A ROMERÍA SAN CIBRÁN DE CATOIRA.

Antigamente, a romería de San Cibrán celebrabase un lúns porque 50 días despois da Pascua é o Pentecostés. A fábrica da Cedonosa daba o día libre ós seus empregados, posteriormente, só daba a tarde libre, ata que finalmente decidiron non dar máis días libres o lúns , isa é a razón pola que a romería de San Cibrán pasou para o día anterior. Texto extraído do libro "Aquela xente de Catoira" de Pepe Dios. A romaría de San Cibrán, que era no a lúns e data de moito antes, seguía a súa marcha con normalidade. As industrias de Catoira paraban. As mozas de Dimo estreaban un vestido ou unhas zapatillas. Xa se comía arriba. Poñían carro os de Maquieira, Adelaida. José de Guillán, Aurelia (mesmo servía marisco). Nunha ocasión actuaba a antiga Banda de Catoira baixo a batuta do señor José de Gracia, e non sabían máis de tres ou catro pezas Por iso cando un dos músicos lle preguntou "¿Cal lle botamos agora?" o director contestou "A mesma pero algo máis cargada de bombo”. ...