Qué terá As Torres que conquistou o corazón da gran literaria do SXIX? O mar exercía fascinación sobre Rosalía i escribiu un poema de As Torres, Catoira. En «As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos», do quinto libro de Follas Novas, atopamos o relato dunha muller que arroxase ó mar no lugar de As «Torres de Oeste». Un mariñeiro sálvaa, pero o comentario final parece reproducir reflexións de Rosalía: Non vaiades nunca, eu vo-lo aconsello, ás Torres de Oeste co corazón negro. Unha muller perseguida polas sombras e a pena cede á tentación de se botar ao río na procura de morte e descanso. Citadas en diferentes ocasións, as torres son testemuñas sombrías da súa caída: «¡Ou Torres d´Oeste! / Tan soyas e mudas / C’a vos’ atentaches / A miña tristura /Ninguén triste vaya / Cabo de vos nunca» [...] «Non vayades nunca, / Eu vo-lo aconsello, / Ás Torres dÓeste / C’ocorazón negro». Velaquí o poemario completo. As Torres de Oeste A iaugua corría polo seu camiño, i eu iba ó pe dela preto dos La...
Comentarios
Publicar un comentario