OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A tradicción local dos cascos con cornos, da Vikinga de Catoira,  loita por manterse.

"Acabou o día, acabou a romería", e mentras vai caendo o sol no solpor reflexionemos nesta Vikinga que cumple 63 anos e que os vikingos veteranos reivindican con máis forza os cascos con cornos e cuia frase todos coindiciden: "mentras se poida seguirei cada Vikinga có meu casco con cornos".

Que os vikingos do norte de Europa non levaban cascos con cornos sabese dende hai moito tempo pero tamén sabese que os vikingos de Catoira os levan grazas a unha tradicción que comenzou nos anos 60 e mantense a pesar de que a serie vikinga "Vikings: Valhalla" fixo estragos cando optouse por peiteados profesionais de trenzas e moitos estudiosos do tema insisten en que se a Vikinga quere ter rigor histórico debese evitar o seu uso. Pero,... quén dixo que a Vikinga de Catoira busca rigor histórico? Dende cando decidiuse deixar as tradiccións locais dun lado para perder a identidade dun concello? Porque se é así, tamén hai que cambiar a vestimenta, e porque non: quitar a ponte interprovincial porque no SX non existía.

No ano 1960 cando os membros do Ateneo do Ullán celebraron por primeira vez o acto rememorando os desembarcos nas terras do Ulla nin sequera ían vestidos para ocasión, foi Pedro "O Montañés" no ano 1963 cando decidiu vestirse con roupas de "choqueiro" e autoplocamarse Primer Capitán dos Mares, ou sexa Vikingo. 


Pedro O Montañes, segundo pola dereita.

Uns anos despois a empresa CEDONOSA, agora desaparecida, animou ós veciños a vestirse de vikingos dando como incentivo 500ptas (agora cá inflación serían 40 - 50 € actuais).



 A vestimenta eran sacos de arpillería atados con cordas. O barco era o "Pepiño" un barco decorado para a ocasión.






O barco Pepito, o primer barco da romería vikinga.

 Agora, o seu esqueleto iace ó lado do serradoiro, deixando testimonio que foi o primer barco que levou vikingos e como guardián dos novos drakkars que surcan o río cada primer domingo de agosto.





Non foi ata case finais dos anos 60 cando un veciño fíxose cun casco azul de plástico con cornos e empregounos na romería, gustou tanto que o encargado da fábrica CEDONOSA buscou onde fabricabase i encargounos para a seguinte vikinga, e foi neses momento cando comenzou a tradicción dos cascos con cornos.

Seica a empresa que os fabricaban estaba en Valencia.

A tradicción seguiu grazas a que os veteranos ensinaban ós novos e tamén moitos veciños colaboraban dunha maneira ou outra:

- Un veciño esquilaba as ovellas antes de tempo para que os vikingos poideran levar a lá como complemento e xa imaxinades ós vikingos de Catoira cunhas peles recén esquiladas onde aínda mantiña o cheiro natural do animal e incluso con sangue, poderíase intuir que viñan de saquear as aldeas río abaixo. Un ano un vikingo tivo un susto cando caeu do barco e as peles pesaban tanto que tiraba hacia o fondo do río e case afoga, afortunadamente, foi capaz de desprenderse delas e subir á superficie.

- Outro veciño abastecía con cornos ós vikingos para que poideran sonalos cás súas fortes gorxas e dando aviso ás Torres do seu inmediato saqueo e, porque non?, valían como valiosos vasos para enchelos do viño da zoa.

No ano 1981, Moncho Bouzón "Calderilla da Estación" fixandose en dous cornos parecidos inspirouse para cambialos polos cornos de plástico. Gustou tanto que a partir dalí comenzaron os cascos personalizados ó gusto de cada un.

Fotografía do momento exacto do primer vikingo de Catoira lucindo o primer casco con cornos auténticos e non de plástico.
Moncho Bouzón "Calderilla", ano 1981.

As mulleres vikingas, ata onde sei, nunca empregaron cascos pero si pelucas e animoas a participar nesta marabillosa tradicción con historia!

Fotografía cedida por Tino Ameal.

Agardo que con esta publicación cedan os comentarios de que "os verdadeiros vikingos non levaban cornos" porque en Catoira xa o sabemos como tamén sabemos que estamos orgullosísim@s da nosa identidade nunha festa que comenzou sendo para os veciños e cá súa fama internacional negase a prescindir dos cascos con cornos que identificanos no mundo enteiro, porque non ides negar que cando pensades en Catoira vense á mente un marabillos casco con ... CORNOS! 

As próximas fotografías son dos vikingos da Vikinga do 2023 que seguen cá tradicción, levan os seus cascos ata onde o corpo poida e animan a que as seguintes Vikingas haian máis cascos cá tradicción. Eles deronme permiso para empregalas nesta publicación, a todos vos moitísimas grazas!! 

Faltades moitos máis e se queredes podedes enviarme as vosas fotografías.


ÚRSULA!!






















Fotografías:

Libro Concello de Catoira. 

http://odinarvica.blogspot.com/2015/11/romeria-vikinga-1-etapa-1960-64-ateneo.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA