O anxeliño "Juanitiño" e os seus catro costeleiros.
No ceminterio de Oeste existe unha placa dedicada a un anxo que finou moi cedo.
O 6 de decembro do 2025, na igrexa de Santa Eulalia de Oeste, os campaneiros Fernando Rial e José Manuel Castro tocaron as súas campás para celebrar o 3ª aniversario de que o toque manual das campás foi declarado Patrimonio Inmaterial da UNESCO. Foi a única igrexa en toda Galicia que o fixo. Máis información pinchando neste enlace:
https://www.facebook.com/groups/1449865955271370/permalink/4237582049833066/
A curiosidade desta autora fixou os seus ollos nunha lápida precintada no cemiterio e cando preguntou a resposta foi que estaba ó aire porque o terreno estaba cedendo. Achegueime e acordei dun proxecto moi bonito que están facendo unha recopilación de lápidas en galego. Observando o lugar enfrente estaba a plaquiña dedicada ó anxeliño Juanitiño e os seus catrocosteleiros.
Proxecto NEO:
https://datawrapper.dwcdn.net/4HeuT/115/
O seguinte paso foi publicalo nun grupo veciñal á espera que Internet fixera a súa maxía, é só en menos de 24 horas informaron que había un libro de Catoira titulado "Aquela xente de Catoira" que xusto mencianaban ó anxeliño Juanitiño.
O veciño Juan Manuel García Rubio escribiu: "Era meu tio ,hirman de Emilio do encargado e de Merucho".
HISTORIA
Catro rapaces trasladaron nunha aparigüela (padiola) dende a Estación ata o cemiterio de Oeste, o corpo sen vida dun meniño que se chamaba Juanito, no ano 1918. Os catro rapaces, que todos tiñan 12 anos, eran: Manuel de Marcelo, Francisco de Otero, Serafín de Fungueiro e Ricardo de Dios. Camiñaron uns 1,5 km.
O anxiño era da casa de Generosa (de Ifigenia), unha nai que chorou moito.
No ano 2002,
Ricardo, o único supervivente daquela viaxe, quixo lembrar aquel neno , e
púxolle un letreiro con inscrición na sepultura que está ó lado da igrexa, e na que pode leerse o nome dos catro
costeleiros. Como anécdota tamén queda que Ricardo un día preguntoulle a Merucho
do Encargado se se acordaba do anxiño Juanitiño, e el constetoulle que non
tivera ningún irmán Juanitiño. Cousa estraña que a Merucho non lle contase a
existenca dun irmán que morrera de pequeno.
Algo parecido aconteceu con Pepe de Luis, o cura de Vilagarcía, que segundo
Ricardo non sabía tampouco
que a súa nai tivera un rimán que se chamaba “Visentiño”, que era discapacitado
mental, do mesmo tempo que Ricardo de Dios, e que morreu á idade temperá. Son
cousas que pasan, e que, ás veces, nin os familiaresmáis próximos chegan a
saber.
É por isto que penso
que é importante a publicación de escritos coma este, que recollen mensaxes e
información da xente máis vella, e pola que podemos chegar a coñecer a existencia
de antepasdos e persoas que, doutro xeito, pasarían por este mundo sen ser
recordados (agás na escuridade dos documentos), sen deixaren pegadas, sen constancia
da súa vida, senón só da súa morte, e tiveron a sorte de ter unha lápida no
cemiterio.
¿Quen lles ía decir a aquelas mulleres que cantaban na igrexa, que nos anos 2000 ían aparecer nun libro escrito por Pepe Dios, para que quedasen para sempre na historia de Catoira! ¿Quen llo ía dicir ás do Cesteiro, ou a Xoana de Santos...! Por non citar a Juanitiño e a “Visentiño”, que os pobres non tiveron a sorte neste mundo.
Quizáis, se hai outro
máis grande e mellor, quizais, digo, alí si puideron ter entendemento, e vivir
o que aquí lles foi negado...
Libro: “Aquela xente de
Catoira”, de Pepe Dios. Páx 127.






Ese libro "Aquela xente Catoira" debe ser un auténtico tesouro!
ResponderEliminar