A RODA DE CATOIRA

 

A RODA DE CATOIRA
A historia dunha roda na que unha pequena mostra viaxou a Alemania para averiguar que data do 1720 a .C. 
Un segundo "vistazo" asombrou a opinión profesional e pública.

ANTECEDENTES

O 2 de marzo de 1965 no leito do río Ulla, atopouse unha roda, fronte a un serradoiro nun lugar chamado “O Regueiro” a 100 metros das Torres de Oeste, un pouco hacia a beira dereita, enterrada por dous metros de área e que na baixamar ten enriba de si un metro de auga.

LUGAR DO ACHADO

Foi descuberta por Don Jesús Rodríguez, fillo de Don Emilio Rodríguez Rañó, veciños de Catoira e areéiros de profesión, sendo ademais propietarios do Bar “Casa Emilio” de Catoira.

A roda foi levada á casa de dito señor, e estivo alí ata que chegou ós oídos de Joaquín María Perfecto Lorenzo Fernández, grazas ó poeta e arqueólogo Don Luis Bouza Brey e Trillo.

Joaquín María Perfecto Lorenzo Fernández

Don Luis Brouza Brey e Trillo.

Nun principio a roda parecía fosilizada e mostrando os presentes gran interés  o Señor Rodríguez Rañó donou a roda e grazas a este xesto evitou a destrución da roda e actualmente atopase no Museo Arqueolóxico de Ourense.

PARTES DUN CARRO E A RODA





A PRIMEIRA ANÁLISE DA RODA. 1971.

Nun primer análise publicado no tomo I do “Boletín Auriense” (Ourense 1971) foi feito cunha mostra da roda que foi enviada á sede Arqueolóxico Alemán en Madrid, dende alí enviouse a Alemania onde por medio do C-14 levada a cabo polo profesor Schwabedisen no seu laboratorio de California , remota a súa data ó ano 1720 – 45 a.C., é decir, a comenzos da Idade de Bronce.

 Schwabedisen

O análise non ten a menor partícula de metal, non deixando de ser extraña esta ausencia total destes restos, pero de feito así é. Posiblemente debase a que as pezas metálicas foron arrincadas ó inutilizarse a roda para aproveitar o bronce antes de tirala por inservible; desde logo, o metal empregado parece non ofrecer dúbida, pois a data sinala o C-14 di que non pode ser outro o que usou nela.

A roda de Catoira sinala a perfección do instrumento para cumprir o seu cometido.

A SEGUNDA ANÁLISE DA RODA. 1973.

Esta fotografía máis a da portada foron cedidas polo Museo Arqueolóxico  Provincial de Ourense.
O autor é: Fernando del Río.

AS MARCAS RM

Catro anos despois da datación do C-14 acontece algo inesperado: a roda, concretamente no mión, aparecen unhas letras que deberon ser gravadas a lume e que rezan RM; dúas veces aparece esta lenda, as dúas no anverso do mión. Tratase dunhas letras modernas que non deberon crearse mais alá do SXVIII.

O erro foi porque as letras só vense nun determinado ángulo de luz o que pasou desapercibido a Joaquín. Por esa razón, a roda non pode datar de a.C.

Así pois, a roda de Catoira ten unha extraña historia de análises contraditorios e sería unha boa oportunidade solicitar un novo estudio.


RESUMEN DA DESCRIPCIÓN DA RODA

Dúas particularidades caracterizan este tipo de roda:

A primeira é que está formada fundamentalmente por tres pezas: unha diametral (mión) e dous laterais (cambas), que as veces son dobres. Dúas travesas interiores (rellas) dan unidade ó conxunto, que afianzase ademais cunha serie de pezas de metal (ferra) que varía bastante en forma e número dos exemplares a outros.

A segunda característica desta roda é que únense ó eixe polo orificio rectangular e por elo constitúe un todo con él, xirando nuns apoios (chumaceiras) que ten na súa parte inferior da meda do carro e cuio roce produce o ruido característico deste vehículo:

“Se queres que o canto cante

móllalle o eixe no río,

verás como ben mollado

Canta como un asubío.”

Vídeo do sonido dun carro en Requián, unha aldea en A Ribeira Sacra:

https://www.youtube.com/watch?v=I-dBy-GIB7o

A roda está confeccionada con madeira de sobreira (alcornoque en castelán), normalmente usábase o carballo i excepcionalmente algunha outra clase de madeira. A peza central que sirve de diámetro mide 0.90 metros e un ancho de 0.185 e o diámetro medio é de  0.95m. No centro deste mión ábrese un orificio rectangular (tufeira), de 0.006 por  0.120, onde encaixa o eixe. O seu grosor é de 0.087 no medio e de 0.066 nos extremos, o que fai que a roda teña aspecto lenticular (forma convexa polos lados, como unha lentella), xa que ambas cambas teñen este mesmo groso no seu borde exterior.

Ós lados do mión acoplase as dúas cambas, completando o círculo; están vaciadas pola súa parte interior deixando unhas aperturas semicirculares (ollás) de 0.260 de radio.

As cambas unense ó mión por medio de dúas traviesas (rellas), de 0.090 de ancho e 0.028 de grosor, que cruzan o mión e as cambas, asomando no interior da roda polos ollás. Para maior seguridade, cerca dos extremos das cambas atópanse unhas pequenas traviesas de madeira (tornos), que cruzan tamén as rellas; os tornos son catro en total, dous en cada camba.

Non conserva restos de metal, pero nas pezas de madeira vense claramente os rebaixes no que os elementos metálicos asentábanse e os orificios dos cravos suxeitábanse.

O mión tiña á ambos lados do orificio do eixe sendas avrazadeiras de 0,030 de ancho, levando cada unha, no anverso, catro cravos que medían 0,033 de lonxitude e có espigo de sección cadrada.

Finalmente, polo canto da roda, unha prancha metálica rodeaba a peza, o seu ancho era o da mesma roda polo seu borde, 0,60.

 

 PUBLICACIÓN BOLETÍN AURIENSE. ANO 1971







PUBLICACIÓN BOLETÍN AURIENSE. ANO 1973.



AGRADECEMENTOS:

  • MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL DE OURENSE POLA CESIÓN DAS IMAXES.
https://museos.xunta.gal/es/arqueoloxico-ourense


  • TAMÉN A QUEN PASOUME AS PUBLICACIÓNS DOS BOLETÍNS E AGORA NON MA ACORDA QUEN FOI. SINTOO!!


TEXTOS EXTRAÍDOS DE:

Lorenzo Fernández, X. (1971). Una Rueda Fósil en Catoira (Galicia). Boletín Avriense, 1, 19-30.
Lorenzo Fernández, X. (1973). Sobre la Rueda de Catoira (Galicia). Boletín Avriense, 3, 173-175.

"La huella romana en Catoira", Diaego Piay Augusto, Juan L. Navieiro López.

http://por-millares.blogspot.com/2012/03/del-carro-al-tractor.html

https://elrincondeyanka.blogspot.com/2019/04/el-carro-gallego-o-carro-galego.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A MOZA XITANA DE CATOIRA

O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.