O Vikingo Moncho Bouzón, 50 anos batallando.
Moncho Bouzón celebra o seu Desembarco Vikingo nº 50.
Moncho Bouzón. Faro de Vigo / Gustavo Santos.
ENTREVISTA:
DC
(Descubrindo Catoira).
MB
(Moncho Bouzón).
DC: Como empezaches na Vikinga?
MB:
Foi en 1974 un mes antes de cumprir os 15 anos, coincidiu que días antes da
Vikinga tiña por costume ir á CEDONOSA e ver como pintaban os escudos, elixían
os cornos para beber, as lanzas, ... e como aínda era moi xoven (14 anos) non
podía ir.
Eu levábame
ben ca familia e sobre todo cós fillos de Serafín, o xerente, xa que tanto a
familia Serafín como a nosa "Os Calderillas" tiñamos moi boa
relación.
Eu
aquel ano pedinlle ó meu irmá Manolito si podía ir no barco, entón él falou cós
responsables da tripulación e ó levarme ben cós fillos pois leváronme.
Moncho Bouzón (esquerda) có seu
irmá Manolito.
Ó ano seguinte traballa xa na CEDONOSA e gañeime o dereito a ir.
DC: Que sintes ó ser VIKINGO?
MB:
Ser VIKINGO e sentir parte da historia.
![]() |
Moncho Bouzón, no centro, saltando polas pedras de As Torres.
DC: Como cambiou a festa en 50 anos?
MB:
Moito, recordo que ó principio preparabámonos unha semana antes da Vikinga,
aproveitando que mataban ás ovellas para facer a carne para as comunións e bodas
da Casa Emilio (agora desaparecida) as peles as empregabamos como vestimenta,
tiñamos que coselas así que imaxínate como cheiraba aquelo e a calor que daba.
Pintabamos os escudos, preparabamos os cornos, as lanzas, acondicionabamos o
barco, ...
Moncho Bouzón cá sua avoa Consuelo de Barral.
DC: Ten futuro a Vikinga?
MB:
Por suposto, e despois de presenciar a Vikinguinha está máis que asegurada.
DC: Cando consideráronte Xefe Vikingo?
MB: En 1982 o Presidente da Romería Vikinga, Juan López Castro, preguntoume se podía falar cós Vikingos e ir de balde no barco. Recorda que antes a CEDONOSA para animarnos pagaban daquela 500 pts.
Presidente da Romería Vikinga,
Juan López Castro
Fotografía: Juanjo López.
Hai quenes botáronse atrás e negáronse ir, eu soamente dixen:
- Un
VIKINGO auténtico vai porque gústalle.
E
a partir dese momento, comencei a organizar o Desembarco como por exemplo: como
ir vestidos, como portarse, quen ía e quen non, o relacionado cá tripulación do
barco e sobre todo como desembarcar.
Sen
esquecer que aqueles que botáronse atrás animábaos ano tras ano ata que se
unían.
Despois,
no ano 1990 pasou toda a organización ó Concello. Nun principio, os traballadores
da CEDONOSA queriamos organizar un patronato pero a maioría acordou que non
porque os cambios eran dados i economicamente era imposible.
Moncho Bouzón a piques de
embarcar.
DC: Por que deixaches de ir no barco?
MB: Como
non había sitio para todos pois deixei lugar para as novas xeneracións e
aqueles que nunca foran.
DC: Qué crees que pode ofrecer a Vikinga?
MB: A
Vikinga é un evento que por si solo se autoalimenta, sexa de onde sexas, veñas
de onde veñas, creando unha irmandade polo feito de ir vestido de VIKINGO e
vivilo.
DC: Cada ano ven á memoria local que na
Illa de Castrivello queimábase unha cabana ou unha torre e “raptábase” a doncelas
para levalas ó drakar.
De quen foi a idea e porque deixouse de
facer esa tradición?
A idea
foi miña a principios dos anos 80 que o propuxen á xente da CEDONOSA e non só
estiveron dacordo senón que tamén aconsellaron que houbese xente na Illa para
defendela. Juanjo López, fillo do
presidente da Romería Vikinga, máis eu faciamos a cabana ou a torre e todos os
preparativos da illa.
Deixouse
de facer polo feito que ó Concello non estaba interesado.
Queima da cabana ou torre e
rapto de doncelas.
DC: ANÉCDOTAS.
Son
tantas, que xa nin sei cal seleccionar.
A que si
é daquela muller que nunca vira a Vikinga e púxose a rezar pensando que íamos
atacala, sería polo ano 1979.
Tamén
aquel ano que a Guardia Civil fíxonos un pasillo para chegar ó centro de As
Torres.
Antes
cando embarcabamos no peirao de CEDONOSA despois desembarcabamos na Illa da
Gabeira onde preparabamos mexillóns e bebiamos viño antes de “atacar” As
Torres. Un ano aquelo ardeu tanto que a fumareda víase ata Carril. Despois
cando fixeron o paseo fluvial e a xente e os fotógrafos ía vernos como subíamos
pois deixamos de ir á Gabeira.
En
1993 fixen un intercambio de cascos cós daneses.
Moncho Bouzón intercambiando o
casco cun danés.
Da
para un libro
DC: Non me des ideas, papá!
DC: Esta fotografía ten algún significado
para ti?
Moncho Bouzón en 1981 có
primer casco con cornos personalizado da Romería Vikinga.
MB:
Esta fotografía e do ano 1981, e foi o ano que decidín personalizar o casco. Antes
os cascos eran de plástico e azuis, e o encargado da CEDONOSA tiña que encargar
uns cascos á empresa alicantina porque senón non os facía.
Días
antes da Vikinga vin que había uns cornos, dados por CEDONOSA para
caracterizarnos como Vikingos, moi xeitosos e iguais, así que ocorréuseme facer
un casco de poliéster e cambiar os cornos de plástico por uns naturais.
Os
meus compañeiros cando o viron gustoulles e ó ano seguinte cada un comezou a
personalizalo porque sabiamos manexar o poliéster na fábrica.
En
1985 tanto CEDONOSA como o Concello deixaron de encargar os cascos azuis de
plástico xa que a empresa pechou. Ten en conta que os cascos regalabámosllo ós
que estaban en As Torres, igual que os escudos e as lanzas, despois as 14h os
fogueteiros cás súas bombas anunciaban que tiñamos que embarcar rumbo ó peirao
da CEDONOSA. Despois alí, cambiabamos a vestimenta de diario e íamos camiñando
As Torres a comer alí.
No ano
1993 decidín non embarcar e quedar xa a comer en As Torres xa que anos
anteriores tampouco quería embarcar xa que coincidiu cá visita de os daneses e apetecíame
máis estar no recinto que no barco de volta.
Moncho Bouzón cun dos seus moitos cascos Vikingos.
No 1995 decidiuse que o drakar xa non ía de volta e quedara atracado en As Torres.
DC: Como é posible que non acorde diso se
xa tiña 13 anos?
MB: A
tí nunca quixen animarte a subir no barco e ser Vikinga ata que sentiras o
sentimento dun verdadeiro VIKINGO, neste caso VIKINGA. Chegoute tarde, pero
chegoute ben (xa con máis de 30 anos cumpridos) porque non só o vives senón que
tamén buscas información que eu gran curioso polo tema que teño moitos libros e
demais sorpréndesme cós teus achados.
DC: (Sorrio con camadería).
DC: Non había mulleres VIKINGAS no
Desembarco?
MB:
Sí, sempre as houbo a partir do ano 1978, iban con pelucas negras e tamén
saltaban do barco.
DC: Non levaban casco con cornos?
MB:
Sí, pero ten en conta que o casco con cornos era para aparentar agresividade e
tamén máis veteranía.
Síntome
orgulloso de que este ano decidiras levar un casco con corno e seguro que gardaraslle
cariño ó igual que eu gardei polos meus.
Moncho Bouzón cá súa filla
Cristina (autora desta entrevista).
Fotografía: Concello de
Catoira.
Só
sinto mágoa por perder un que roubáronme.
DC: INTERNET FAI A TÚA MAXIA!
Moncho Bouzón có casco que
roubáranllo.
Se alguén ten información del,
por favor, poñase en contacto con este blog.
MB:
Tes nas túas mans unha bonita tradición da cultura Vikinga de Catoira.
DC: Algo máis que comentar?
MB:
Por agora non pero seguro que nestes días virá a miña memoria máis historias.
DC: Deixémolo para o vindeiro ano, lo!
MB: Deixémolo.
DC: Moitas grazas!
MB: A
ti, e VIVA A ROMERIA VIKINGA DE CATOIRA.
Moncho Bouzón no momento da
súa homenaxe polo seu 50º Desembarco Vikingo este mesmo ano.
Fotografía: Faro de Vigo /
Gustavo Santos
As fotografías pertencen:
-
Albúm
familiar Os Calderilla.
-
Familia Juanjo
López.
-
Faro de Vigo.
prohibida a súa publicación sen permiso.
Comentarios
Publicar un comentario