A VIDA ) e desta maneira ir quitán fichas o oponente ata
deixalo con menos de 3 pezas ou sin posibilidade de facer ningún movemento.
CÓMO SE EMPEZA?
Taboleiro vacío. Os xogadores turnanse
para ir colocando as súas pezas nas interseccións (cruces de líneas) vacías. Se
un xogador é capaz de formar unha fila de 3 pezas o longo dunha línea do
taboleiro, ten un "muiño" e pode eliminar unha das pezas do seu
oponente no taboleiro. Os xogadores deben eliminar calquera outra peza antes de
eliminar unha peza dun muiño formado. Unha vez que as 18 pezas foron colocadas,
os xogadores turnaranse movendo.
Cada xogador ten 9 fichas.
Vaise poñendo as fichas de un en un ata intentar facer un muiño (3 en raia).
Cando iso conseguese (caso do xogador azul) este pode quitarlle unha peza ó vermello (elixe por exemplo a sinalada pola frecha rosa, esta peza eliminase e non se recupera).
Queda así o xogo cá peza da frecha rosa retirada.
O xogador azul consegue outro muiño, quitalle outra peza ó xogador vermello (frecha rosa).
No caso de que o xogador vermello tivera un muiño, o xogador azul non pode retirar ningunha desas pezas.
Seguimos xogando ata colocar todas as fichas.
CÓMO SE MOVEN AS PEZAS?
Unha vez que os xogadores puxeron todas
súas fichas no taboleiro, empeza o xogo, e para moverse, o xogador ten que
deslizar unha das súas pezas o longo dunha línea do taboleiro e a unha
intersección vacía contigúa. Non se poden dar saltos, solo se pode mover a
través das líneas debuxadas. Se non pode facelo porque non hai ningunha
intersección vacía próxima a él, PERDEU O XOGO. O igual que na etapa de
colocación, un xogador que coloca tres pezas en línea no taboleiro ten unha
línea de muiño e por tanto adquire o poder de eliminar unha das pezas do seu
opoñente, a que escolla libremente evitando a extracción de pezas que formen
parte dos muiños xa feitos, sempre que teña outras fichas dispoñibles. As pezas
quitadas non podén ser colocadas de novo. Desta forma vanse eliminando fichas
do taboleiro. Poden moverse fichas que formen parte dun muiño, pero no seguinte
turno o xogador non podrá regresalo o mesmo sitio para volver formar de novo un
muiño. Antes tendrá que mover outra ficha, a menos que non lle queden máis
fichas.
Con todas as pezas no taboleiro (recordar que o xogador vermello ten dúas menos porque o xogador azul retiroullas), toca moverse polo taboleiro. Neste caso imos mover a peza azul sinalada pola frecha rosa que só pode moverse polas liñas continuas ( fichas rosas).
O xogo remata cun xogador con só dúas fichas ou o xogador que non pode moverser polas liñas (non se pode dar saltos, nin facer molinos en diagonais).
Comentarios
Publicar un comentario