XELMÍREZ E OS ALMORÁBIDES

 
Libro HISTORIA COMPOSTELANA

 En  HISTORIA DE COMPOSTELANA describe un episodio onde grazas á insistencia de Xelmírez, de fortalecer o recinto As Torres, posteriormente evitouse un ataque dos almorábides.

HISTORIA COMPOSTELA é unha crónica do S XII, redactada aproximadamente entre 1107 e 1149, escrita en latín que narra os revelentes feitos de Diego Xelmírez, arzobistpo de Santiago de Compostela desde 1120.

- - - -

As frecuentes incursións dos musulmáns orixinaron que os habitantes da zoa tivesen que reparar frecuentemente o castelo, de aí que o rei Afonso VI ordenou a Xelmírez destruíla por completo para evitar que os inimigos tomasen a fortaleza e arrasase dende alí todo o territorio. Foron unhas ordes que chocaron frontalmente co ánimo de Xelmírez, máis proclive a construír, reconstruír e conservar que a destruír, polo que o prelado ordenou que cada unha das casas do seu bispado rendeulle unha homenaxe en moeda real para construír a fortaleza.  Deste xeito conseguiu fortificar “las Torres Oeste con construción de murallas, baluartes y torres altas”. 

As crónicas narran que tras un ataque dos sarracenos por mar, tomaron e destruíron o castelo de Santa María da Lanzada no verán do 1112, e dirixíronse ó castelo de Oeste coa intención de tomalo por asalto.


Máxima extensión territorial do imperio almorábide, a principios do S XII.

A frota musulmá entrou no mar de Arousa e avanzou cara ás Torres de Oeste. Según conta o libro HISTORIA COMPOSTELA , o arcebispo Xelmírez faltoulle tempo para acudir ó seu querido castelo, acompañado de tres soldados da súa garda, a pesar de que era 25 de xullo e estaba a celebrar na catedral a misa solemne da paixón de Santiago o Maior.
 
“Cuando el citado arzobispo tuvo noticia de este hecho, mientras cantaba maitines en la misma fiesta solemne  de la pasión de Santiago, monto en un velocísimo caballo en rápida carrera, acompañado sólo de tres soldados, se dirigió a Oeste para poder entrar en el castillo antes de que los sarracenos lo atacaran o sitiaran.”
 
O combate entre cristiáns e musulmáns evitouse pois o almirante almorábide advertiu, nunha inspección nocturna realizada desde unha nave lixeira, que o castellum Honesti constituía unha defensa ben armada e carente de puntos débiles.
 
A pesar deste victoria incruenta (sen derreamento de sangue), o arcebispo mandou reforzar a fortaleza para prevenir o perigo de novos ataques piráticos.

“ construyo en medio del castillo una torre más elevada y más firme que las otras, en cuya construcción realizó grandes gastos, pues la hizo más elevada que las demás, como cabeza y señora del castillo.”

A operatividad militar demostrada en As Torres de Oeste serviu á defensa de Santiago de Compostela, pero tamén a administración do territorio circudante e o control da peaxe das mercadorías que subían polo río Ulla.


Texto extraído:

“Diego Gelmírez, Señor de Torres de Oeste”, Francisco Singul.
“Catoira na historia”, Juan Naveiro López, ManuelC. Díaz y Díaz, Enma Falque Rey, Vicente Almazán, Manuel Velasco, Øyvind Fossan, Kristinn R. Ólafsson.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA