XELMÍREZ AUTOR DA PRIMEIRA FLOTA NAVAL GALEGA

 

Primer modelo das naves

Primer modelo das naves.


Xelmírez foi a primeira conciencia naval galega e o seu proxecto pudo surxir mentras estaba no entorno As Torres.

Na historia naval do reino galego na Idade Media Xelmírez creou o que posiblemente fose o primeiro exército digno dese nome que existiu na Península Ibérica, xa que vivir preto do mar significaba arriscarse a invasións, roubos e saqueos o cal os eclesiásticos trasladaban a súa sede fuxindo dos perigos da costa.

Diego Xelmírez foi arcebispo da sede compostelá durante o s. XII, e sempre tivo un papel político e militar decisivo en Galicia. Era próximo á orde de Cluny (orden monástica católica reformada, creada o 11/09/ 910 querendo volver á forma de vida orixinal da Orden de San Benito (de 529) e tiña boas relacións en Roma. O rei de León dotouno de amplos poderes eclesiásticos e temporais, tendo mesmo o privilexio de acuñar diñeiro. Era un administrador eficaz, que tamén tiña unha ampla visión de futuro. Así, o prelado Xelmírez concibiu a idea de crear unha forza naval que garantise o tráfico comercial na súa área de influencia e enfrontase aos ataques dos piratas viquingos e normandos, e dos musulmáns, que periodicamente comezaban a arrasar as costas galegas. Estes ataques están narrados na HISTORIA DE COMPOSTELA (1139), que é unha fonte importante para coñecer os acontecementos deste período.

Os ataques anteriores de piratas vikingos, normandos e musulmáns xa foran enfrontados e contidos polos propios mariñeiros galegos cos seus pesqueiros, reforzados para a ocasión con armas e soldados. Xelmírez pensou entón que unha forza naval máis potente podería ser a solución para pacificar o seu territorio para estabilizar o tráfico comercial e previr e facer fronte con solvencia aos ataques piratas que arrasaban periodicamente as costas galegas. Con este novo concepto defensivo, xérase unha defensa activa, móbil e flexible mediante embarcacións capaces de ir a calquera parte da costa, evitando a chegada de buques inimigos e impedindo que desembarquen, atacando ós invasores coas súas propias armas e sen esperar a matalos fronte a terra firme, ademais do valioso traballo de informar con antelación da chegada das forzas inimigas.

A costa galega só contaba cunha simple frota formada por embarcacións para a pesca de baixura ou pequenas embarcacións para o comercio de cabotaxe. Como algúns ataques anteriores puideron ser contidos polos propios mariñeiros galegos, utilizando os seus pesqueiros, que armaron para a ocasión, o arcebispo Xelmírez concluíu que unha mariña poderosa podería ser unha boa solución.

Por iso decidiu construír uns importantes estaleiros en Iria Flavia (aínda que algúns autores cren que o que fixo foi unha ampliación dos preexistentes dende a época romana), preto do actual Padrón, converténdoos no verdadeiro porto de Compostela. .

Seica que en Galicia non había costume de construír grandes barcos, recorreuse ós mestres de obras doutros portos do Mediterráneo, concretamente ó de Xénova.

O mestre elixido foi un xenovés chamado Augerio (Ogerio segundo outras fontes) que, acompañado de obreiros e carpinteiros de ribeira de Pisa, iniciou a construción de dúas galeras. A pesar de que supuxeron múltiples gastos para o bispado, «tenían el necesario porte y un buen andar, estando dotadas de dos órdenes de remos (birremes) y de las necesarias características marineras» (HISTORIA DE COMPOSTELA).

Aínda que non está documentado como eran estas galeras, existen algunhas representacións iconográficas doutras naves do século XII, como as Cantigas de Alfonso X el Sabio e algúns códices bizantinos, dos que se deduce que se derivan do birremes romanas, é dicir, con dúas filas de remos e un só remo en cada banco, dotadas dunha cuberta e unha ringleira de remos fortes e de bo tamaño, ata 12 por cada lado, manexados cada un por dous ou tres homes. Armados cun espolón metálico na proa, eran barcos estreitos, de amplia eslora (lonxitude) de 25 a 30 m e unha manga (ancho) de 6 a 7 m, que daballes velocidade de movemento; estaban aparellados cunha ampla vela latina triangular, levando debaixo da cuberta uns cen homes de armas e as provisións necesarias. Na Sala Naval do Museo de Pontevedra móstranse dúas maquetas de galeras que tentan reproducir as construídas polos mestres de Xénova e Pisa, contratados por Diego Xelmírez.



Estaban tripulados con “doscientos hombres expeditos para la mar y la guerra”, ó mando do propio construtor, o xenovés Augerio. Conta tamén a HISTORIA DE COMPOSTELA que a pequena frota formada por buques pesqueiros e mercantes, encabezada polas dúas galeras de recente construción, venceu ós inimigos, converténdose na primeira armada na Península Ibérica digna do nome do que temos noticia.
Aínda que a misión que orixinou o seu nacemento foi meramente defensiva (loita contra a piratería islámica), tamén foron utilizados de xeito ofensivo, e de feito foron empregados en ataques contra as costas de zonas baixo dominio musulmán.

(Aconsello leer a entrada anterior).

Texto extraido:
Wikipedia.
https://albertosolana.files.wordpress.com/2020/04/naves-de-gelmirez-sala-naval-del-museo-de-pontevedra.png
https://blogcatedranaval.com/2018/01/22/la-primera-flota-de-galeras-de-espana/
Historia de Catoira.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA