VESTIXIOS DE AS TORRES (2ª PARTE) ÉPOCA ROMANA.
A contorna de As Torres estivo ocupada na romana deixando constancia numerosos vestixios que saíron á luz nas diversas escavacións ocorridas neste lugar que era un enclave marítimo no río Ulla.
Nesta época aparecen varios vestixios que dan testemuña dunha importante e intensa circulación de mercadorías, posiblemente As Torres era un posible punto de embarcadoiro, polas ánforas e outras cerámicas atopadas.
A contorna de As Torres foi un poboado fortificado galaico, o enclave portuario e viario romano situábase sobre unha illa, moi probablemente unida a terra por medio dunha pasarela ou “pontella” (sobre pilotes de madeira ou pedra) o que facilitaba en gran medida tanto o cruce do río por ese punto, como o control e a regulación da navegabilidade fluvial.
Non se pode precisar cara a que tipo de asentamento evolucionou pero a súa continuidade está avalada pola presencia das aras votivas e de cerámica romana –común e sigillata (cerámica romana cuia principal característica e o vermello b
rillante) hispánica, africana, e paleocristiá-, ata principios do S.V d.C.
(As fotografías desta publicación son un gran apoio para comprender mellor a importancia dos vestixios.)
ÁNFORAS ROMANAS
Os anacos de ánforas son relativamente numerosos, unha gran parte destes fragmentos (bordes verticais exvasados, rectos engrosados ou acampanadados, asas con dixitación lonxitudinal, e pivotes cónicos macizados cá bola de arcilla) poden atribuírse a contenedores binarios béticos da forma Haltern 70 (mediados SII a.C), pero tampouco faltan fragmentos de producións itálicas e algún probablemente africano (bordo atrompado con datacións antigas que pode alcanzar a metade do S Ia.C ou mesmo finais do S II.-).
Outra peza fina de importación é un fragmento de cerámica aretina que pertencía ó ajuar doméstico, a pedra procede de Arretium (Arezo) onde tiña a seu principal centro de traballo os mellores alfareros de Italia e posiblemente pertenza á primeira fase da súa produción datada entre o 40 – 30 a.C. ata mediados do S I d.C.
Ánforas aparecidas no Ulla, enfrente de As Torres.
Ánforas romanas, entre elas bocas de pezas itálicas, neopúnicas (fenicia) e béticas (Andalucía), de mediados S II a fin S Ia.C.
Ánforas romanas, béticas e lusitanas, recuperadas no depósito subacuático do río Ulla.
LUCERNA ROMANA
A lucerna romana demostra que empregouse o aceite en As Torres e pola súa frecuente utilización para iluminar, gozou dunha produción considerable en todo o imperio a partir de mediados do S Ia.C. O máis significativo é que tratase dunha peza característica dun hábitat urbano, ou como é no caso, plenamente romanizado, pois nos castros é difícil atopar este tipo de pezas. O que fai evidente que as actividades comerciais do enclave de Torres de Oeste facilitaba as posibilidades de obtención de aceite, típico produto mediterráneo de importación.
As lucernas fabricábanse con moldes bivalvos, poñíanse asas e posuían un pequeno depósito para o aceite, no extremo tiña un pico aberto para a mecha. Ademáis da función práctica de iluminar un espazo pechado durante a noite, as lucernas tamén tiñan un uso litúrxico, atendendo ó culto privado dos moradores da “insula de Oneste”.
CERÁMICA DOMÉSTICA
Dentro das producións galaico-romanas entrarían un variado grupo de cerámicas domésticas, sobre todo de cociña (olas, pratos e xerras,...), e por suposto a cerámica de construción (tellas e tixolos).
ARAS VOTIVAS
ARA: altar, pedra sobre a que se ofrecen sacrificios á divindade.
VOTIVA: que son ofrecidas por voto, ofrenda ou dedicación.
As aras votivas galaicorromanas topadas nas escavacións da campaña do 89, ofrecen datos de suma importancia sobre a relixión e os cultos pagáns e son testemuña da incorporación á cultura escrita da Galiza romana e máis concretamente da poboación de Torres de Oeste nos primeiros séculos da nosa era, lugar habitado por unhas xentes romanizadas e alfabetizadas.
As ARAS atopadas son:
1) ARA A PIETATI
De época altoimperarial do S I – IV a.C., só conservase a parte superior da peza xa que está fragmentada cunhas dimensións aproximadas de 40 * 49 cm e 5 * 25cm, realizada en granito de país. Está decorada con cornixa moldurada nos seus catros lados, focus resaltado e rodeado por un semicírculo realzado e aberto en dirección á cara anterior. Posiblemente foi reutilizada como peza de construcción na fortaleza de Oeste, nun contexto cultural cristián altomedieval. O carácter votivo da peza romana exprésase nos restos da súa inscrición, con letras de 5,5cm, pero que apenas conserva as primeiras liñas do texto orixinal.
[P] IETATI
(- - -) – C. Seu-
(- - - )- V
- - - - - - - -
2) ARA LARES VIALES
Dedicada ós Lares Viales, divindades indíxenas vencelladas coa sacralidade dos camiños e que deixaron abundante testemuño na epigrafía galaico-romana. O panteón relixioso indíxena prerromano integraba os deuses dos camiños, en relación cunha piedade popular ás vias e ás súas encrucilladas, nelas era onde se manifestaba e escenificaba o sentimento de respecto ós mortos, un sentimento devocional antigo, aínda vixente na segunda metade do s. VI e que foi cristianizado mediante o emprego sistemático dos coñecidos cruceiros, repartidos por toda a xeografía do país.
A ara votiva galaico-romana ós Lares Viales atopada en Catoira é unha peza granítica que tamén foi reutilizada na construción do sistema defensivo de Oeste, decorada no seu fronte con tres arcos -só completo o central-, cornixa e dúas molduras que continúan a ámbolos lados. A parte posterior é lisa e está moi alterada. As súas dimensións son 47 x 26 x 21 cm e as letras oscilan entre os 4,5 e os 5 cm. A fragmentada inscrición reza:
L (aribus)
V (ialibus)
(-c2-) V (-c3-)
Completa e de reducidas dimensións (36cm alto, 25 cm de ancho e 19.5cm de grosor).
4) OUTRA EPÍGRAFE
Parte doutra inscrición ilexible con grandes caracteres de trazo inseguro (71cm de alto, 35 cm de ancho e 24 cm de grosor).
BASE DE COLUMNA ROMÁNICA
Atopouse unha columna románica descontextualizada entre os entullos superficiais do recinto exterior.
TOPONIMIA
A toponimia na contorna de As Torres é moi variada:
A Pedra da Esperanza.
O Castelo.
A Braña das Ovellas.
As Leiras do Castelo.
Socampo.
Ponte do Castelo.
Texto extraído:
“Torres de Oeste, monumento histórico e Xacemento Arqueolóxico”, Juan L. Naveiro López.
“Diego Gelmírez, Señor de Torres de Oeste”, Francisco Singul.
“Catoira na historia”, Juan Naveiro López, ManuelC. Díaz y Díaz, Enma Falque Rey, Vicente Almazán, Manuel Velasco, Øyvind Fossan, Kristinn R. Ólafsson.
“Catoira, chave e selo de Galicia”, Concello de Catoira.
“La Cultura castrexa en Galicia”, Felipe Arias Vilas.
“Toponimia de Catoira”, Gonzalo Navaza.
Centro de interpretación de Torres de Oeste (CACTO), Concello de Catoira.
Comentarios
Publicar un comentario