VESTIXIOS DE AS TORRES (1ª PARTE) ÉPOCA CASTREXA.

A contorna de As Torres estivo ocupada na época prehistórica e castrexa deixando constancia numerosos vestixios que saíron á luz nas diversas escavacións ocorridas neste lugar que era un enclave marítimo no río Ulla.

Os vestixios desta época invítanos a coñecer ós nosos veciños máis primitivos cuia vida comezou sobre os S V e IV a.C. situada nun antigo illote entregado dende moi cedo ó tráfico marítimo que irá transformándose pouco a pouco para adaptarse ás necesidades do momento.
A pequena poboación indíxena tiñan unha actividade económica baseada na pesca, a recollida de marisco, unha discreta industria metalúrxica e o comercio.



O entorno de As Torres fai 2000 anos era un illote.

PETRÓGLIFO
Cando adentármonos en As Torres un petróglifo prehistórico, no medio da contorna, danos a benvida como o vestixio máis antigo cós seus máis de 3.000 anos. Son dúas laxes con motivos xeométricos. A laxe principal ten 30 coviñas de pequenas dimensións, a maioría agrupadas na zona central e máis prominente da rocha.
Ten unha perforación posiblemente realizada polos antigos canteiros.
Está declarado como BIC independente de As Torres e aínda así non conta con ningún tipo de sinalización nin se adoptan as medidas oportunas cada vez que se procede á limpeza do seu entorno e menos cando realizase a Romería Vikinga (¡cantos de nós, descoñecedores destes gravados, sentámonos enriba del para descansar do asalto vikingo!).



Petróglifo As Torres. Está declarado como BIC independente de As Torres e aínda así non conta con ningún tipo de sinalización nin se adoptan as medidas oportunas cada vez que se procede á limpeza do seu entorno.



Petróglifo As Torres. Laxe con máis de 30 coviñas.

CASTROS
A contorna de As Torres foi un poboamento castrexo que vivían no S.II a.C. e como proba son as diferentes edificacións atopadas nas escavacións e que agora atopasen enterradas. As estructuras construtivas resultan moi escasas pero significativas.
Consta unha adaptación ó releve, típica do “urbanismo” prerromano; plantas redondeadas, ou con claro predominio da liña curva; e unha característica técnica construtiva, a base de mampostería irregular (as pedras axústanse sen orde e sen labrar), con tendencia a hiladas –esquisto tabular (roca metamórfica [rocas que foron sometidas a cambios en condicións de temperatura e de presión ou a esfuerzos tectónicos] susceptible de dividirse en follas) - e muros de dobre parámetro.
Non debería resultar sorprendente este poboamento posto que na Ría de Arousa hai varios asentamentos desta época froito das importantes comunicacións portuarias.
Unha realidade arqueolóxica que nos amosa un poboamento indíxena, entregada dende moi cedo ó tráfico marítimo.



Vista xeral imaxinaria do aspecto que tería o núcleo principal do poboado cstreño nos seus inicios.



Restitución do relevo orixinario e distribución hipotética das construcción castrexas.



Castro. Adaptación ó releve, típica do “urbanismo” prerromano; plantas redondeadas, ou con claro predominio da liña curva; e unha característica técnica construtiva, a base de mampostería irregular [as pedras axústanse sen orde e sen labrar], con tendencia a hiladas –esquisto tabular [roca metamórfica susceptible de dividirse en follas] - e muros de dobre parámetro.

ESPADAS PISTILIFORMES
As espadas “pistiliformes” e outras armas da Idade do Bronce, foron achadas no río próximo á contorna de As Torres e son vestixios que presentan grandes interrogantes que ata agora non ten resposta. Créese que son ritos funerarios ou ofrendas ó río.
No museo de Pontevedra atópanse as seguintes pezas que están expostas:
• Espada pistiliforme. Entre Catoira e Isorna. 755x61x9,3. 589gr.
• Espada pistiliforme. Entre Catoira e Isorna. 675x66x11mm.



Espadas pistiliformes do bronce final halladas no rio Ulla. Presentan grandes interrogantes que ata agora non ten resposta. Créese que son ritos funerarios ou ofrendas ó río.

Atopanse no Museo de Pontevedra.

ACHA
Nunha das escavacións atopouse unha acha pulida de anfibolita de tradición neolítica como obxecto polifacético en contextos castrexos.



POSIBLE CICEL DE PEDRA XISTOSA
Un cicel é unha ferramenta manual deseñada para cortar, facer rañuras ou desbastar material en frío mediante un golpe cun martelo axeitado.

CERÁMICA
A cerámica de tipoloxía castrexa é escasa e moi fragmentada pero permite coñecer que é similiar á de outros castros costeiros: xarras “tipo Toralla”, xarra “tipo Cíes” e bordes reforzados “Tipo Vigo”, importacións desde época temprana, fina como a ‘Campaniense’ ou a ‘Sigillata Itálica’ e ánforas neopúnicas (fenicias) e itálicas de mediados do S II a.C ata o fin do S I a.C.
Son fragmentos decorados e con distintas técnicas: pulido, incisión, impresión e decoracións plásticas ( mamelóns [protuberancia en forma de pezón.], cordóns aplicados) e motivos xeométricos, dende os máis sinxelos – liñas rectas, reticulados, zigzags, espiña de peixe,... – ata os máis elaborados (SSS entrelazadas, círculos concéntricos, perliñas, ovas segmentadas (“pezuños”)...

Olas de "borde reforzado", pezas cerámicas características dos castros costeiros das Rías Baixas.

Pequeno fragmento de cerámicas itálicas, como esta boca de ánfora que demostra contactos marítimos regulares desde o S II a.C.

CABEZA DE GUERREIRO CASTREXO
As cabezas cortadas ou cabezas trofeo, feitas a veces para empotrar nas paredes das casa, son numerosas e variadas, sendo simples ou máis complexas e incluso con indicacións de torques (colar ríxido e redondo, aberto na parte anterior, como unha ferradura circular).
Soen estar repartidas por toda a área galaico-miñota e a súa función é, dende fai tempo moi discutida, apuntando a un significado ben de trofeo guerreiro, ben apotropaico (rito ou sacrificio) ou incluso relixioso (defuntos quizás).
A atopada en As Torres data posiblemente do S Ia.C., de tamaño reducido chama a atención o detalle das orellas e do cabelo.


PILASTRAS DE GRANITO
O poboado fortificado galaico castrexo e , posteriormente, o enclave portuario e viario romano, situábase sobre unha illa, moi probablemente unida a terra por medio dunha pasarela ou “pontella” (sobre pilotes de madeira ou pedra, como os reempregados nas construcións medievais), o que facilitaba en gran medida tanto o cruce do río por ese punto, como o control e a regulación da navegabilidade fluvial.

Pilastra de granito, para soster unha estructura de madeira sobre a auga. Tamén apareceron reempregadas na obra medieval.


Entalle na cantería do remate das pilastras que revelo o seu complemento cunha estructura de madeira.



Disposición das pilastras de granito sostendo unha superestructura de madeira sobre a auga, xa sexa con función de ponte ou de embarcadoiro.

TOPONIMIA
A toponimia na contorna de As Torres é moi variada:
A Pedra da Esperanza.
O Castelo.
A Braña das Ovellas.
As Leiras do Castelo.
Socampo.
Ponte do Castelo.
Texto extraído:
“Torres de Oeste, monumento histórico e Xacemento Arqueolóxico”, Juan L. Naveiro López.
“Diego Gelmírez, Señor de Torres de Oeste”, Francisco Singul.
“Catoira na historia”, Juan Naveiro López, ManuelC. Díaz y Díaz, Enma Falque Rey, Vicente Almazán, Manuel Velasco, Øyvind Fossan, Kristinn R. Ólafsson.
“Catoira, chave e selo de Galicia”, Concello de Catoira.
“La Cultura castrexa en Galicia”, Felipe Arias Vilas.
“Toponimia de Catoira”, Gonzalo Navaza.
Centro de interpretación de Torres de Oeste (CACTO), Concello de Catoira.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A RODA DE CATOIRA

OS CASCOS CON CORNOS DA ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA

A MOZA XITANA DE CATOIRA