O PRIMER DESEMBARCO DO 1968

 Pasou o día, pasou a Romería, e os ecos do sonido dos cornos dos vikingos resoan aínda en As Torres.

Pero, como foi o primer desembarco?

Se vos digo que  que unhas camisetas de baloncesto tiveron algo que ver, credelo?

Tiven o gran honor de falar cun vikingo dese primer desembarco, Juan Manuel García Rubio e con él viaxamos ó ano 1968.


PRIMEIRO DESEMBARCO NA VIKINGA DO 1968

 

Corría o lúns 29 de xullo do 1968 e Juan Manuel García Rubio, que formaba parte da Comisión de Festas, preguntou a Castaño (xefe da Cedonosa e presidente de dita Comisión de Festas): 

- e porque en vez dunha romería campestre non facemos un desembarco vikingo?

A Castaño encántoulle a idea e comentouno con Don Manuel que era o dono da antiga Cedonosa.

Don Manuel e Castaño gustoulles o plan e foron buscando xente para que foran de vikingos, a xente non estaba moi para a labor así pois cá conta atrás moi axustada e posto que estaban a 6 días da Vikinga comenzaron a chamar ós que ían formar parte dun futuro equipo de baloncesto (que xamáis chegou a existir) e cá excusa de: xa que vos demos camisetas de baloncesto agora ides de vikingos.

A contrareloxio comenzaron todos a preparar o primer desembarco do cal querían que todo fora... SORPRESA!

Juan Manuel García (autor da idea) falou con Suso e pediulle o seu barco areeiro “O Pepito” para o saqueo de As  Torres, a resposta foi afirmativa e a partir dalí todo comenzou xirar moi rápido.

Por certo, o restos do barco "O Pepito" están á beira do serradoiro de Magán e tódolos primeiro domingos de agosto acompaña ós drakkars que saquean As Torres cada primero de agosto.


O esqueleto de "O Pepito", barco que participou no primer desembarco vikingo.

Todos os que sabian o secreto do desembarco comenzaron a traballar:

  •   Os carpinteiros comenzaron a “fabricar” espadas, escudos e lanzas.
  •    Jose de Guillán matou as ovellas antes de temopo (a súa carne era para as bodas de Casa Emilio) para que os vikingos tiveran a vestimenta que todo vikingo merece ter: a pel de ovella. Esta pel tal e como recordan aínda que a lavaran seguido o día do desembarco cheiraba que botaba para atrás e aínda que á noite os vikingos ducharonse varias veces no adro das festas ninguén acercabase a eles. Máis dun non pudo disfrutar da compaña das súas mozas.
  •    Chamaron a un lugar de O Porriño onde mataban vacas para pedir un saco de cornos e facer sonalos o domingo, os cornos con tan pouco tempo de tratamento cheiraba a corno quemado, costaba facelos soar pero... había que facer o esforzo xa que eran ... VIKINGOS e un corno mal cheirento non iba botalos para atrás.
  •   Foron a Santiago a mercar pelucas rubias e os famosos CASCOS AZUIS CON CORNOS!

- CÓMO? Foi a miña pregunta a Juan Manuel, para, para, pero non era que no ano 1969 alguén trouxo un casco azul con cornos de Alicante, gustou tanto que pediron máis para a vikinga do 1970?

- Non, foi a resposta de Juan Manuel.

- Como qué non?

- Pois non, o casco con cornos comenzou no primer desembarco alá polo 68.

- E eu defendendo que a nosa identidade local vikinga comenzaba un ano despois.

 

O sábado 3 de agosto fixeron o simulacro có barco que estaba preparado para o asalto, quitaranlle a cuchara cá que recollían a area e no seu lugar con cartón pedra facer unha peza a cal pintaron, cus paus fixeron unha cabana, colocaron os escudos, as bandeiras, os estardantes que facía a nai de Coruxo (xefe da fábrica),... tiñan todo preparado e... chegou o domingo.

Daquela a Cedonosa descontabache 5 pesetas á semana ou 50 pesetas ó mes para o día da Romería Vikinga entregar ós traballadores unha bolsa cun polo asado, os mexillóns e o viño era gratis. Toda a veciñanza asistían cás súas empanadas, tortillas, viño, aguardente, ... 


O domingo 4 de agosto de 1968 comenzaron a embarcar os primeros vikingos no peirao da Cedonosa.



No recinto As Torres todo era tranquilidade ata que decataronse que polo río abaixo achegouse un barco e 30 persoas que ninguén esperaba, a expectación foi tal que todo o mundo deixou o que facía e achegaronse á beira do río.


O barco sorpresa achegabase cun total de 30 vikingos dos que estaban Juan Manuel García, Narciso Coira, Paco Castaño, ... unha pandilla de chavales de 13 a 15 anos que cós seus cascos con cornos, ataviados cás súas peles de ovella (recén cortadas da que emanaba un cheiro increible e con algo de sangue) comenzaron a soar os seus cornos  e das súas gorxas berraron por primeira vez: ÚRSULA!, pero porque entonaban ese nome? Porque ós 30 vikingos do 68 sonaballe a vikingo. O berro ÚRSULA en Catoira non foi porque clamaran pola protección e a forza divina da deusa vikinga, só foi porque sonaba a vikingo naquel primer desembarco.


Carlos Coira subiu ó pau darriba do barco e fixo o tolo: berraba e tocaba o seu corno.

 


Todo era espontáneo, tiñan previsto desembarcar tranquilamente pero alguén tirou un vikingo borda abaixo e todos comenzaron a imitalo, toda a veciñanza estaba encantada agás a pobre velliña de 60/70 anos o cal un vikingo caeulle encima, contan que primeiro que sentiu a vella foi sorpresa, despois o seu berro uniuse ós 30 vikingos. 30 vikingos que empuxaban á xente quee algunha remataba na auga, pero nada frenaba ós guerreiros que ían ó medio do recinto de As Torres.



Unha vez no medio do recinto, Juan Manuel decatouse que Don Manuel precintara cun cordel o mellor lugar que era baixo as sombra das árbores onde tiña reservado mesas e sillas, iso non gustou moito ós novos vikingos que capitaneados por Juan Manuel e machada na man decidiron “destrozar” o lugar ata un barril de viño que non tiña culpa ningunha rematou no chan totalmente esnaquecido. Alguén pode pensar que a Don Manuel non gustoulle a idea pero foi todo o contrario: encántoulle a felicitou ós feroces guerreiros.

Así pois ano tras ano, os vikingos cós seus cascos con cornos, saltan do barco, van ó centro do recinto de As Torres empuxando ós visitantes, saquean e reventan un barril de viño ó grito de ÚRSULA por unha tradicción de 58 anos, a Romería Vikinga conta con 66.

E AS VIKINGAS?

As Vikingas foron por primera vez no 1970 cando Corujo que organizaba moitos partidos de fútbol, grupo de música e todo a nivel cultural propulloxe a unha pandilla de mozas que se uniran ó desembarco. Elas aceptaron e recordan que iban con pelucas e vestidas como as protagonistas dos debuxos Picapedra.  

O día do desembarco do 70, 10 mozas que tiñan sobre 14 anos, ían dentro da cabana do barco e cando chegaron a As Torres non saltaron porque os vikingos querían facer a sorpresa de subir ó barco a “secuestralas” e baixalas enrriba dos seus hombros. E foi sorpresa, e tanto!!

Elas son:

  • María José Arriaga.
  • Margarita Castaño.
  • Angeles Quillán.
  • Elvira Ferro.
  • MariCarmen García.
  • Loli Garcia Rubio.
  • Marina Vicente.
  • Maria Jose Loureiro.
  • Cuca Loureiro.
  • Rosi Ameal.

María Jose Arriaga e Margarita Castaño

Ó seguinte ano non foron, porque alguén molestoulle que as mulleres participaran, hai que entender que eran os últimos anos do franquismo (vivían na época da dictactura en España) e a JONS (grupo de carácter totalitario e contrario ós partidos políticos e a cualquera sistema democrático e que propugnaba a supremacía do Estado) non axudaba a sentirse liberadas. Hai quen di que foi porque elas non querían ou porque non lles gustou subir ó barco máis sabemos que daquela calquera mal comentario hacias ás mulleres conseguían que tiveran medo e quitarlle as gañas de facer o que lles gustara. Agardemos que eses tempos XAMÁIS volten!

Ata o 1974 (e non estamos seguros) as mulleres non voltaron a subir ó barco, e algo debeu de pasar ese ano porque ata entrado os anos 80 non regresaron ó desembarco.

 

Juan Manuel García primer vikingo do primer desembarco sinte o orgullo de como derivou a ROMERÍA VIKINGA aínda que xa fai anos que non participa porque sinte que a vikinga perdeu a súa esencia principal que era unha romería vikinga campestre para a veciñanza.




Jose Manuel García Rubio no desembarco do 1968 

Agradecementos a María Jose Arriaga, Margarita Castaño e a Jose Manuel García Rubio pola información desta publicación que acheganos un pouco máis ás orixenes da nosa festa vikinga.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O anxeliño "Juanitiño" e os seus catro costeleiros.

A RODA DE CATOIRA

ROSALÍA DE CASTRO E AS TORRES DE OESTE, CATOIRA.